Inicio Horarios Contactar

Presentación
Onde estamos
Historia
Programación 2017-2018
Horarios
Organización
Publicacións
Ligazóns
Noticias
Curso 2017-2018
Curso 2016-2017
Curso 2015-2016
Curso 2014-2015
Curso 2013-2014
Curso 2012-2013
Curso 2011-2012
Curso 2010-2011
Curso 2009-2010
Curso 2008-2009
Curso 2007-2008
Curso 2006-2007
Curso 2005-2006
Curso 2004-2005
Curso 2003-2004

AxendaAmosar axenda completa

En castellano

25/06/2012

A PARROQUIA NON PECHA

Cando chega o verán moitos vanse aos seus lugares de vacacións, pero a Parroquia, se ben minora o ritmo da súa actividade, non se pecha. Séguese mantendo o culto suprimindo tan só a Misa de 13 h os domingos e cambiando a de diario da mañá ás 10, e redúcese un pouco a atención ao público: Pola mañá de 12 a 14 h agás mércores e sábado e polas tardes de luns a venres de 17 a 20,30 h.

En todo este tempo séguese reflexionando, programando e preparando todo o necesario para iniciar no próximo setembro o novo curso pastoral. Pero antes hai que preparar as festas patronais na honra de Santiago Apóstolo, momento importante da vida parroquial que este ano, na procesión, estreará o estandarte elaborado polas Relixiosas de Vilar de Astrés. Agardámosvos.

REVISAMOS O CAMIÑO E PROXECTAMOS O FUTURO

O pasado día 19 reuníuse o Consello de Pastoral Parroquial para revisar a marcha do curso pastoral 2011-2012 e deseñar as liñas mestras que, en espera da Programación Diocesana, marcarán a programación do curso 2012-2013. Constátase o inxente traballo realizado por tódolos grupos e a calidade dos mesmos, se ben temos quee estar atentos ao risco de fragmentación que se pode dar cando cada grupo se pecha na súa actividade e perde conciencia de Parroquia. O traballo levado a cabo denota unha gran entrega e calidade e os membros que colaboran na Parroquia séntense moi a gusto, cos problemas propios de toda convivencia.

De cara ao futuro vese a necesidade de actualizar o Proxecto Marco de Pastoral da Parroquia aproveitando o inicio do novo trienio de Programación Pastoral Diocesana e a necesidade dunha maior coordinación de todo o que se programa de modo que se priorice o común sobre as accións particulares dos grupos e se incremente a participación na vida diocesana.

Agradecemos a tódolos membros do Consello de Pastoral e a tódolos responsables e membros dos grupos parroquiais o seu traballo e desexamos que o verán sexa tempo reconfortante para o seu corpo e o seu espírito.

¡O SEÑOR ESTIVO GRANDE CON NÓS E ESTAMOS ALEGRES!

Así nos sentimos ao final deste curso pastoral 2011-2012. Deus estivo grande con nós e colmounos de beneficios, incluso inmerecidos. A toda a labor e entrega de tantos voluntarios como día a día colaboraron con gratuidade e xenerosidade na misión para levar a cabo os proxectos programados a inicios deste curso pastoral, unimos o gozo da Ordenación presbiteral de Dn. David Justo, que realizou a súa etapa pastoral de Diaconado con nós e a ordenación de Diácono de Dn. Alejandro Delgado Arce, membro da nosa comunidade parroquial, o sábado 16 de xuño. E o domingo día 17, dando grazas a Deus polo curso pastoral que remata, Dn. David presidía por primeira vez na nosa comunidade a Eucaristía e Dn. Alejandro axudáballe como Diácono. A ambos a nosa máis cordial e sincera noraboa e a Deus grazas pola súa chamada.

Ao concluir a Misa dirixímonos un grupo de 37 membros da comunidade parroquial ao Seminario Maior a compartir un día de convivencia festiva como colofón de todo un ano. Foi un momento de ledicia compartida iniciada o ano pasado con motivo do día do Bo Pastor e este ano atrasada a final de curso. Agradecemos ao Seminario e o seu equipo de cociña a exquisita acollida e animamos a máis membros da comunidade a participar neste encontro de confraternización no futuro.

18/06/2012

SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓN

E, por fin, chegou o día. Despois de seguir o Proceso Catequético desde 1º na Casa ata 2º de Confirmación a emoción e os nervios están a flor de pel. O 1 de xuño os confirmandos das parroquias de Santiago das Caldas, San Pedro de Cudeiro e a Purísima de Vilar das Tres, celebraron o Sacramento da Confirmación nunha Eucaristía presidida polo Sr. Bispo de Ourense, D. Leonardo.

Foron uns anos nos que estes mozos esforzáronse por participar nas súas catequeses parroquiais, tentando coñecer mellor a Xesús e a súa Igrexa, sentindo a necesidade de tratalo na oración, de asumir a súa mensaxe e de ser consecuentes con el.

Hoxe dan un paso importante na súa vida de fe, asumen a axuda do Espírito Santo, a responsabilidade de tomar o testemuño para que esa Igrexa siga camiñando, forte e fecunda, unha Igrexa que tanto precisa da ledicia e vitalidade da xuventude, apoiémolos como Comunidade para que nunca se cansen de ser testemuñas vivas de Xesuscristo nos seus ambientes.

