Inicio Horarios Contactar

Presentación
Onde estamos
Historia
Programación 2017-2018
Horarios
Organización
Publicacións
Ligazóns
Noticias
Curso 2017-2018
Curso 2016-2017
Curso 2015-2016
Curso 2014-2015
Curso 2013-2014
Curso 2012-2013
Curso 2011-2012
Curso 2010-2011
Curso 2009-2010
Curso 2008-2009
Curso 2007-2008
Curso 2006-2007
Curso 2005-2006
Curso 2004-2005
Curso 2003-2004

AxendaAmosar axenda completa

En castellano

06/08/2015

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

09/06/2015

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

28/05/2015

PRIMEIRAS COMUÑÓNS E CONFIRMACIÓNS

O día 17 de maio, festividade da Ascensión, un grupo de 11 nenos e nenas celebraron a festa da súa Primeira Comuñón coa comunidade parroquial ás 12,30 h. Moitos familiares e amigos, así como as súas catequistas, acompañáronos neste día importante para eles e para a comunidade cristiá.

E o día 22 de maio, na Eucaristía presidida polo Señor Bispo Don Leonardo, 33 mozos e mozas celebraban o final do seu proceso de Iniciación Cristiá recibindo o Sacramento da Confirmación.

A todos, a nosa máis cordial noraboa e o desexo de que vivan coherentemente o que celebraron axudados polo testemuño dos seus e de toda a comunidade parroquial.

 

18/05/2015

ENCONTRO PREBAUTISMAL

O fin de semana do 16 e 17 de maio, 16 parellas dos Arciprestados Ourense-oeste, sur e norte, tiveron o Encontro Pre-bautismal, para bautizar aos seus fillos.

Desexarlles a todos que o bautismo dos seus fillos, lles axude a eles tamén a ser fieis aos compromisos do mesmo e co seu testemuño, os seus fillos, sigan medrando na fe. Noraboa.

 

11/05/2015

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

17/04/2015

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

19/03/2015

CELEBRACIÓN PENITENCIAL

O Martes 17, ás 18:00h., no Templo, tivo lugar, a "Celebración Penitencial", dos nenos/as, de Primeira Comuñón.

Púxose un power-point, sobre "Zaqueo". E ao rematar, fíxose unha reflexión, sobre a Parábola. E iso é o que temos que facer nós: Cambiar aquilo que é contrario ao que Xesús nos pide, para poder pedirlle perdón.
Logo, fixeron un pequeno "Exame de Conciencia".

Os nenos/as, fóronse a confesar e mentres se proxectouse un power-point para que recen mentres non se confesan e ao rematar de confesarse, fan o xesto da Celebración Penitencial ante a Cruz: danlle un bico e dinlle diante del: "GRAZAS XESÚS, POR ME PERDOAR".

E ao rematar a confesión, todos xuntos, damoslle Grazas a Deus. E cantamos: "Si en verdad Dios te ama..." di "Jesús".

Saibamos sempre dar "Grazas" por ter un Deus que Nos ama e está sempre disposto a perdoarnos. Ante un Deus así, o único que podemos lle dicir é, que estamos dispostos a Cambiar e darlle as Grazas polo seu Amor.

E da man de María, ser Fillos, Discípulos e Testemuñas do Deus do Amor.

VIA CRUCIS PRIMEIRA COMUÑÓN

O Venres 13, ás 19:30, na Igrexa, tivo lugar o Viacrucis, preparado polas Catequistas de Primeira Comuñón, no que participaron tamén os nenos/as. E estiveron acompañados, polos seus pais e a Comunidade Parroquial.

Os nenos/as participaron: lendo, levando símbolos e cantando...Púxose un power-point, que ía unido ás estacións e ao final, púxose un vídeo: "Bágoas de Muller", moi bonito que emocionou a todos.

Os nenos/as, aprenderon o que é un Viacrucis. E percorremos todos xuntos, o Camiño de Xesús, cara a Cruz.

