Inicio Horarios Contactar

Presentación
Onde estamos
Historia
Programación 2017-2018
Horarios
Organización
Publicacións
Ligazóns
Noticias
Curso 2017-2018
Curso 2016-2017
Curso 2015-2016
Curso 2014-2015
Curso 2013-2014
Curso 2012-2013
Curso 2011-2012
Curso 2010-2011
Curso 2009-2010
Curso 2008-2009
Curso 2007-2008
Curso 2006-2007
Curso 2005-2006
Curso 2004-2005
Curso 2003-2004

AxendaAmosar axenda completa

En castellano

02/08/2016

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

01/07/2016

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

26/06/2016

HORARIO DE MISAS EN XULLO E AGOSTO

 

21/06/2016

FIN DE CURSO CÁRITAS

O luns 20 de xuño o equipo de Cáritas da Parroquia deu por finalizado o curso pastoral cunha celebración-convivencia na que participaron, ademais dos membros do equipo, colaboradores e simpatizantes.

O resultado foi moi positivo, un encontro agradable, nun clima de confianza, amizade no que compartimos Fe e festa. Despedímonos propóndonos cargar pilas para empezar con forza o vindeiro curso.

Aproveitamos para lembrarlles que o Roupeiro Parroquial permanecerá pechado ata o 7 de setembro.

Saiban que aínda que rematan as actividades do curso, a atención ás persoas continúa e seguimos precisando de todos vostedes para poder levala a cabo. Todos comemos aínda que sexa tempo de vacacións.

MOITÍSIMAS GRAZAS POR A SÚA COLABORACIÓN

 

02/06/2016

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

31/05/2016

ENCONTRO PREMATRIMONIAL

Os días 21 e 22 de maio, levouse a cabo o encontro de noivos celebrado no centro de Santiago das Caldas.

Felicitalos a todos pola súa participación e desexarlles que lles sirva de axuda para o seu futuro proxecto de familia, tendo a Cristo como centro da mesma.

Cordiais saúdos para todos.

O Equipo de Prematrimoniais de Santiago das Caldas.

 

16/05/2016

ENCONTRO PREBAUTISMAL

Os días 14 e 15 de maio, celebrouse o Encontro de Preparación Prebautismal, tanto das familias da Parroquia de Santiago das Caldas como das Parroquias do Sagrado Corazón, Fátima e San Pio X.

 

As parellas xunto cos monitores do encontro, compartiron vivencias, dúbidas e esperanzas en torno ao Sacramento do Bautismo.

 

02/05/2016

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

28/04/2016

FIN DE CURSO DE CATEQUESE DE PRIMEIRA COMUÑÓN

O martes 26 de abril, de 18:00 a 18:55h., os nenos de Primeira Comuñón tiveron a súa ultima sesión de Catequese. Fixeron un repaso do dado nas fichas, no Catecismo "Xesús, é o Señor", e as preguntas de Primeira Comuñón. Logo, fixeron un cuestionario con preguntas, para facer a Revisión de todo o curso.

Para eles foi unha experiencia moi bonita e encantoulles vir a Catequese: estar nun grupo con outros nenos e coa Catequista; aprender cousas, rezar saber contestar na Eucaristía e ir ao Templo. Participar en Celebracións, no Viacrucis, facer a "Obra de Nadal"…

Agora haberá as tandas das "Primeiras Comuñóns", nas que terán os seus días de preparación no Templo. E o máis importante, que van recibir a Xesús, nos seus Corazóns.
E a ilusión de que o curso que vén sigan formándose nun grupo de Catequese na Parroquia, para continuar co seu proceso de "Iniciación Cristiá".

¡ÁNIMO!. E non nos esquezamos de acompañar todos os domingos a Xesús na Eucaristía.

 

14/04/2016

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

EUCARISTÍA ENTREGA DE MANDAMENTOS

O domingo día 10 de abril, terceiro domingo de Pascua, o grupo de nenos e nenas de Postcomuñón na Eucaristía das 12:30, celebraron a “Entrega dos Mandamentos". Nela, e a través dunha serie de xestos, lembráronnos a todos a importancia nas nosas vidas de amar a Deus e aos demais, e de como ese amor aliméntase, de xeito moi especial, na "alma do Domingo", é dicir, na Eucaristía.


Que todos eles, xunto coas súas catequistas, sigan medrando nese amor e poidan tamén chegar a dicir: "Nós sen o domingo non podemos vivir".