CONVIVENCIA DE CONFIRMANDOS

O pasado 19 de maio un grupo de confirmandos das parroquias de Sta. Teresita e de Santiago de As Caldas puxéronse en camiño desde os seus respectivos lugares para, xuntos, facer unha marcha ata o Seminario Maior. Alí pasaron un día de Convivencia, compartindo a mesma fe en Xesuscristo e a ledicia de encontrarse ás portas de recibir o Sacramento da Confirmación.

Todos eles, acompañados das súas catequistas e sacerdotes tiveron momentos de oración, de traballo e de xogo. Ademais, gozaron da oportunidade de coñecer o Seminario Maior e o Menor (por se algún se anima) e de ter unha agradable charla coas monxas das Carmelitas Descalzas.

21/05/2012

CELEBRANDO O BO PASTOR

O domingo, 29 de abril, as catequistas de Primeira Comuñón tiveron unha celebración da Eucaristía acompañadas dos seus nenos de Catequese.

Os nenos participaron lendo e facendo distintos xestos ó longo da celebración.

Era o día do Bo Pastor no que Xesús nos di que dá a vida polas súas ovellas, que dá a vida por todos nós e demóstranos que "A medida do amor é amar sen medida", como El fixo ó longo da súa vida.

30/03/2012

HORARIOS DE SEMANA SANTA

DOMINGO DE RAMOS:
Misas: 9,30, 11 (Procesión), 13 y 20 h (NON HAI MISA DE 12 h)

LUNS E MARTES SANTO:
Viacrucis ás 20,30 h.

MÉRCORES SANTO:
Misa ás 10,00 h. NON HAI MISA ÁS 20,00 h na Parroquia.
Viacrucis a las 20,00 h.

XOVES SANTO:
10,00 h: Laudes.
10,15 h a 13,15 h: Confesións no Templo.
17,00 h: Misa en galego.
18,30 h: Misa da Cena do Señor.
23,00 h: Hora Santa de oración.
(Desde a Misa da Cena do Señor, ata a celebración da morte do Señor, o Templo permanece aberto para a oración).

VENRES SANTO:
10,00 h: Laudes.
11,30 h: Hora Santa.
17,00 h: Celebración da morte do Señor.

SABADO SANTO:
10,00 h: Laudes e recepción dos Santos Óleos.
11,30 h: Viacrucis de María.
22,30 h: Solemne Vixilia Pascual.
(Pola tarde o Templo ábrese ás 22,00 h)

DOMINGO DE PASCUA:
- Misas ás 11,00 h, 12,00 h, 13,00 h e 20,00 h (NON HAI MISA ÁS 9,30 h).

OITAVA DE PASCUA (9 a 15 de abril)
- Non hai actividades pastorais parroquiais, solo se atende o culto e a oficina (de 12 a 14 -excepto mércores- e de 17,00 h a 20,30 h).
- Venres 13 ás 20,25 h: Vía Lucis.

 

25/03/2012

CORESMA E CONFIRMACIÓN

Imos avanzando no curso camiño de recibir o Sacramento da Confirmación, que recibiremos o 1 de xuño. Para nós non é fácil esta preparación, cóstanos porque supón renunciar a outras actividades que, a veces, resúltannos máis agradables, ou a estar cos amigos por aí. Pero estamos aquí libremente, ninguén nos obriga, e por iso tentamos esforzarnos en participar nas sesións de catequese e nas celebracións que nos tocan.

Neste mes de marzo participamos no rezo do Viacrucis. É unha oración moi longa pero algo entendemos, xa que ao acompañar a Xesús no camiño da Cruz fomos lembrando todo o que lle foi acontecendo ata chegar ó Calvario. Ó final do viacrucis unhas compañeiras axudáronnos a ver que a dor que sufriu Xesús ten que ser un exemplo para nós, porque non foi unha dor en van xa que non se rematou todo na cruz, senón que a cruz é o paso necesario para chegar á ledicia da Pascua.

O domingo 25 de marzo, os confirmandos celebrámos a Eucaristía de Devolución do Credo. É a primeira vez que se fai na parroquia. O ano pasado, en primeiro de Confirmación, tivemos a Eucaristía da entrega do Credo e durante este tempo aprendémolo, esforzámonos por entendelo e sobre todo por vivilo. Agora devolvémolo á comunidade porque pensamos que de verdade cremos no que dixemos e, coa axuda do Espírito, sentímonos preparados para recibir o sacramento que nos falta para completar a Iniciación Cristiá: A confirmación.

PRIMEIRA CONFESIÓN E VÍA CRUCIS

O día 13 de marzo, no Templo, os nenos que se están preparando para facer a Primeira Comuñón este ano recibiron o Sacramento da Penitencia para recibir a Xesús de maneira máis plena o día da súa Primeira Comuñón e ó mesmo tempo experimentar que Deus é un pai misericordioso.

O venres, día 16 de marzo, os nenos de Primeira Comuñón acompañados dos seus pais, catequistas e a comunidade parroquial participaban por primeira vez no Vía Crucis acompañando e lembrando a Xesús no seu camiño cara a Cruz. E nese camiño de maneira especial quixéronlle dar grazas a Xesús por morrer por amor por nós na Cruz comprometéndose a cambiar as súas tristuras en ledicias.

12/03/2012

EUCARISTÍA DE PETICIÓN DE PRIMEIRA COMUÑÓN

O domingo 4 de marzo na Misa de 12,00 h, os nenos e nenas de Primeira Comuñón, en presenza da comunidade parroquial, pediron ser acollidos para poder recibir neste curso o Sacramento da Eucaristía e dar así un paso máis na súa Iniciación cristiá.