E resucitado derrotou ao mal, triunfou sobre o pecado e a morte, para darnos Vida.
Que neste Ano Mariano, miremos a María, modelo de crente,... E como Fillos, Discípulos e Testemuñas... Saiamos ao encontro do home de hoxe para amosarlle a "Ledicia do Evanxeo".

 

10/03/2015

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

02/03/2015

VISTA DO NUNCIO DA SÚA SANTIDADE O PAPA

O día 22 de febreiro visitounos o Nuncio da súa Santidade, Monseñor Renzo Fratini.

Dun xeito sinxelo e cercano presidiu a Eucaristía de 12,30 e ao rematar a mesma entregouselle unha imaxe do noso patrono, o Apóstolo Santiago, como recordo do seu paso pola nosa Parroquia.

 

 

17/02/2015

ENCONTRO DE NOIVOS

Os días 7 e 8 de febrerio tivo lugar no Centro de Prematrimoniais de Santiago das Caldas o Encocnrto de Noivos ao que asistiron 16 parellas de diferentes Parroquias de Ourense, Xinzo, Carballiño, Ventosela, Ribadavia e Entrimo.

O sábado pola tarde, coincidindo coa Visita Pastoral, recibimos a visita do Señor Bispo que se interesou por saber de dónde era cada parella, a qué Parroquia pertencían, etc. Foi unha visita moi cercana a todos e mostrou moito interese polos futuros matrimonios.

 

04/02/2015

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

27/01/2015

EUCARISTÍA DE CATEQUESE DE SEGUNDO NA CASA

O domingo, día 25 de xaneiro, os nenos e nenas de Segundo de Catequese na Casa, ás 12,30h, viviron con moita ledicia a celebración da Eucaristía. Iniciárona en procesión detrás da Cruz e, logo cantaron, escenificaron o Evanxeo, rezamos o Credo (en recordo do Bautismo) e, como se celebraba a Xornada da Infancia Misioneira, na PRESENTACIÓN DOS DONS, xunto co Pan e o Viño, neste ano Mariano, presentaron cinco flores (unha vermella, unha amarela, unha branca, unha verde e unha azul, en relación aos cinco continentes), pedíndolle a María con este xesto, que coidase de todos os nenos, para que neles medre tamén a Ledicia do Evanxeo. Na Comuñón, convidóuselles a achegarse a recibir do sacerdote que presidía a bendición cos brazos cruzados sobre o peito.

Ao rematar a celebración entregóuselles o folleto: "AS RESPOSTAS DA EUCARISTÍA" e, convidóuselles a seguir participando na Eucaristía Dominical.

 

20/01/2015

EUCARISTÍA DE CATEQUESE DE PRIMEIRO NA CASA

O segundo domingo do Tempo Ordinario, 18 de xaneiro, na Eucaristía das 12:30, unha NENA, no nome dos nenos e nenas de Primeiro de Catequese na Casa, acompañada dos seus pais, pediu á Comunidade Parroquial que, como bautizados, os admitise á catequese para coñecer mellor a Xesús, chegar a ser verdadeiros amigos seus e poñer en práctica os compromisos do Bautismo.

Comezaron a Eucaristía camiñando detrás da cruz expresando, con este xesto, que queren seguir a Xesús. Antes da PROFESIÓN DE FE, achegáronse á PILA BAUTISMAL e fixeron o Sinal da Cruz lembrando así o seu Bautismo.

Ao rematar a Eucaristía entregóuselles o folleto: "AS MIÑAS ORACIÓNS" e animouse a todos a seguir participando na Eucaristía Dominical.

 

16/01/2015

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

14/01/2015

O EQUIPO DE ECONOMÍA INFORMA...

 

23/12/2014

FESTA FIN DE TRIMESTRE

O día 17 de decembro celebrouse na Parroquia a festa de fin de trimestre á que asistiron 82 persoas pertencentes aos distintos grupos que colaboran na tarefa pastoral da Parroquia.

Comezouse no Templo coa celebración das Vésperas solemnes preparadas polo Equipo de Liturxia e acompañados pola Coral Parroquial. A continuación a festa proseguiu no Salón Parroquial onde as Catequistas de Poscomuñón, encargadas este ano da organización, sorprendéronnos cun ágape coidado ata o máis mínimo detalle desde a decoración ata o menú.

