Inicio Horarios Contactar

Presentación
Onde estamos
Historia
Programación 2017-2018
Horarios
Organización
Publicacións
Ligazóns
Noticias
Curso 2017-2018
Curso 2016-2017
Curso 2015-2016
Curso 2014-2015
Curso 2013-2014
Curso 2012-2013
Curso 2011-2012
Curso 2010-2011
Curso 2009-2010
Curso 2008-2009
Curso 2007-2008
Curso 2006-2007
Curso 2005-2006
Curso 2004-2005
Curso 2003-2004

AxendaAmosar axenda completa

En castellano

04/08/2017

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

04/08/2017

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

06/06/2017

CARITAS INFORMA...

Lembrámoslles que a colecta do próximo domingo, festividade da Santísima Trindade, nesta comunidade parroquial estará dedicada a Cáritas Diocesana debido a que o día de Corpus aquí celébranse Primeiras Comuñóns. Sexamos xenerosos, moitas familias dependen de Cáritas para poder comer, pagar recibos, cubrir as súas necesidades básicas.

Lembren que os donativos se recollen nas Eucaristías do domingo 11, nunca polas casas.

Avisarlles de que o roupeiro parroquial pecha o 14 de xuño e estará pechado ata setembro.

A recollida e a repartición de alimentos continúa todo o verán, porque as persoas necesitan comer todos os días.

Moitas grazas pola súa colaboración. Seguimos contando con todos vostedes.

BO VERÁN

 

05/06/2017

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

02/05/2017

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

05/04/2017

EUCARISTÍA DEVOLUCIÓN DO CREDO

O 2 de abril en Santiago das Caldas, os confirmandos achéganse ao templo para participar na Eucaristía dominical. Nesta ocasión celebran a Devolución do Credo.

Durante un ano estivérono lendo, reflexionando e asumindo, para agora recitalo ante a comunidade, reafirmando así a súa fe en Xesucristo e renovando o compromiso bautismal de seguilo e ser os seus discípulos.

Tamén escenificaron o Evanxeo (Xn. 11, 1-45) que narra a resurrección de Lázaro, o amigo amado de Xesús. A morte dun amigo que serviu para dar gloria a Deus e no que nos di, unha vez máis, que El é a Resurrección e a Vida.

VIACRUCIS NENOS PRIMEIRA COMUÑÓN

O venres 31 de marzo, ás 20:25 h, os nenos e nenas de Primeira Comuñón, acompañados dos seus pais, os seus catequistas e a Comunidade Parroquial tiveron o Viacrucis, no que acompañamos a Xesús, no seu camiño cara á Cruz.

Orar co Viacrucis, é lembrar con amor e agradecemento o moito que Xesús sufriu para salvarnos. O máis importante para a nosa vida e a nosa fe que Xesús nos ensinou: o amor, a alegría, o servizo, a tenrura, a misericordia e a entrega.

Ensínanos a que non busquemos ser consolados senón consolar, que non busquemos ser amados senón amar,...porque dando é como recibimos.
Axúdanos a fortalecer a comuñón da Igrexa no camiño sinodal cun mesmo amor e un mesmo sentir para: amar, celebrar e vivir a fe corresponsablemente. Por nós sós será difícil; contigo, alimento do noso camiño, será posible.

 

04/04/2017

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

 

31/03/2017

CELEBRACIÓN PENITENCIAL NENOS PRIMEIRA COMUÑÓN

O martes día 28 de marzo, ás 18:00h., no Templo, os nenos e nenas de Primeira Comuñón, tiveron a súa primeira Celebración Penitencial. Por iso é un día de alegría, porque é unha oportunidade que Deus nos da para dicirnos o moito que nos quere e o feliz que está de poder perdoarnos. Como sinal de agradecemento polo perdón recibido, déronlle grazas ao Señor e cantamos: "Tú eres el Dios que nos salva"; "Jesús está en mí, está en ti...".

Non debemos de esquecer algo moi importante, participar na Eucaristía do Domingo. E que o Señor nos ensine a vivir sempre como irmáns, cheos de vida, respectando aos demais e facéndoos vivir felices.

E que neste inicio do Sínodo, se fortaleza a comuñón da Igrexa: para anunciar, celebrar e vivir a fe corresponsablemente, "cun mesmo amor e un mesmo sentir".

Ánimo, porque se Deus nos ama e María nos acompaña, todo será máis fácil.

 

15/03/2017

EUCARISTIA PETICIÓN PRIMEIRA COMUÑÓN

O Domingo 12 de marzo, (II Domingo de Coresma), ás 12:30h., os nenos e nenas, de Primeira Comuñón, acompañados polos seus pais, Catequistas e a Comunidade, Pediron á Comunidade Parroquial, que os admitan á Celebración da Primeira Confesión e Eucaristía.