 

14/03/2016

VIACRUCIS NENOS DE PRIMEIRA COMUÑÓN

O venres 11, ás 19:25h., os nenos de Primeira Comuñón, acompañados dos seus pais, as súas catequistas e a comunidade parroquial, tiveron o Viacrucis no que acompañamos a Xesús no seu camiño cara a Cruz.

Que El nos da forza para que camiñemos todos xuntos nesta Coresma. ¡Agora sabemos como se acepta, renuncia, perdoa, e ama, a pesar de todo!.
Cando o noso Corazón, está no Señor, vemos a realidade desde a Misericordia e o Amor, con Esperanza. Non podemos cambiar o mundo, nin eliminar toda a dor que hai nel. Pero podemos mirar cos ollos do Amor todo o que nos rodea. Hai algo superior que chega onde a nosa visión non pode alcanzar, pero o noso Corazón pode sentir.

Que co noso testemuño amosemos aos demais o que é a Misericordia, e así, poder crear un mundo moito máis Humano e Fraterno.

 

10/03/2016

CELEBRACIÓN PENITENCIAL PRIMEIRA COMUÑÓN

O martes 8, ás 18:00h., no Templo, os nenos e nenas de Primeira Comuñón, tiveron a súa primeira Celebración Penitencial. Por iso, hoxe é un día de ledicia, porque hoxe é o día do encontro con Deus o noso Pai. El ámanos tanto que sempre está disposto a perdoar todas esas cousas que o ofenden e que rompen as boas relacións con El e cos demais.

Como sinal de agradecemento polo perdón recibido, os nenos puxéronse ante a Cruz, e déronlle grazas ao Señor, por nos perdoar. Ante un Deus así, o único que podemos dicirlle é que estamos dispostos a cambiar e darlle grazas polo seu amor.

E non debemos esquecer algo moi importante, participar na Eucaristía do Domingo. Ánimo porque, se Deus nos ama e María nos acompaña, todo será máis fácil.

 

08/03/2016

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

29/02/2016

VÍA CRUCIS CONFIRMACIÓN

É venres de Coresma e os rapaces que están participando no Catecumenado de Confirmación achegáronse ao templo parroquial para acompañar a Xesús no Camiño do Calvario. Nesta ocasión, e sentíndose chamados a vivir o Ano da Misericordia, tiveron presentes, en cada estación, as distintas Obras de Misericordia.

 

Para moitos é o momento de coñecelas, para outros de lembralas. E para todos é o momento de deixar que se “apeguen" na alma.

 

24/02/2016

EUCARISTÍA PETICIÓN DE PRIMEIRA COMUÑÓN

O domingo 21 de febreiro, II Domingo de Coresma, ás 12,30 h, os nenos e nenas de Primeira Comuñón, acompañados polos seus pais, catequistas e a comunidade, pediron á Comunidade Parroquial, que os admitise á Celebración da Primeira Penitencia e Eucaristía.

Tamén pediron que os pais e titores, co seu testemuño, lles axuden a vivir como verdadeiros cristiáns falándolles de Deus, rezando con eles, e acompañándoos á celebración da Eucaristía. E así, neste Ano da Misericordia, aprendamos a amar a Deus e ao próximo.

 

18/02/2016

VÍA CRUCIS DO EQUIPO DE CARITAS

O venres 12 de febreiro, celebramos o primeiro viacrucis desta Coresma, preparado polo equipo de Cáritas Parroquial. Amosaba situacións de sufrimento e cruz do noso mundo de hoxe, pero tamén realidades de esperanza reflectidas nos comportamentos de tantas persoas dedicadas aos demais.

Cada estación estaba relacionada cunha das Obras de Misericordia polo que en cada estación subía unha persoa ao presbiterio coa Obra de Misericordia correspondente, baixaba ao rematar e colocábase diante de dita estación. Ao finalizar, e durante a lectura da conclusión, subían todas xuntas ao presbiterio.

Creouse un bo clima de oración e reflexión. Tivo unha duración adecuada. A asistencia un pouco escasa, temos que seguir insistindo na participación nos Viacrucis.

 

15/02/2016

ENCONTRO INTERPARROQUIAL DE CÁRITAS

O sábado, 13 de febreiro, celebrouse na parroquia de Santiago das Caldas o encontro interparroquial de Caritas programado para este trimestre. Asistiron un bo número de voluntarios pertencentes ás seguintes parroquias: Salesianos, A Nosa Señora de Fátima, Sagrado Corazón, San Pio X, Santiago das Caldas, San Xosé de Vistahermosa e Cristo Rei.