Do fin de festa encargáronse varios grupos no que non faltaron actuacións musicais variadas, poesías e un pequeno recital da Coral Parroquial.

Moitas grazas ás organizadoras polo seu esforzo e traballo e a todos os asistentes por facer posible, un ano máis, que a Parroquia sexa lugar de encontro e comuñón.

 

22/12/2014

FUNCIÓN DE NADAL

O martes día 16, ás 18:00 h, os nenos e nenas de Primeira Comuñón, fixeron a representación de: "O Nacemento de Xesús", na que participaron 20 nenos.
Fixérona ante o resto dos seus compañeiros, acompañados dos seus pais, irmáns, avós, tíos, amigos....
Os nenos fixérono moi ben e pasárono xenial. E aos pais e resto de asistentes, encantoulles, gozaron moito e ata se riron.
A Virxe e San Xosé cantáronlle unha "Nana" ao Neno Xesús. E ao final, os nenos, acompañados das súas Catequistas, cantaron un popurri de "Panxoliñas", nos que foron acompañados por todos os asistentes á "Función de Nadal".
Logo, puxéronse María e Xosé, co Neno Xesús, e foron pasando todos os nenos, e déronlle un bico.

"O Nadal é a Inocencia e o Candor, a fascinación de vivir coa Esperanza dun mundo mellor".

"BO NADAL" a todos.

 

18/12/2014

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

12/12/2014

ADVENTO E LITURXIA

Estamos no Advento, tempo de preparación para celebrar o Nadal e é tamén o comezo do Ano Litúrxico. O termo "Advento" vén do latín adventus, que significa vida, chegada. A cor usada na liturxia da Igrexa durante este tempo é o morado. O sentido do Advento é avivar nos crentes a espera do Señor.

No Equipo de Liturxia da Parroquia, comézase con varias semanas de anterioridade, a preparación deste tempo Litúrxico: elabórase un guión con indicacións concretas para a preparación da Liturxia, de xeito que haxa procesualidade e coordinación entre as diferentes celebracións e sirva de guia aos diferentes grupos encargados da súa presentación.

Cóidase con especial esmero a ambientación: carteleiras exteriores e de entrada ao Templo, Coroa de Advento, así como as Antífonas da "O", que serán colocadas nunhas pancartas nas columnas do Templo a partir do día 17 de decembro e ata o 23.

Preparemos o noso corazón para recibir ao Señor que vén.

11/12/2014

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

11/12/2014

ENCONTRO DE NENOS DE CATEQUESE NA CASA

Neste tempo de Advento, coa chegada do Nadal e próximo o Nacemento de Xesús, os nenos e neas de 1º e 2º de Catequese na Casa tiveron un encontro no Templo no que se lles explicou o que era o Advento, como foi o encontro do Anxo con Maria e o que pasou ata que Xesús naceu nun pesebre e foi adorado polos pastores e os Reis Magos.

Ao final, cantamos todos xuntos Panxoliñas: "Campana sobre Campana..."; "Los peces en el río..."; "El camino que lleva a Belén..."; "El Tamborilero...". Foi un momento moi bonito pola ilusión e o amor que poñían aos cantar.

"QUE NESTE NADAL, NAZA XESÚS EN TODOS OS CORAZÓNS"

 

17/11/2014

O EQUIPO DE CARITAS PARROQUIAL INFORMA...

 

24/10/2014

REUNIÓN DE PAIS DE PRIMEIRA COMUÑÓN

O luns 20 de outubro, ás 20:30h, no Salón da Casa Parroquial tivo lugar a primeira reunión dos pais dos nenos/as de Primeira Comuñón. Empezouse cunha oración. O tema foi a presentación do curso. Informóuselles da estrutura e dinámica que se vai seguir e o importante que é que eles sexan os primeiros que dean testemuño aos seus fillos e se impliquen participando na Eucaristía dominical.