Participaron os nenos e os pais: lendo, presentando os dons (pan e viño), e escenificaron o Evanxeo...Destacouse e lembrouse tamén, o porqué se fai a Xenuflexión na Celebración da Eucaristía e porqué non recitamos nin cantamos o himno do "Gloria" nos Domingos de Coresma.

Que os pais e titores, co seu testemuño, sexan para estes nenos/as, exemplo de vida Cristiá. Que é o centro da vida de toda a Igrexa e de todo Cristián.

Que este "Ano Sinodal", sexan unha oportunidade os "Grupos Sinodais", para que se renove a nosa vida cristiá e fortaleza a comuñón entre todos nós. "Cun mesmo Amor e un mesmo Sentir".

 

13/03/2017

VÍA CRUCIS DE CONFIRMACIÓN

É venres de Coresma, 10 de marzo, e os mozos de Confirmación, coa asistencia da comunidade parroquial, participaron esta tarde no Viacrucis.

En cada estación a voz de Xesús axudounos a comprender a súa dor camiño do Calvario e o seu amor polo home, que o anima a seguir adiante e chegar ata a fin, aínda que este sexa a Cruz; o seu sufrimento pola indiferenza da humanidade ante Deus, ante o seu rostro en cada home, muller ou neno que sofre a inxustiza, o abandono, a soidade..., e a súa eterna misericordia para comprender as nosas debilidades.

É Xesús mesmo quen nos convida á conversión, a sentirnos irmáns e formar comunidades solidarias, preocupados por axudarse mutuamente, e a camiñar xuntos, o que para nosa igrexa local cobra un significado especial neste momento no que é chamada a participar no Sínodo Diocesano. Feito este que quixeron representar os mozos co xesto final do Viacrucis.

 

07/03/2017

ENTREGA DO CREDO EN SANTIAGO DAS CALDAS

O 5 de marzo, primeiro domingo de Coresma, os mozos e mozas do primeiro ano do catecumenado á Confirmación, participaron ás 12:30 horas, na Eucaristía da Entrega do Credo.

Nela a comunidade failles "entrega" do Símbolo da nosa fe. Escóitano da comunidade, para que, a exemplo dos primeiros catecúmenos, o acollan na súa mente e no seu corazón, e lles sirva de oración cotiá axudándolles, ademais, a non esquecer o compromiso bautismal.

No nome de todos os mozos, unha moza deu as grazas a Deus e á comunidade, aceptando o Credo e expresando o desexo de coñecelo mellor, asumilo e vivilo. Así como comprometéndose a superar as tentacións que os poden separar de Deus.

Oremos por estes mozos para que se abran á acción do Espírito Santo.

 

06/03/2017

ENCONTRO DE CARITAS INTERPARROQUIAL

O día 4 de marzo tivo lugar na parroquia de Santiago das Caldas o encontro de voluntarios de equipos de Cáritas Parroquiais.
Asistimos ao redor de 50 persoas pertencentes ás parroquias de: San Pío X, Sagrado Corazón, Fátima, Cristo Rey, Salesianos, Santiago Caldas. Tamén asistiron membros dos diferentes grupos bíblicos parroquiais.

O tema para tratar era: “San Pablo: a difícil construción da comuñón” e estivo dirixido por D. José Antonio González García. Dividiuno en dúas partes: “A comunidade de Corinto: problemas e solución” e “A gran colecta: Un bo intento… ¿fracasado?”
Foi mostrando como vivían a comuñón as primeiras comunidades, as súas divisións e dificultades; e como a pesar de todas esas diferenzas San Paulo quería construír a comuñón.

Entre os dous relatorios tivo lugar un descanso no que compartimos café, pastas, anécdotas e experiencias do noso quefacer en Cáritas.

Finalizamos, ás sete e media da tarde cunha oración dirixida por D. Bruno Fuentes.

02/03/2017

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

14/02/2017

ENCONTRO PREMATRIMONIAL

Os días 28 e 29 de xaneiro pasado, 19 parellas realizaron o encontro de noivos celebrado no centro de Santiago das Caldas.

Felicitalos a todos pola súa participación e desexarlles que lles sirva de axuda para o seu futuro proxecto de familia, tendo a Cristo como centro da mesma.

Cordiais saúdos para todos.

O Equipo de Prematrimoniais de Santiago das Caldas.

 

06/02/2017

ANIVERSARIO DEL BAUTISMO

O domingo día 5 de febreiro e con motivo da festa da Presentación do Señor, a festa das Candeas, celebrada o xoves día 2, celebrouse na Eucaristía das 12:30 o aniversario do Bautismo dos nenos que recibiron ese sacramento no ano 2016.