Os contidos: Afondar no amor misericordioso de Deus e as súas esixencias para a nosa vida e misión á luz dos profetas, en concreto Oseas. Dividida en dous relatorios: "O simbolismo da vida do profeta" e "O drama do amor de Deus defraudado".

O poñente foi Don Xosé Antonio González García, especialista en Sagrada Escritura e colaborador de Caritas, que nos foi amosando a vida, situación, contexto… do profeta Oseas e fíxonos ver a relación existente nese momento entre Deus e o seu pobo, Israel. Propúxonos ler a este profeta e afondar na súa mensaxe.

Finalizamos o encontro cunha oración, en relación con este Ano da Misericordia que estamos celebrando, dirixida por Don Bruno.

 

09/02/2016

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

01/02/2016

ANIVERSARIO DO BAUTISMO

Como vén sendo tradición, en torno á festividade do día da Festa das Candelas, convidouse aos pais dos nenos e nenas que foron bautizados o ano pasado, para celebrar o "aniversario do seu bautismo", na Eucaristía das 12,30 do domingo 31 de xaneiro.

No momento da presentación dos dons, uns pais, no nome de todos, presentaron aos seus fillos ao Señor, pedindo a súa protección e a súa axuda para levar a cabo a súa misión de acompañar e ser testemuñas na fe dos seus fillos e poidan seguilos acompañando no seu proceso catequético.

 

25/01/2016

EUCARISTÍA DE SEGUNDO DE CATEQUESE NA CASA

O domingo 24 de xaneiro ás 12:30h, coincidindo coa Xornada da Infancia Misioneira, os nenos e nenas de segundo de Catequese en Casa, convidaron a toda a Comunidade a vivir con moita ledicia, a Celebración da Eucaristía. Nela, tamén rezamos pola Unidade dos Cristiáns.

Na presentación dos dons, un grupo de nenos, xunto co pan e o viño, presentan cinco Corazóns (de distintas cores: vermello, verde, amarelo, branco, e azul) en relación aos cinco Continentes, pedíndolle a Deus o noso Pai, que neste ano da Misericordia, coide de todos os nenos, para que o seu Amor cheo de Tenrura e Misericordia, medre nos seus Corazóns.

Ao rematar a Celebración, entregóuselles: "As Respostas da Eucaristía". E animóuselles e insistiu na importancia de celebrar o Domingo, asistindo á Eucaristía.

 

18/01/2016

EUCARISTÍA PRIMEIRO DE CATEQUESE NA CASA

O domingo 17 de xaneiro, ás 12:30 h, os nenos e nenas de Primeiro de Catequese na Casa celebraron a Eucaristía con toda a Comunidade Parroquial.

Iniciouse cunha procesión desde o fondo do Templo, presidida pola Cruz (signo que nos identifica como cristiáns) e varios acólitos con velas acendidas e a continuación un pai, unha nai e un neno, e por último o sacerdote que preside e os demais acólitos. Ó chegar ao presbiterio, o sacerdote saudou á Asemblea e, despois, un neno no nome dos demais pedíulle á Comunidade Parroquial que como bautizados os admitisen á Catequese para coñecer mellor a Xesús, chegar a ser verdadeiros amigos seus e poñer en práctica os compromisos do Bautismo. Os pais comprometéronse a acompañalos no seu proceso de Iniciación Cristiá e o celebrante acolleu con gozo o desexo destes nenos entregándolle ao neno que representaba aos seus compañeiros, o Catecismo e brindoulles apoio e axuda, a pais e nenos.

Ao rematar a Eucaristía, entregóuselles o folleto: "As miñas oracións" e convidóuselles a participar cada domingo na Eucaristía, para así ser máis conscientes do que significa recibir a Xesús por primeira vez.

ENCONTRO DE INMIGRANTES

O día 16 de xaneiro do 2016 tivo lugar na Parroquia de Santiago das Caldas o encontro anual habitual entre os voluntarios de Cáritas Parroquial e os inmigrantes acollidos.

Reunímonos unhas 40 persoas e pasamos unha bonita tarde compartindo distintos momentos:

• Presentación dos asistentes: lugar de procedencia, anos en España, membros da familia…

• Oración participativa, partindo de "as benaventuranzas do inmigrante", que eles mesmos ían compartindo lendoas na pantalla.