Mentres os pais estiveron na reunión, os fillos/as que os acompañaron, estiveron cunha Catequista, que coidou deles. Fixeron xogos, pintaron... E pasárono moi ben. E isto farase en todas as reunións de pais. Así que se non tes con quen deixar ao teu fillo/a non deixes de vir á reunión.

 

17/10/2014

REUNIÓN DE PAIS DE 2º DE CATEQUESE NA CASA

O luns, 13 de outubro, ás 20:30 h, no Salón Parroquial tivo lugar a primeira reunión de pais dos nenos/as de segundo de Catequese en Casa. Empezouse cunha oración, informóuselles da estrutura e dinámica do curso. Déuselles tamén o material e unhas pautas, para traballar cos seus fillos as cinco primeiras fichas do trimestre.

Os nenos/as que acompañaron aos seus pais á reunión, estiveron cunha Catequista que coidaba deles. Xogan, pintan,... E iso farase en todas as reunións de pais. Así que, se non tes con quen deixar ao teu fillo/a non deixes de vir á reunión porque o pasan xenial.

 

08/10/2014

REUNIÓN DE PAIS DE 1º DE CATEQUESE NA CASA

O luns 6 de outubro, ás 8:30h da tarde, no Salón Parroquial tivo lugar a primeira reunión de pais de nenos/as de Primeiro de Catequese en Casa, na que tras empezar cunha oración, informóuselles da estrutura e dinámica do curso á vez que se lles deu o material e as pautas, para traballar coas cinco primeiras fichas do trimestre.

Mentres os pais estiveron na reunión, os fillos/as que os acompañaron, tiveron Catequistas para atendelos, e iso farase en todas as reunións de pais. Así que se non tes con quen deixar ao teu fillo/a non deixes de vir á reunión, porque ademais de coidalos, pásano xenial.

 

08/09/2014

ÁS PORTAS DE OURENSE EN MISIÓN CON MARÍA

O Proxecto de Programación Pastoral Parroquial para o novo curso xa está elaborado e a Comisión Permanente do Consello de Pastoral Parroquial elaborou o proceso de estudo e concreción do mesmo por parte dos diferentes grupos. Agora, ata o día 26 de setembro, os grupos farán modificacións, engadidos, correccións… para presentar ao Consello de Pastoral do 3 de outubro que aprobará a Programación Pastoral Parroquial para o curso pastoral 2014-2015.

Que María nos alente, como alentou a Santiago Apóstolo para ir, pouco a pouco, implicándonos no proxecto "Ourense en misión con María".

OURENSE EN MISIÓN CON MARÍA

(Himno do Ano Mariano en OURENSE)

1. Es, María, luz que alumas cando se oscurece a fe.
Es o faro que máis brilla cando chega o anoitecer.
Es o máis certo guieiro cara a Cristo, noso Deus.

AVE, MARÍA, AVE, MARÍA, AVE, MARÍA, NAI DO SEÑOR
ACOMPAÑA A IGREXA EN OURENSE NO CAMIÑO DA MISIÓN.

"OURENSE EN MISIÓN CON MARÍA",
NAI QUE CONVOCA A NOSA IGREXA
A TER O SEU CENTRO EN XESUCRISTO
SER DA PALABRA BOA TERRA.
"OURENSE EN MISIÓN CON MARÍA',
QUEN DE NÓS COIDA DESDE O CEO.
NAI DOS MILAGROS QUE NOS MANDA
SER MENSAXEIROS DO ENVANXEO.

2. Ti, María, enxendraches pola fe ao mesmo Deus
porque fuches a escraviña máis humilde para El.
Co teu 'Sí' fixose carne Xesucristo en Nazaret.

AVE, MARÍA, AVE, MARÍA, AVE, MARÍA, NAI DO SEÑOR
ACOMPAÑA A IGREXA EN OURENSE NO CAMIÑO DA MISIÓN.

3. Prolongando o 'Sí' que deras a Gabriel na Encarnación,
estiveches ti, María, estantía ao pé da cruz.
Fai que nós tamén sigamos as pegadas de Xesús.

AVE, MARÍA, AVE, MARÍA, AVE, MARÍA, NAI DO SEÑOR
ACOMPAÑA A IGREXA EN OURENSE NO CAMIÑO DA MISIÓN.