Nela lembróusenos a todos a necesidade de facer visibles ante os demais os nosos compromisos como bautizados e a importancia de inscribirse nos grupos sinodais.

Parabéns a todos os pais e nais e que nunca deixen de ser testemuño para os seus fillos no seu seguir medrando na fe.

 

03/02/2017

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

24/01/2017

EUCARISTÍA DE PRIMEIRO DE CATEQUESE NA CASA

O domingo día 15 de xaneiro ás 12,30 h, os nenos e nenas de 1º de Catequese na casa comezaron a Eucaristía cunha procesión desde o fondo do Templo presidida pola Cruz e 2 monaguillos con dúas velas acesas; a continuación, unha nai e unha nena e por último o sacerdote que preside e os demais monaguillos.

Tras saudar o sacerdote á asemblea, a nena, no nome de todos os de 1º de Catequese na casa, pediu á comunidade parroquial que, como bautizados, os admitise á Catequese para coñecer mellor a Xesús, chegar a ser verdadeiros amigos seus e poñer en práctica os compromisos do Bautismo.

A continuación, os pais manifestaron o seu compromiso de acompañar aos seus fillos neste proceso e finalmente o celebrante deulles a benvida e a acollida e entregoulle á nena o Catecismo.
Celebrábase tamén a Xornada Mundial das Migracións e durante a semana tería lugar a Semana de Teoloxía por o que oramos por todo iso ademais de pedir por os froitos do Sínodo e por o aumento de vocacións que a Igrexa precisa.

Na Comuñón convidóuselles a achegarse, cos brazos cruzados no peito, ao que presidía a celebración para recibir a bendición.

Ao terminar a celebración entregóuselles o folleto “As miñas oracións” e convidóuselles a seguir participando na Eucaristía dominical.

EUCARISTÍA DE SEGUNDO DE CATEQUESE NA CASA

O domingo día 22 de xaneiro ás 12,30 h, os nenos e nenas de 2º de Catequese na casa convidaron a toda a comunidade a vivir con moita ledicia a celebración da Eucaristía.

Iniciárona en procesión detrás da Cruz; dentro do Octavario de Oración por a Unidade dos Cristiáns cantaron, rezaron o Credo en recordo do Bautismo e, como se celebraba a Xornada da Infancia Misioneira, na presentación dos dons, xunto co pan e o viño presentaron unhas botas e con elas o seu desexo de seguir sempre a Xesús e de ser misioneiros con todas as persoas que están ao noso lado e unha hucha do compartir como signo de axuda para con aqueles que máis o precisan.

Na Comuñón convidóuselles a achegarse, cos brazos cruzados no peito, ao que presidía a celebración para recibir a bendición.

Ao terminar a celebración entregóuselles o folleto “As respostas da Eucaristía” e convidóuselles a seguir participando na Eucaristía dominical.

 

18/01/2017

OCTAVARIO DE ORACIÓN POR A UNIDADE DOS CRISTIÁNS

 

17/01/2017

O TEMPO ORDINARIO

Despois das festas de Nadal, volvemos ao Tempo Ordinario, que é a parte do ano litúrxico no que conmemoramos e actualizamos os misterios da vida pública de Xesús: todo o que dixo e fixo para anunciar e facer presente o Reino de Deus, levando a cabo a misión que o Pai lle encomendara.

Pero ordinario non significa de pouca importancia. Sinxelamente, con este nome quéreselle distinguir dos “tempos fortes”, que son o ciclo de Pascua e o de Nadal coa súa preparación e a súa prolongación.

É o tempo máis antigo da organización do ano cristián. E ademais, ocupa a maior parte do ano: 33 ou 34 semanas, das 52 que hai.
Neste Tempo Ordinario vemos a un Cristo xa maduro, responsable ante a misión que lle encomendou o seu Pai, vémolo medrar en idade, sabedoría e graza diante de Deus o seu Pai e dos homes, vémolo ir e vir, desvivirse por cumprir a vontade do seu Pai, brindarse aos homes…así tamén nós no Tempo Ordinario debemos buscar medrar e madurar a nosa fe.

O discípulo de hoxe, celebrando estes misterios na Liturxia séntese convidado a seguilo avivando a súa fe, fortalecendo a comuñón e acrecentando a esperanza e a caridade…

 

03/01/2017

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

09/12/2016

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

07/11/2016

EUCARISTÍA PETICIÓN DE CONFIRMACIÓN

Durante a celebración da Eucaristía do domingo día 6 de novembro, os mozos e mozas que durante este curso están a prepararse para recibir o Sacramento da Confirmación agradeceron ás súas familias e a toda a comunidade cristiá o don da fe que Deus, por medio deles, lles regalou.

Manifestaron que queren profesala, celebrala e vivila, non aisladamente, senón como membros vivos da Igrexa, e por iso, solicitaron ser admitidos como candidatos ao Sacramento da Confirmación e xunto a toda a Asemblea rezaron o Credo.

