Inicio Horarios Contactar

Presentación
Onde estamos
Historia
Programación 2018-2019
Horarios
Organización
Publicacións
Ligazóns
Noticias
Curso 2018-2019
Curso 2017-2018
Curso 2016-2017
Curso 2015-2016
Curso 2014-2015
Curso 2013-2014
Curso 2012-2013
Curso 2011-2012
Curso 2010-2011
Curso 2009-2010
Curso 2008-2009
Curso 2007-2008
Curso 2006-2007
Curso 2005-2006
Curso 2004-2005
Curso 2003-2004

AxendaAmosar axenda completa

En castellano

12/12/2018

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA

 

05/12/2018

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA

 

27/11/2018

ENCONTRO DE INMIGRANTES

O sábado, 24 de novembro, tivo lugar o encontro habitual entre voluntarios e usuarios de Cáritas Parroquial de Santiago das Caldas.

Reunímonos unhas 70 persoas dos diferentes países participantes. Este ano, como novidade, participaron tamén na organización do encontro algúns usuarios cuns excelentes resultados, valoramos moi positivamente esa cooperación.

Despois do saúdo inicial, presentámonos. A continuación compartimos experiencias e costumes do Nadal dos diferentes países, que complementamos cun vídeo que afianzaba o que relataran.

Finalizamos compartindo unha merenda, para a que tamén eles elaboraron algúns platos típicos dos seus países. Coñeceron outras moitas persoas do seu mesmo país, fixéronse fotos, lembraron cousas… Rematamos con música e baile con moitísima participación.

Grazas a todos pola vosa asistencia e colaboración.

 

02/11/2018

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA

 

31/10/2018

RETIRO PARROQUIAL

O sábado día 27 de outubro, 23 fregueses da parroquia reuniámonos no Seminario Maior para celebrar unha tarde de Retiro.

Despois dunha interesante reflexión dirixida por Don Francisco Pernas sobre a chamada que se nos fai a vivir en comuñón e como unidos mostramos o rostro de Cristo, déusenos un tempo de oración persoal durante o cal tivemos a oportunidade de meditar con acougo sobre os xestos de comuñón que percibimos a diario na nosa comunidade parroquial e sobre todo aquilo que, aínda sen pretendelo, vai en contra desa comuñón. Tamén se nos convidou a facer un compromiso para promover a comuñón coidando os pequenos detalles e non esperar a que sexan os demais os que o fagan todo.

A continuación tivemos un pequeno descanso no que se compartiron impresións e púidose tomar café ou chocolate. A tarde rematou cunha pregaria ante o Santísimo exposto que foi seguida e vivida con devoción por parte dos asistentes.

Ao finalizar regresamos ás nosas casas dando grazas por todas as oportunidades que se nos ofrecen para poder anunciar o que vemos e oímos e para poder seguir camiñando xuntos e na mesma dirección ao encontro con Cristo cunha fe renovada e fortalecida.

 

19/10/2018

TALLER DE LITURXIA

O TEMPO ORDINARIO (Tempus per annun)

O rito romano, que é o maioritario na Igrexa Católica, denomina Ano Litúrxico ao período cíclico anual durante o cal celebra a historia da salvación feita por Cristo e ao que se distribúe en festividades e ciclos: Advento, Nadal, Coresma, Pascua e Tempo Ordinario. É a forma na que a Igrexa organiza a celebración comunitaria da fe ao longo de todo un ano.

Dentro dos tempos litúrxicos, hoxe destacaremos o Tempo Ordinario.
Adoita ser definido como "o tempo no que Cristo se fai presente e guía á súa Igrexa polos camiños do mundo". Chámase “tempo ordinario”, porque no devandito tempo medítase sobre a “vida ordinaria” de Xesús, é dicir, o que fixo cos seus discípulos, os lugares que visitou, os milagres que realizou. No tempo ordinario non hai un misterio específico que se profunde, senón máis ben acompáñase a Xesús nas súas “actividades” de día a día.

Ao Tempo Ordinario tamén se lle chama “tempo durante o ano”, en latín “tempus per annum”.

É un tempo menor ou un tempo non forte, é dicir, non coincide nin coa Pascua e a súa Coresma, nin co Nadal e o seu Advento, pero non por iso é un tempo menos importante. Son trinta e tres ou trinta e catro semanas no transcurso do ano. Ten a súa orixe no domingo, na celebración da “Pascua” que se repetía semana tras semana nas primeiras comunidades cristiás que se reunían para compartir a Palabra e o Pan; é dicir, non se celebran grandes acontecementos senón a cotidianidade de alimentarse coa Palabra e co Corpo de Cristo.

Neste sentido, o Evanxeo proclamado en cada celebración dominical durante o tempo ordinario convértese no punto de referencia; non porque noutros tempos non o sexa, senón porque durante todo o tempo ordinario faise unha lectura continuada dos evanxeos sinópticos: Mateo (ciclo A), Marcos (ciclo B), Lucas (ciclo C). O Evanxeo segundo san Xoán vén representado co capítulo 6 no ciclo A. Deste xeito imos lendo as escenas do Evanxeo pola orde que o evanxelista dispuxo.

Divídese en duas partes:
a) Desde a festa do Bautismo do Señor, ata o Mércores de Cinza.
b) Desde Pentecoste ata o I Domingo de Advento.

A celebración da Solemnidade do noso Señor Xesuscristo, Rei do Universo, pecha o Ano Litúrxico no que se meditou sobre todo o misterio da súa vida, a súa predicación e o anuncio do Reino de Deus.
A cor deste tempo litúrxico é o VERDE, que simboliza a esperanza e quere expresar a mocidade da Igrexa, o rexurdir a unha vida nova.


02/10/2018

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA

 

05/09/2018

CARITAS PARROQUIAL INFORMA

Está a piques de comezar o novo curso pastoral.
Comeza de novo o roupeiro parroquial e continúa o reparto de alimentos como estivo todo o verán. Dentro duns días empezarán as reunións de formación, organización e distribución de actividades do Equipo de Cáritas Parroquial.

Seguimos contando coa súa colaboración, para que o Equipo poida realizar a súa tarefa. Non esquezan que Cáritas somos toda a comunidade parroquial e o Equipo encárgase de coordinar esa misión.
Bo curso pastoral para todos. Non esquezamos a nosa participación nos grupos sinodais.

 

03/09/2018

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA

 
www.santiagocaldas.org © 2018 Parroquia de Santiago
Avda. de las Caldas, 28. 32001 Ourense
info@santiagocaldas.org (+34) 988 211 954