4. Ti es a Mestra que nos manda facer o que Xesús diga;
acompañas sempre a Igrexa no camiño da misión.
Es a Estrela que nos guía cara Nova Evanxelización.

AVE, MARÍA, AVE, MARÍA, AVE, MARÍA, NAI DO SEÑOR
ACOMPAÑA A IGREXA EN OURENSE NO CAMIÑO DA MISIÓN.

5. Fuches sempre, pola entrega, misioneira desde o Amor,
polo Espirito cuberta deches vida ao Salvador.
En ti cumpriuse a esperanza da promesa do Señor.

AVE, MARÍA, AVE, MARÍA, AVE, MARÍA, NAI DO SEÑOR
ACOMPAÑA A IGREXA EN OURENSE NO CAMIÑO DA MISIÓN.
Antonio Fernández León

 

30/08/2014

ANTE O NOVO CURSO PASTORAL…

Para a infancia:

- Preparación á Primeira Comuñón:
Ao cumprir 6 anos, inscribirse na Parroquia a partir do 15 e antes do 30 de setembro. Reunión de pais: 6 de outubro ás 20,30 h.
Segundo ano de Catequese en Casa: Reunión de pais o 7 de outubro ás 20,30 h.
Terceiro ano: martes de 18 a 19 h ou sábado de 12 a 13 h. Inicio o 7 de outubro.

- Poscomuñón:

A partir da Primeira Comuñón, os luns de 16,30 a 17,30 ou de 18,30 a 19,30 h (os tres cursos). Os que fixeron a Primeira Comuñón este curso, se queren poden se inscribir no Movemento Scout o sábado de 12 a 13 h.

- Preparación á Confirmación:

Os que fixeron Poscomuñón, dous anos o venres de 16,30 a 17,30 ou de 18,30 a 19,30 h.
Os que non o fixeron, tres anos a partir de primeiro de secundaria nos mesmos horarios.

- Movemento Scout:

Sábado de 12 a 13 h e as actividades propias do Movemento durante o ano (á idade establecida se o desexan poden confirmarse).

- Taller de música.

Os sábados de 16,30 a 17,30 h. Aprender cancións, coñecer instrumentos, xogos…

- Monaguillos:

Axudar á Eucaristía os domingos e participar nos encontros diocesanos e, se queren, no campamento de monagos.

Para mozos:
- A partir de Confirmación: venres de 20,30 a 21,30 h.

Para adultos:
- Biblia, Catecumenado, voluntariado de Cáritas, Equipo de Liturxia, Vida Ascendente, Lexión de María, Visitadoras, Vela no Templo… segundo horarios. Informarse na Parroquia.


EN MISIÓN CON MARIA…

O curso pastoral ponse en marcha. Xa está elaborado o borrador da Programación Pastoral coas contribucións que fixeron chegar os grupos, a revisión do curso pasado e a Programación Diocesana.

O día 1 de setembro reunirase, ás 20,30 h, a Comisión Permanente do Consello de Pastoral Parroquial para deseñar o camiño ata o Plenario do Consello de modo que todo os grupos traballen o borrador da Programación e concreten as accións que formarán a Programación Pastoral Parroquial do curso 2014-2015.

Ourense en misión con María, é o lema deste curso que nos convida a mirar a María como modelo de discípulo que, acollendo ao Señor, sae con prontitude a levar a Boa Noticia servindo á súa prima Isabel. Crentes e misioneiros cada un no lugar onde a chamada do Señor nos colocou e alimentando a nosa fe na comunidade. Unha comunidade Parroquial que vive a comuñón con outras comunidades no Arciprestado Ourense-Norte e na Diocese participando activamente na vida eclesial.

Que María nos alente como alentou a Santiago Apóstolo á beira do Ebro para permanecer fieles na misión. Bo camiño pastoral do curso 2014-2015.

 
www.santiagocaldas.org © 2017 Parroquia de Santiago
Avda. de las Caldas, 28. 32001 Ourense
info@santiagocaldas.org (+34) 988 211 954