O sacerdote que presidía a celebración con gusto admitiunos no nome de toda a comunidade e animounos a seguir sendo testemuñas alegres de Xesús e da súa Palabra.

ENCONTRO INTERPARROQUIAL DE CARITAS

O sábado 5 de novembro tivo lugar o primeiro encontro de Cáritas interparroquial deste curso. Asistiron 25 voluntarios pertencentes ás parroquias de Salesianos, Fátima, Cristo Rey, Sagrado Corazón, San Pío X, Santiago das Caldas.
Comezamos cunha oración, dirixida por Don Bruno, na que se proclamou o texto: Mt, 25 que nos mostra o camiño para seguir na nosa labor de voluntarios.

Don José Antonio Gil Sousa presentounos:
“A acción caritativa-Escola de comuñón”.

Resaltamos algunhas frases entresacadas do relatorio:

- A comuñón eclesial é un don de Deus que hai que recibir e unha tarefa que hai que desenvolver.
- O exercicio da caridade pertence á natureza mesma da Igrexa e é manifestación irrenunciable da súa esencia.
- A caridade vai máis alá da estrita xustiza, tínguea de amor.
- O compartir fraterno ten que realizarse no camiño concreto da vida. Esíxeo a condición peregrina do pobo de Deus.

Compartimos un café e unhas pastas aportadas por voluntarios de diferentes Parroquias. Momento que nos axuda a coñecernos e unificar criterios a través do diálogo que se establece.
Con este encontro estamos xa no camiño do Sínodo e traballando polos seus froitos.

ENCONTRO DE FORMACIÓN

O pasado día 3 de novembro, xoves, tivo lugar no Salón parroquial o Encontro de Formación intergrupal cuxo tema foi: "Vivir a comuñón acollendo o Sínodo Diocesano".

Despois da acollida e oración polo froito do Sínodo Diocesano, presentouse o tema. Dunha forma clara e sinxela puidemos coñecer que é un Sínodo, porque é necesario un Sínodo, como e cando o Señor Bispo o convocou, os organismos que o constitúen e as diferentes etapas que se van a desenvolver.

Despois fixéronse varios grupos para reflexionar sobre tres cuestiones: Razóns polas que consideramos que é necesario un Sínodo; dificultades para a súa realización e como poderían superarse e dúbidas para comprender que é un Sínodo.

Unha vez finalizado o traballo de grupos, puxéronse en común as aportacións de cada un deles. Ao Encontro asistiron 57 persoas que forman parte dos diferentes grupos que colaboran na Parroquia.

 

03/11/2016

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

06/10/2016

INICIO DO CURSO PASTORAL

O domingo día 2 de outubro, coa Eucaristía de inicio de curso, deron comezo as actividades parroquiais. Durante este ano presinodal, convidasenos a "fortalecer a comuñón da Igrexa en Ourense para anunciar, celebrar e vivir a fe corresponsablemente" (Obxectivo Xeral para o curso).

Desde o Equipo de Liturxia animámosvos a participar activamente en todas as celebracións, para vivir con ledicia a presenza de Cristo na nosa comunidade. E lembrámosvos que participar activamente non é soamente "facer algo" na celebración (ler, presentar ofrendas, pasar a bandexa…). Participar activamente significa, ademais, chegar con tempo e prepararnos, responder en alto cando corresponda, cantar, colocarnos xuntos e cara adiante, escoitar atentamente a Palabra, adoptar as posturas corporais (de pé, sentados, de xeonllos) todos á vez e sempre que sexa posible.

Todo elo contribuirá a que a nosa participación na Eucaristía sexa activa, plena e frutuosa e poderemos facer realidade o que nos lembran as carteleiras da entrada ao Templo: "Fortalecer a comuñón…cun mesmo amor e un mesmo sentir".

 

04/10/2016

O EQUIPO DE CARITAS EMPEZA O CURSO

O Equipo de Cáritas Parroquial comeza a súa andadura neste novo curso pastoral, exceptuando o reparto de alimentos que non cesou en todo o verán, porque hai que comer todos os días.
O Roupeiro está en funcionamento desde o mes de setembro a tarde dos mércores.
Agora comezan as reunións de formación os primeiros luns de mes, e as do grupo de traballo os cuartos luns para organizar, revisar, preparar celebracións…
Agradecémoslles a súa colaboración e animámolos a que non decaia o seu apoio e a súa axuda, tan necesaria para chegar a máis familias.

 

04/10/2016

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

01/09/2016

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...


 
www.santiagocaldas.org © 2017 Parroquia de Santiago
Avda. de las Caldas, 28. 32001 Ourense
info@santiagocaldas.org (+34) 988 211 954