Gracias á Comunidade parroquial pola súa acollida, aos que prepararon a celebración e ós pais polo seu acompañamento.

 

08/03/2012

VÍA CRUCIS DOS MOZOS

O Vía Crucis é unha práctica piadosa á que nos convida a Igrexa, sobre todo no tempo de Coresma. Significa "Camiño ó Calvario" e lémbranos os momentos máis fortes que viviu Xesús desde que foi arrestado ata a súa Morte na Cruz e a súa Sepultura. Divídese ese camiño en 14 estacións, ante as que nos detemos para lembrar e meditar cada momento doloroso do camiño de Xesús rumbo ao Calvario.

A nosa Parroquia ofrécenos a oportunidade de rezar o Vía crucis tódolos venres de Coresma preparado polos diferentes grupos que nela colaboramos. Por iso, o día 2 de marzo, o Grupo de Mozos rezamos coa comunidade o Vía Crucis que tivo lugar na Xornada Mundial da Xuventude de Madrid en agosto do ano pasado e que celebramos xunto ao Papa Benedicto XVI e miles de mozos de todo o mundo. As imaxes que o ilustraban correspondían aos pasos de Semana Santa que estiveron expostos durante eses días e ante os cales os mozos que portaban a cruz parábanse para rezar as diferentes estacións. Como xesto final convidamos aos asistentes a bicar a cruz para manifestar que queremos vivir a Coresma como camiño de conversión coa esperanza de que o Señor cambie o noso loito en danzas.

05/03/2012

A PALABRA DE DEUS NA VIDA DA IGREXA

Un grupo de membros de grupos (unhas 36 persoas) reunímonos no salón parroquial para coñecernos, formarnos e orar. O encontro comezou cun momento de oración preparado por membros do Equipo de Liturxia e proseguiu cun traballo de grupos (6 grupos cunha media de seis persoas) que reflexionaron sobre o lugar que ten a Palabra de Deus na vida da comunidade parroquial. Tratouse de discernir os logros que se perciben, aspectos a mellorar e propostas de acción.

Seguiu unha breve posta en común e a presentación dos contidos da Verbum Domini no seu capítulo segundo.

LECTIO DIVINA: "Serédes as miñas testemuñas" (Hch.1.3-ss)

O xoves da primeira semana de Coresma, un grupo de persoas reunímonos no templo para orar coa Palabra de Deus.

Unha celebración á que estaban convidadas as demais parroquias do Arciprestado Ourense-Norte e que avivou en todos nós a urxencia de nos deixar renovar para ser testemuñas do Evanxeo desde o noso contorno a tódolos lugares do barrio.

DEUS NON EXCLÚE, EXCLUÍMOS NÓS

Preto de cen persoas, voluntarios de Caritas na súa gran maioría e membros de grupos bíblicos outros, reunímonos o sábado día 3 de marzo nos locais da Parroquia de Santiago das Caldas para reflexionar, coa guia e acompañamento de Dn. Xosé Antonio González García, sobre a acollida de Deus como reto para acoller a cantos acoden ás nosas entidades caritativo sociais. Seguindo as "Parábolas dos perdidos", afondamos na nosa identidade como crentes comprometidos no testemuño do amor xeneroso e gratuíto, á imaxe de Deus, cara cantos atopamos no camiño da exclusión.

Grazas a Dn. Xosé Antonio pola súa sabedoría e orientación que nos abre horizontes novos desde a nosa máis xenuína fonte de identidade: A Palabra de Deus. O encontro concluíu cun momento de oración, animada por Dn. Bruno coa profundidade e sinxeleza de sempre.

MISA DA ENTREGA DO CREDO

O día 26 de febreiro, os nenos de Primeiro de Confirmación celebrámos a Misa da Entrega do Credo para reafirmar a nosa fe ante a comunidade e contar coa axuda de Deus para recibir o sacramento da Confirmación o ano que vén.

Gracias aos noso pais, aos nosos catequistas e á comunidade parroquial polo acompañamento, a cercanía e o apoio que nos ofrecen no noso camiño da Iniciación cristiá.

 

27/02/2012

VISITA DE DON LEONARDO

O venres, día 24 de febreiro, o señor Bispo, Don Leonardo, visitou a nosa Parroquia co fin de agradecer persoalmente toda a actividade que con motivo da súa Ordenación e toma de posesión realizaron os voluntarios desta Parroquia. Chegou acompañado do señor Vicario de Pastoral, Don Xosé Pérez Domínguez e o primeiro que fixo foi presidir a Eucaristía parroquial. Alí, ademais de dar as grazas, díxonos que era a primeira Parroquia da Diocese onde celebraba a Eucaristía (ademais da Catedral). Ó rematar, dirixíuse ó Salón Parroquial onde compartiu uns pinchos cos voluntarios aos que saudou un por un e ós que reiterou o seu agradecemento pola labor tan responsable e eficiente que realizaron o sábado día 11 de febreiro.

Agradecemos fondamente a súa presenza e as súas palabras e convidámolo a volver sempre que queira. Esta é a súa casa Don Leonardo.

O MOVEMENTO JUNIOR NON SE PARA

A pesar de ser o mes máis curto do ano, febreiro estivo cheo de actividade para os nenos do Junior.

Comezamos o sábado, día 4, coa excursión a Manzaneda que compartimos cos nenos de Catequese e os Mozos. Foi un día moi soleado e frío ó mesmo tempo pero no que non faltou a diversión e o "bo rollo".

