Inicio Horarios Contactar

Presentación
Onde estamos
Historia
Programación 2017-2018
Horarios
Organización
Publicacións
Ligazóns
Noticias
Curso 2017-2018
Curso 2016-2017
Curso 2015-2016
Curso 2014-2015
Curso 2013-2014
Curso 2012-2013
Curso 2011-2012
Curso 2010-2011
Curso 2009-2010
Curso 2008-2009
Curso 2007-2008
Curso 2006-2007
Curso 2005-2006
Curso 2004-2005
Curso 2003-2004

AxendaAmosar axenda completa

En castellano

20/11/2017

XORNADA MUNDIAL DOS POBRES

Con motivo da I Xornada Mundial dos Pobres, que por expreso desexo do papa Francisco celebrouse o domingo día 19 de novembro e que tivo como obxectivo que na nosa conciencia se produza un chamamento para estar á beira de tantas persoas que sofren as moi variadas formas de pobreza que se dan hoxe no noso mundo, na parroquia de Santiago das Caldas, o sábado día 18, organizouse un encontro cos inmigrantes atendidos por Caritas Parroquial.

Foi unha tarde festiva na que despois da acollida e a oración, os asistentes presentáronse indicando de que país procedían e canto tempo levan vivindo entre nós. A continuación compartíronse tres testemuños sobre a experiencia que cada un deles viviu á hora de decidir abandonar o seu país de orixe e viaxar miles de quilómetros en busca dunha vida mellor e de como foi a acollida en Caritas Parroquial. Tamén se visionou unha montaxe de power-point sobre os países dos participantes no encontro (bandeiras, traxes típicos, música, lugares) e finalmente, ante un café e unhas pastas, tívose un momento de charla-convivencia no que eles se atopan, falan dos seus países, comparten recordos… Un encontro que foi valorado como moi positivo por parte de todos os asistentes.

Con este mesmo motivo, as Eucaristías do domingo día 19 foron preparadas polo Equipo de Caritas Parroquial, resaltando a mensaxe do papa Francisco para esta Xornada coidando así a dimensión socio-caritativa e lembrando tantas circunstancias de pobreza que se dan actualmente no noso mundo.

 

10/11/2017

EUCARISTÍA DE PETICIÓN DE CONFIRMACIÓN

O pasado domingo, día 5 de novembro, os confirmandos da parroquia da Ponte achegáronse con ilusión ao Templo para pedir á comunidade ser admitidos para recibir o sacramento da Confirmación o próximo 25 de maio.

 

A comunidade acolle a petición, anímaos a seguir formándose e ora por eles.

 

03/11/2017

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

11/10/2017

INICIO DOS GRUPOS SINODAIS

Os grupos sinodais da nosa parroquia comezaron a súa andaina.

O martes, día 10, reuníanse os catro primeiros grupos para rezar, reflexionar e propoñer pistas de futuro en torno ao primeiro tema do Instrumento de traballo 1: "A parroquia, casa e escola de comuñón aberta a todos".

Despois da oración e da presentación do tema por parte do asesor, nos grupos compartiuse o que cada un reflexionara previamente e fixéronse as propostas que unha vez votadas, puxéronse en común no pleno.

Grazas a todos polo esforzo e a participación e así sigamos facendo camiño sinodal.

 

06/10/2017

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

02/10/2017

INICIO DE CURSO

O curso xa está en marcha e con el o traballo dos grupos sinodais. O mércores día 27 de setembro reuníronse na Parroquia de Santa Teresita os secretarios e moderadores dos grupos sinodais do Arciprestado Ourense-Norte para coñecer o Instrumento de traballo número 1 e a dinámica a seguir nos grupos.

O domingo, día 1 de outubro, na nosa Parroquia celebrouse a Eucaristía de inauguración do curso na que algúns dos secretarios e moderadores dos grupos sinodais da Parroquia fixeron a profesión de fe para renovar e consolidar o compromiso bautismal e comprometéronse a participar, animar e acoller con entusiasmo os traballos de reflexión que agora comezan.

Grazas a todos os que xa dixeron SI a esta chamada e animamos aos que aínda non se decidiron a participar porque esta é unha oportunidade que non debemos deixar pasar posto que camiñando xuntos é máis fácil vivir con alegría o Evanxeo, celebrar con gozo a fe e dar testemuño no medio do mundo do que cremos e celebramos.

 

19/09/2017

INICIO DE CURSO DE CARITAS PARROQUIAL

O equipo de Cáritas Parroquial, que durante o verán mantivo o seu labor asistencial de acollida e distribución de alimentos, comeza agora o curso neste ano sinodal reuníndose os primeiros luns de cada mes para formarse, planificar accións, organizarse, revisar tarefas… Empeza tamén o roupeiro parroquial tanto para recoller como para distribuir.

Seguimos ao servizo da Comunidade Parroquial e contamos con todos vós para levar a cabo a misión que se nos encomenda: animar e coordinar a labor socio-caritativa da comunidade de Santiago das Caldas.


Moitas grazas polo voso apoio e colaboración.

 

18/09/2017

CURSILLO PREBAUTISMAL

A fin de semana do 9 e 10 de setembro, celebrouse o Encontro de Preparación Prebautismal na nosa parroquia de Santiago das Caldas, tanto das familias da parroquia das Caldas como das parroquias da nosa Señora de Fátima e San Pío X de Mariñamansa.

 

As parellas, xunto cos monitores do encontro, compartiron vivencias, en torno ao Sacramento do Bautismo.

 

14/09/2017

HORARIO DE MISAS ATA O 30 DE SETEMBRO

 

01/09/2017

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...


 
www.santiagocaldas.org © 2017 Parroquia de Santiago
Avda. de las Caldas, 28. 32001 Ourense
info@santiagocaldas.org (+34) 988 211 954