Inicio Horarios Contactar

Presentación
Onde estamos
Historia
Programación 2017-2018
Horarios
Organización
Organigrama
Estatísticas
Presacramental
Censo parroquial
Publicacións
Ligazóns
Noticias

AxendaAmosar axenda completa

En castellano

CENSO PARROQUIAL

  Word PDF
Ficha censo parroquial Formato Word (32KB) Formato PDF (103KB)

¿Por que me debo empadroar?

  • Para non ser un anónimo na túa comunidade parroquial.
  • Para facilitar a organización do traballo pastoral parroquial e diocesano. ¿Como planificar o labor pastoral se non sabemos cantos somos, de que idades…? Non esquezamos que non todos os veciños son católicos.
  • Para unha atención rápida e eficaz de documentos que poidas precisar. Se os teus datos están informatizados a busca de documentos e a súa xestión é máis rápida e digna.
  • Para saber cantos e quen somos. ¿Que facer cando un chega solicitando sacramentos ou outros servizos se non consta en ningún sitio, nin nunca o vimos? As cousas atrásanse e un pode pensar que todo é burocracia, pero é simplemente que non sabemos quen somos… ¿Como saber cantas persoas son necesarias para unha atención digna a unha Parroquia, senón sabemos cantos realmente son católicos?
  • Para deixar constancia para a historia da vida da comunidade parroquial de modo fidedigno.
  • Para… hai moitas máis razóns. Pensa que os arquivos da Igrexa axudaron a moitas familias a reencontrar ós seus devanceiros e a solucionar moitos problemas de documentos que doutro modo nunca coñecerían ou terían que dar moitas voltas para solucionar. Pero a máis importante é que SE ES CRENTE E ESTA É A TÚA COMUNIDADE, debes constar como membro da mesma.

¿Onde?

  • Cada persoa pertencemos a unha comunidade por vivir no seu territorio. Outra cousa é a onde imos de fin de semana, temos o panteón cos nosos defuntos ou sentímonos comunidade. Un pode celebrar a súa fe na súa parroquia onde sempre se sentiu membro e se sente moi a gusto. Segue facéndoo, o importante é vivir a fe, non os papeis.
  • Pero digamos que, oficialmente, pertences a aquela parroquia onde vives (tes a túa casa, comes, dormes, resides habitualmente… incluso aínda estando censado noutro lugar) e se algún día precisas algún documento vas precisar que esa comunidade o acredite. Por elo inscríbete na Parroquia onde vives agora.

¿Como facelo?

  • Moi sinxelo: Cubrindo a ficha que podes descargar ó principio da páxina con todos os datos que se solicitan (os nomes completos, sen siglas nin abreviaturas) e entregándoo na Parroquia. Tamén podes envialo por correo electrónico ou entregalo no Templo a algún dos responsables da Parroquia (sacerdote ou leigo).

¿Están seguros os meus datos e para que se van utilizar?

  • Os ficheiros da Parroquia están no programa diocesano OMNES que cumpre coas máximas medidas de seguridade que a lei esixe para este tipo de arquivos. É dicir, tantas ou máis que calquera entidade das que ten datos nosos de carácter persoal.
  • Os datos están protexidos oficialmente pola Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e a Igrexa só fará uso deles para o seu labor pastoral e, sempre, co teu consentimento de modo que cando queiras pódeste dar de baixa sen ningún problema, só con avisarnos.

¿E se cambio de domicilio?

  • É aconsellable, e facilita moito o traballo, chamarnos ou enviar un correo (por suposto pasar persoalmente, se é posible; as máquinas nunca deben eliminar as relacións persoais) manifestando o teu cambio de domicilio. Se segues na parroquia xa o tramitamos, e se marchas a outra e temos posibilidade, co teu consentimento, por email notificamos a túa alta. Se non terías que pasar pola túa nova parroquia a darte de alta (sempre é o mellor, coñecer ó teu novo párroco e que vos coñeza)

Se es crente non dubides en identificarte como tal na túa Parroquia. Grazas pola túa colaboración.

 

www.santiagocaldas.org © 2017 Parroquia de Santiago
Avda. de las Caldas, 28. 32001 Ourense
info@santiagocaldas.org (+34) 988 211 954