O sábado seguinte, día 11, recibimos a visita de dous membros do Movemento Scout de Ourense que nos presentaron como se organizan e que actividades realizan e ademais convidáronnos a formar parte desa gran familia. Ese día tamén os nosos educadores lembráronnos o acontecemento que tería lugar pola tarde: nada máis e nada menos que a Ordenación e toma de posesión do señor Bispo, Don Leonardo.

Ó día seguinte, domingo día 12, catro dos nosos compañeiros, uníronse ós confirmandos para celebrar a Eucaristía de Petición de Confirmación. Alí estivemos, ademais dos Educadores, algúns dos membros do grupo para acompañalos nun día tan especial.

O mércores día 15, os responsables do grupo, Pablo e Boris, participaron o Consello de Pastoral Parroquial para coñecer como vai a marcha da Parroquia e así poder transmitilo despois ao resto do grupo e ó mesmo tempo ter oportunidade de facer as súas contribucións.

O sábado día 18, celebramos o Carnaval cun día de convivencia. Ás doce da mañá reunímonos todos disfrazados e, despois de rezar coa oración que Carlota preparara, dedicámonos a xogar ata as cinco da tarde, coa necesaria parada para comer e repoñer enerxías.

E para finalizar este intenso mes, o día 22, Mércores de Cinza, participamos activamente na Celebración da Palabra que ás seis da tarde tivo lugar no Templo.

Dámos as grazas a tódolos que fixeron posible que febreiro fora tan frutífero.

23/02/2012

ENCONTRO DE CATEQUISTAS DE CONFIRMACIÓN

O día 17 de febreiro o grupo de Catequese de Confirmación, tiveron o seu segundo Encontro de Formación que versou sobre un traballo a planificar e ir realizando a nivel parroquial en tódolos grupos e por tódolos seus membros e cuxo título é: Párate e toma o pulso á nosa vida de grupos.

EUCARISTÍA DE PETICIÓN DE CONFIRMACIÓN

Os confirmandos da Parroquia, celebraron, o día 12 de febreiro ás 12:00 horas, a Eucaristía de Petición de Confirmación.

Nela, e acompañados dos seus pais, pediron á comunidade presente o poder celebrar de maneira libre, consciente, responsable e gozosamente o Sacramento da Confirmación neste curso.

 

20/02/2012

NA TOMA DE POSESIÓN DE DON LEONARDO

Confiáronnos unha tarefa complicada e desde o amor e servizo á Igrexa asumímola. Unha vez máis se demostrou que a xente da Ponte é doutra pasta. Facían falta 37 persoas e aí estaban, aínda conscientes de que a súa misión era para non recibir aplausos. Aquela tarde fixemos o que puidemos e, en moitos casos, o que nos deixaron. Damos as grazas a todos pola súa comprensión. Pedimos perdón aos que non puidemos deixar pasar, ¡que lle imos facer, a Catedral ten o aforo que ten!, e non todos podían estar no lugar que desexaban. Pola nosa parte, comprendemos todo.

Ó final, damos grazas a Deus por regalarnos un pastor con rostro concreto. Desexámoslle o mellor e aquí estamos para seguir colaborando coa nosa Igrexa diocesana en todo o que precise.

XA ESTAMOS DISPOSTOS

O mércores, día 22 de febreiro, comeza a Coresma. Non é un obxectivo, senón unha oportunidade para camiñar cara a meta: A Pascua. A nosa Parroquia está disposta. As Visitadoras parroquiais fixeron chegar a tódolas caixas de correos da Parroquia a revista Parroquia en camiño co único obxectivo de informar do que se nos brinda para vivir este tempo como un don de renovación persoal e comunitaria. "Cambiáches o meu loito en danzas" é o noso lema. En tempos de crise, a coresma é tempo de esperanza. Pero non polos nosos méritos, senón por pura graza de Deus. Nas súas mans poñémonos e xuntos faremos camiño. Como di o apóstolo: "Deixadevos reconciliar con Deus".

Feliz camiño cara a Pascua.

CONSELLO DE PASTORAL

O día 15 de febreiro tivo lugar a reunión do CPP para facer seguimento á marcha da programación pastoral, buscar novos camiños e informar da economía da Parroquia. Trala oración e lectura e aprobación do acta, os membros do Movemento Scout presentáronnos a súa proposta para a pastoral con nenos e mozos. ¿Poderemos comezar esta experiencia na Parroquia? coa axuda de Deus e a xenerosidade de nenos e mozos pontinos agardamos que si. A oferta está xa aberta a todos, agardámosvos. Logo revisouse a marcha da Parroquia que, en liñas xerais vese que funciona. Esperamos que os detalles se vaian mellorando. A continuación, o Equipo de Economía informounos da marcha da economía da Parroquia que se sostén coa vosa axuda e a do Bispado. Seguiremos traballando para que día a día o Reino de Deus medre, sobre todo no amor aos pobres, de maneira gratuíta e xenerosa.

E coma sempre, se queres saber como funciona a Parroquia: ¡Ven e verás! Non cho queremos contar, ven a experimentalo ti mesmo.

 

06/02/2012

¿A QUEN AXUDAR?

O mundo hoxe sitúase no terreo socio-económico e político. Hai persoas que sofren o peso intolerable da miseria. Son moitas as persoas que carecen de esperanza debido á súa situación persoal. Cada día é maior a distancia entre os que teñen e os que non teñen. Ante esta traxedia é inevitable que sexa o corazón o que nos dirixa.