• Presentación e experiencia de acollida por parte do seminarista Francisco oriúndo de Honduras. Foi un testemuño ameno, sinxelo, próximo, crible, estábao contando tal e como o vive, (algúns comentaban que querían aportar e que non puideron pola emoción).

Finalizamos compartindo uns aperitivos, ao mesmo tempo que soaba música dos países de orixe dos asistentes.

 

09/01/2016

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

31/12/2015

FELIZ ANINOVO

Neste novo ano rodéate de todo aquilo que te faga feliz e despréndete de todo aquilo que te faga chorar. Valora o que tes, supera o que che doe e loita polo que queres. Que nunca che falte un sono polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender, un lugar a onde ir e alguén a quen querer.

Que o teu espírito estea aberto e alerta para descubrir o querer de Deus en todo momento; e que a túa oración sexa encontro de vida, de sabedoría e de entendemento dos camiños de Deus para ti.

Que a túa vida este ano, cal fermento evanxélico, se mesture sen medo coa masa e faga fermentar este mundo en que vivimos, para que sexa realmente novo e tenro.

E que a bendición do Deus que sae ao teu encontro, que é a túa rocha, o teu refuxio, a túa forza, o teu consolo e o teu apoio en todo momento, o invoques ou non, descenda sobre ti e te garde de todo mal.

 

16/12/2015

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

 

16/11/2015

MAGOSTO PARROQUIAL

O sábado, día 14 de novembro, celebrouse o Magosto dos nenos de Catequese e do Movemento Scout.

Reunímonos xunto ao Templo para saír ás 11,30 h nunha mañá con néboa e dirixímonos camiñando cara o Seminario Maior.

Ao chegar dispuxémonos a deixar as mochilas e mentres algúns preparaban a fogueira outros dedicábanse a queimar enerxías xogando oa fútbol, á corda ou a explorar o contorno.

Pouco a pouco foi saíndo o sol e cando o lume estivo listo, asamos os chourizos e as castañas e a continuación demos boa conta deles, comendo todos xuntos entre risas e algarabía.

Ao rematar de comer continuaron os xogos e incluso gozamos dun improvisado bambán.

Cando o sol empezou a agocharse, iniciamos o regreso, un pouco cansados, iso si, pero dispostos a repetir a experiencia o vindeiro ano.

Grazas a todos os que fixestes posible que este Magosto fose unha realidade.

 

16/11/2015

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

16/11/2015

ENCONTRO INTERPARROQUIAL DE CARITAS

Encontro interparroquial de Cáritas, o día 14 de novembro, participando 28 membros das Cáritas Parroquiais de:

Cristo Rei (As Lagoas), San Xosé (Vistahermosa), Nª Sª de Fátima (O Couto), Sagrado Corazón (A Carballeira), María Auxiliadora (Salesianos) e Santiago das Caldas (A Ponte).

Acompañounos Mª del Carmen de Cáritas Diocesana.

Primeira reunión das programadas para o curso: toma de contacto entre as diferentes Cáritas Parroquiais e comunicación e proximidade con Cáritas Diocesana, que a través da memoria do 2014 informounos da labor realizada, e por medio dun vídeo presentounos diferentes experiencias doutras Cáritas.

Compartimos un momento de oración e confraternizamos tomando un café todos xuntos.

 

19/10/2015

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

14/09/2015

ENCONTRO PREBAUTISMAL

Os días 12 e 13 deste mes de setembro, celebrouse na nosa Parroquia de Santiago das Caldas, o Encontro de Preparación Prebautismal, tanto das familias da Parroquia como das Parroquias do Arciprestado Ourense - Oeste e Sur.

En total foron 23 parellas, que xunto cos monitores do encontro, compartiron vivencias, dúbidas e esperanzas en torno do Sacramento do Bautismo que os seus fillos van recibir.

Desexarlles a todos eles que, coa súa testemuña, os seus fillos sigan medrando no Don da fe que Deus nos dá.

O Equipo de Prebautismais da Parroquia de Santiago das Caldas.

 

10/09/2015

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

26/08/2015

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

19/08/2015

HORARIOS E DÍAS DE CATEQUESE

HORARIOS DE MISAS A PARTIR DO 1 DE SETEMBRO


 
www.santiagocaldas.org © 2017 Parroquia de Santiago
Avda. de las Caldas, 28. 32001 Ourense
info@santiagocaldas.org (+34) 988 211 954