Desde o Grupo de Caritas Parroquial de Santiago das Caldas preguntámonos; ¿A quen axudar? A quen, en xustiza, nolo pida o corazón. A dimensión profética da caridade lévanos a <<un compromiso activo e operante, expresión do amor cristián cara os demais, especialmente dos máis necesitados, e a favor dunha sociedade máis xusta e fraternal. Esta dimensión da caridade soporta, entre outras cousas, lembrar os dereitos dos pobres; analizar as situacións nas que se infrinxen dereitos, denunciar as inxustizas que sofren, aportar as orientacións oportunas e colaborar para realizar os cambios necesarios.>>

En Caritas non nos contentamos con atender ben ós pobres, senón que loitamos pola xustiza, e apostar pola xustiza é eliminar os factores e circunstancias que producen a exclusión e pobreza que azouta a tantos seres humanos.

En calquera caso, grazas a tantos cidadáns anónimos, empresas e a toda a comunidade parroquial; grazas por facer posible o traballo de Caritas, por confiar nel e difundilo. Grazas de todo o Grupo, e transmitir o agradecemento desde o máis fondo do seu corazón de todas a aquelas persoas que coas súas aportacións subsisten.

GRAZAS E QUE O SEÑOR OS BENDIGA

17/01/2012

CAMPAÑA DE NADAL

O Equipo de Caritas Parroquial de Santiago das Caldas quere agradecer a tódalas persoas, entidades, Parroquias e asociacións que prestaron a súa colaboración nesta Campaña de Nadal. Gracias a vosa colaboración atendimos a 80 familias nestas festas e agardamos poder seguilo facendo durante todo o ano, nos só no Nadal .

Facémosvos chegar o informe dos datos que levamos contabilizados ata o 30 de decembro de 2011:

- Aportacións en diñeiro: 11.970 €

- Aportacións en alimentos:

 

Parroquias de Don Camilo
Parroquias de Don Oscar
Catequese
Total
Especie
Unidades
Unidades
Unidades
 
Arroz
26
93
70
189
Legumes
39
84
99
222
Pastas alimenticias
55
258
72
385
Fariña
6
17
2
25
Azúcar
11
64
22
97
Galletas
11
56
27
94
Conservas pescado
8
75
3
86
Conservas vexetal
9
44
25
78
Turróns
9
47
13
69
Chocolate
2
89
2
93
Aceite de oliva
8
62
9
79
Aceite xirasol
3
6
--
9
Embutidos
2
6
--
8
Sopa en sobre
3
25
--
28
Colacao
1
21
18
40
Productos Nadal
9
79
12
100
Viño
--
--
1
1
Pan molde
--
--
1
1
Conservas fruta
--
33
2
35
Café
--
10
--
10
Zumes e bebidas
-- 11 -- 11
Leite UHT
-- 42 -- 42
Leite semidesnatada
-- 20 -- 20
Amencer
Aportación global 650
Caritas Diocesana de OK Colexio Divina Pastora
TOTAL
202 1.142 378 2.372

Agradecemos a colaboración de tódolos fregueses que con gran xenerosidade, en tempos de crise, colaborastes. De xeito especial as Parroquias de San Miguel do Campo e San Salvador de Prexigueiró (O Pereiro) e o seu párroco Don Camilo. Así mesmo ás Parroquias de Castrelo do Val, Pepin, Retorta e Vences e o seu párroco Don oscar. Gracias ós mozos de Amencer pola súa labor solidaria e a Caritas Diocesana que distribuiu o aportado polos alumnos do Colexio Divina Pastora. Así mesmo a Froiz, Coren, Bodegas Arnoya e Aceites Abril. Faremos o posible para que a vosa xenerosidade chegue aos que realmente o precisen .

 

22/12/2011

AS CATEQUISTAS E O ADVENTO

Chega outra vez ás nosas vidas este tempo litúrxico no que renacen as ilusións (as veces decaídas polas faenas diarias) e no que fixamos a ollada a catro semanas. Ilumínanse os nosos ollos coa esperanza depositada no Neno Deus que vai nacer, e cada día vivido é un chanzo que nos vai achegando ó noso obxectivo; pero tamén, para o cristián de hoxe, é necesario facer paradas para recibir: Luz, Alimento e forza. A Luz da súa Palabra, o Alimento espiritual da Eucaristía e a forza do sustento material. Por iso as Catequistas de Confirmación tivemos un encontro o pasado 16 de decembro no que fortalecemos os nosos lazos fraternos e a nosa unión co Dono da viña que un día nos chamou para traballar cos máis queridos do Señor.

Bo Nadal para todos.

19/12/2011

ASÍ VAI A CAMPAÑA DE NADAL… PERO ¿AÍNDA FALTAS TI?

Está a punto de chegar a festa do Nadal e todos vivimos preparando o camiño ó Señor para acollelo orando, escoitando a súa Palabra, celebrando os sacramentos, formándonos para dar razón da nosa esperanza a un mundo que nolo pide e recoñecendo ó Señor que vén nos pobres. Todo isto non é teoría ou discurso de homilía. Hai datos e feitos que certifican que os crentes vivimoo o que decimos, iso sí, segundo as nosas posibilidades e cos nosos defectos. Estes son os datos da Campaña de Nadal 2011 ata o 19 de decembro:

- Aportacións en diñeiro: 7.230 €

- Aportacións en alimentos:

Parroquias de Don Camilo

Catequese

Total

Especie
Unidades
Unidades
Arroz
26
70
96
Legumes
39
99
138
Pastas alimenticias
55
72
127
Fariña
6
2
8
Azúcar
11
22
33
Galletas
11
27
38
Conservas pescado
8
3
11
Conservas vexetal
9
25
34
Turróns
9
13
32
Chocolate
2
2
4
Aceite de oliva
8
9
17
Aceite xirasol
3
--
3
Embutidos
2
--
2
Sopa en sobre
3
--
3
Colacao
1
18
19
Productos Nadal
9
12
21
Viño
--
1
1
Pan molde
--
1
1
Conservas froita
--
2
2
TOTAL
202
378
580

Agradecemos a colaboración de todos. De xeito especial ás Parroquias de San Miguel do Campo e San Salvador de Prexigueiró (O Pereiro). Faremos o posible por facer que a vosa xenerosidade chegue os que realmente o precisen. Feliz Nadal.

15/12/2011

PEQUENOS GRANDES XESTOS DE COMUÑÓN

Palabras como "comunidade", "fraternidade", "comuñón" pódense quedar en termos baleiros se non se xeran estruturas que permitan expresalas e facelas visibles. Todas elas sempre visibilizarán a comuñón dunha forma parcial, pois de modo pleno nesta vida non o lograremo e coas nosas solas forzas, menos aínda. E así foi como comezou esta historia sinxela: Compartindo e buscando xuntos.

Fai tres anos dous grupos decidiron reunirse e celebrar xuntos a pequena festa de Nadal que todos tiñan por separado. O ano pasado convidaron ós demais e algúns, non moitos, uníronse. Este ano distribuíronse o traballo: Prepararon unha oración común e unha festa á que se sumaron unha gran maioría de colaboradores parroquiais. Preto de 90 persoas oraron xuntas e logo compartiron mesa, canto, humor, baile… Distintos en idade, en mentalidade, en maneiras de ser e unidos, porque hai algo máis profundo que nos une e axuda a descubrir na diversidade a riqueza do Espírito.

Que o Deus que vén siga alentando este espírito na comunidade, pois é o mellor xeito de amosar que o que decimos e celebramos non son teorías senón feitos e… ¡que siga medrando e máis grupos se unan!

 

13/12/2011

VELAIVENONADAL.COM

Con gran afluencia de público que disfrutou coas actuacións e intervencións dos participantes, desenvolveuse o festival de Nadal no Salón parroquial. Este foi o programa de actuacións:

POEMA NAVIDEÑO
Fernando Gabelo

En la aldea de Rabiño
Tragicomedia en verso a cargo de Paquita Castro

A PONTE EN INTERNET
Manolo Domínguez administrador de la web canedo.eu

CANTIGAS DE CEGOS
De Faustino Santalices
Interpretan: Raúl Cachaldora
y Emilio R. Portabales (Zanfona)

CANTO DE ARRIEIRO
Emilio R. Portabales (Zanfona) y
Manuel Souto (Gaita Irlandesa)
Canta: Pepe Rodríguez Suárez

CALOR DE NIDO (Katiuska-Sorozabal)

NO PUEDE SER (Tabernera Puerto-Sorozabal)

O SOLE MIO (Di Capua)
Xerardo Gómez “Chaparro” (Solista da Coral de Ruada)
Xosé Antón Vázquez Casas (Órgano: Director da Coral Ruada)

Presentó: J.M. Fernández Sobrino

 

Agradecemos a todos a súa xenerosa colaboración e lembramos que o vindeiro día 4 de xaneiro, Coral de Ruada ofrece o seu tradicional concerto de Reis no templo parroquial ó rematar a Misa da tarde.

13/12/2011

RETIRO ARCIPRESTAL DE ADVENTO

24 membros da Parroquia unímonos a outros membros de parroquias do noso Arciprestado e do Ourense-oeste para vivir o pasado día 10 unha tarde de retiro no Seminario Maior. Foi unha tarde de silencio e oración ó calor da Palabra de Deus proclamada, reflexionada, meditada e orada que culminou nun momento de adoración ante o Santísimo na Capela.

Agradecemos ó Seminario a súa boa acollida.

OS MOZOS "ARMAN O BELÉN"

Como en anos anteriores, os mozos están estes días poñendo en marcha un sinxelo Belén para ambientar as próximas celebracións do Nadal. A súa colocación progresiva vainos lembrando que se vai achegando o nacemento do Señor e o día 24 colocaremos ao gran protagonista: O Neno. Farémolo nunha celebración vespertina na que bendiciremos o Belén e distribuiremos a luz da Paz de Belén que os nenos da Catequese recollerán en Santa María Nai o día 19 a onde chega traída polos Scouts de Ourense que previamente a van buscar a Zaragoza a onde chega desde Austria, pois son os Scouts deste país os que a van buscar á gruta de Belén. Un ano máis nos nosos fogares xunto ao Neno e a Biblia brillará a Luz da Paz de Belén.

CAMPAÑA DE NADAL E OK

O Equipo de Caritas parroquial está promovendo durante todo este tempo de Advento a Campaña de Nadal. Convídase a tódolos fregueses a colaborar cos seus donativos para crear un fondo que permita facer fronte durante todo o ano ás necesidades que se lle presentan. Tamén os nenos da Catequese son convidados a colaborar aportando un quilo de alimentos non perecedoiros. Agradecemos a aquelas Parroquias do mundo rural a súa colaboración, así como a empresas e todas as entidades que aportan o seu grao de area para seguir levando un pouco de consolo e cariño aos máis pobres.

 

07/12/2011

CELEBRACIÓN DE ADVENTO DE CONFIRMACIÓN

Como cada ano, os rapaces de primeiro e segundo de Confirmación participaron nunha Celebración de Advento.

Nesta ocasión achegáronse ó templo parroquial o pasado día 2 de decembro acompañados como sempre do sacerdote e as súas catequistas.

Acudiron coa ledicia e ilusión duns mozos que queren preparar o seu corazón para acoller á Palabra que chega, oraron ante o Sagrario para deixarse transformar por dentro e descubrir que o corazón de cada persoa é tamén un sagrario no que nace e gárdase a Xesús e iso tennos que levar a vivir en coherencia coa nosa fe.

 

01/12/2011

ENCONTRO DE LECTORES

O día 29 de novembro celebrouse no Templo parroquial un encontro de lectores organizado polo Equipo de Liturxia parroquial ó que asistiron en torno a 50 persoas.

O obxectivo deste encontro era lembrar e afianzar unha serie de recomendacións para coidar a proclamación da Palabra de Deus nas celebracións litúrxicas, en conexión co obxectivo específico primeiro da Programación Pastoral Diocesana para o presente curso.

Despois dun momento de oración, lembrouse cal debe ser a actitude do lector, tanto interior como externa, e déronse unha serie de indicacións para que a Palabra de Deus sexa proclamada o máis dignamente posible.

E como colofón, e en clave de humor, recitouse un poema cuia letra pretende que sexa máis fácil lembrar todo o que no Encontro se expuxo.

PARA SER UN BO LECTOR.

1. Para ser un bo lector:
prepara ben a lectura
e sobe con compostura
dende o teu asento ó ambón.

2. A Palabra que proclamas
-mensaxe de salvación-
non é unha palabra humana,
¡é palabra do Señor!

3. Proclama con ledicia,
proclama con boa voz;
dalle sentido, pon vida,
non defraudes ó autor.

4. Olla ó Libro e ó oínte
pronuncia con claridade.
Non corras, que hai moita xente,
hai maiores e hai "tenientes"
que oen con dificultade.

5. Proclama con emoción;
fíxate ben o que les,
que se note que ti cres
esa mensaxe de amor.

Nota:

6. E onde di lector
leáse tamén lectora,
que non hai distinción agora
na Igrexa do Señor.

23/11/2011

POR FIN PUIDEMOS IR DE MAGOSTO…

Despois de varios anos sen poder levar a cabo o magosto parroquial dos nenos, este ano o tempo acompañounos e puidemos gozar dun estupendo día de diversión e "bo rollo".

A pesar de que o venres a última hora da tarde o ceo cubríuse de nubes e asomou a chuvia, e de que o sábado pola mañá erguémonos con néboa, decidímonos poñernos en marcha cara o Seminario Maior coa intención de celebrar o Magosto parroquial dos nenos de Catequese e Junior.

Ás once e media da mañá reunímonos nas escaleiras do Templo e, cos ollos postos no ceo, saímos camiñando 35 nenos e 11 adultos. Ó chegar ó Seminario Maior, mentres os maiores dispúñanse a preparar a fogueira, os máis pequenos deron renda solta á súa enerxía xogando ó fútbol, ó brilé ou dando un paseo.

A iso das dúas da tarde chegou a hora de dar conta da comida na que non faltaron os chourizos e as castañas pero ós que se engadiron toda clase de bocadillos e algunha que outra "chuchería". Despois dun rato de sobremesa, chegou o momento dos xogos "tradicionais" como tirar da corda, saltar á comba, carreiras de sacos…

En torno ás cinco e media da tarde dispuxémonos a regresar ás nosas casas despois de pasar un día no que ata luciu un pouco o sol. Agardamos repetir o ano que vén.

 

17/11/2011

ENCONTRO DE FORMACIÓN: NOVA EVANXELIZACIÓN

O mércores día 16 de novembro ás sete e media da tarde, daba comezo o primeiro dos tres Encontros de Formación intergrupais programados para este curso.

O Encontro comezou coa oración preparada polo Equipo de Liturxia e a continuación o poñente explicou o esquema do Encontro facendo fincapé en que o obxectivo principal é o de coñecernos e ó mesmo tempo formarnos.
En conexión coa Programación Diocesana, o tema deste primeiro encontro é o da Nova Evanxelización e a Verbum Domini.

Unha vez presentado o esquema do Encontro procedeuse á formación dos grupos para reflexionar sobre dúas cuestións:

  • Síntomas concretos que percibimos na realidade da nosa Parroquia que reclaman unha nova evanxelización.
  • Elixir un campo de traballo pastoral e deseñar unha acción pastoral para aplicar a "nova evanxelización" na Parroquia (obxectivo e medios).

Unha vez rematado o traballo de grupos procedeuse á posta en común do aportado nos mesmos e á iluminación sobre o tema. De forma amena e sinxela o poñente explicou cal é o reto da nova evanxelización así como a súa historia, desde as súas raíces ata a súa posta en acción.
Tamén se amosaron cales son as esixencias da nova evanxelización para rematar presentando de forma breve a exhortación postsinodal VERBUM DOMINI que será obxecto de estudo máis detallado en posteriores Encontros.
Despois da revisión por parte dos asistentes, deuse por concluído o Encontro ás nove e media da noite.

Grazas os que preparan con tanto esmero e dedicación estes Encontros e a tódolos que fan un esforzo por asistir.

MAGOSTO DOS MOZOS DA PARROQUIA

Xusto ó día seguinte de que na nosa cidade se celebran "os Magostos", un grupo de mozos da nosa comunidade acompañados polos nosos animadores, trasladámonos ata San Miguel do Campo no concello de Pereiro de Aguiar para continuar a festa durante a fin de semana.

O sábado 12 de novembro, un pouco despois das cinco da tarde, partimos cara San Miguel. Ó chegar estábanos agardando Don Camilo, o párroco, na Casa Reitoral. Despois de descargar as mochilas e coñecer a casa, algúns dispuxémonos a coñecer o pobo e investigar algunha curiosidade referente ó mesmo, mentres os demais empezaban a preparar a cea.
Despois de dar boa conta de chourizos e castañas, chegou o momento dos xogos que serían o inicio dunha longa noite de moita troula e pouco durmir.

Ó día seguinte, 13 de novembro, domingo, e despois dun reparador almorzo, preparámonos para celebrar a Eucaristía coa comunidade parroquial de San Miguel do Campo na que tivemos a oportunidade de participar activamente.
Despois preparamos a comida e unha vez que rematamos de comer e de recoller, dispuxémonos a regresar ás nosas casas non sen antes facer a tradicional "foto de familia". Chegamos a casa un pouco cansos pero con gañas de repetir a experiencia.

Grazas á comunidade parroquial de San Miguel do Campo e ó seu párroco, Don Camilo, por nos recibir con tanta amabilidade e cariño.

03/11/2011

PRIMEIRO ENCONTRO AO CALOR DA PALABRA

Acollendo a invitación da Programación Diocesana e dando continuidade á experiencia iniciada anos atrás volvemos a convocar á comunidade para orar ao calor da Palabra de Deus. A proclamación, explicación do texto, silencio orante e a pregaria común animada polo canto do coro parroquial axúdannos a acoller a Palabra de Deus e experimentar como se vai convertendo en Palabra de Vida no noso interior.

Agardamos seguir impulsando esta iniciativa, de modo especial neste ano, convertendo en vida o que nos pide a Verbum Domini.

CITA NA CIDADE DO SILENCIO

Un ano máis nos encontramos no Cemiterio de As Caldas para lembrar, orar e avivar a nosa esperanza na vida eterna. Nunha tarde de temperatura agradable oramos ó calor da Palabra de Deus e lembramos aos nosos seres queridos cuxos restos repousan no citado cemiterio.

"A vida dos que en ti cremos, Señor, non remata, transfórmase".

 

28/10/2011

A ESCOLA DE DSI INICIOU O SEU CAMIÑO

Con 18 participantes, a Escola Parroquial de DSI iniciou a súa andadura por este novo curso pastoral. Ó longo do ano reflexionaremos xuntos sobre a Nova Evanxelización e as circunstancias da nosa sociedade que a fan cada día máis urxente. A presenza pública da fe nunha sociedade leiga e os grandes escenarios onde a fe debe inculturarse, baixo a guia da Palabra de Deus, serán motivo de estudo e debate entre os participantes.

Na primeira sesión deseñamos o temario e a dinámica a seguir. Ós participantes faráselles chegar un cuestionario para que poidan reflexionar durante o mes e logo compartilo en pequenos grupos en torno a cinco ou seis membros. Seguirá unha posta en común e contribucións dos documentos da DSI. Así mesmo, a oración inicial prepararana para cada sesión os membros da Escola.

A CATEQUESE PARROQUIAL XA CAMIÑA

Xa están en marcha tódolos grupos de Catequese. Chama a atención o aumento de nenos no primeiro ano de preparación á Primeira Comuñón que ascende a 72.

  • Etapa de preparación á Primeira Comuñón:
    - Primeiro de Catequese na casa: 72 nen@s
    - Segundo de Catequese na casa: 66 nen@s
  • Terceiro de preparación á Primeira Comuñón:
    - Martes: 51 nen@s
    - Sábado: 10 nen@s
  • Etapa de Poscomuñón: Iniciouse a experiencia da súa realización cíclica e participan nela 64 nen@s.
    - Primeiro de Poscomuñón: 23 nen@s
    - Segundo de Poscomuñón: 22 nen@s
    - Terceiro de Poscomuñón: 19 nen@s
  • Catecumenado de Confirmación: Dúas sesións.
    - Primeiro ano: 22 nen@s
    - Segundo ano: 36 nen@s
  • No grupo do Junior participan: 21 nen@s

Agradecemos a colaboración dos pais e titores os que lembramos a necesidade de acompañar ós seus fillos á Eucaristía dominical, ben na Parroquia, ben no lugar onde se encontren de fin de semana.

15/10/2011

ESTAMOS NO FACEBOOK

Coincidindo co inicio do curso acabamos de abrir unha páxina en Facebook que agardamos sexa do teu agrado. Nela poderás deixar os teus comentarios, consultas, dúbidas, suxestións... en fin, todo o que consideres necesario para establecer unha canle de comunicación moito máis activa e próxima.

Se tes conta en Facebook non deixes de visitala (aquí). Ah, e non te esquezas de pulsar "Gústame" :)

GRUPOS BÍBLICOS ON-LINE

Nestes tempos tan atarefados nos que vivimos, hai persoas que non dispoñen de tempo para participar nos grupos bíblicos ás horas que se ofertan na Parroquia.

Dado que neste ano en que se cumpre o décimo aniversario do inicio dos grupos de Lectura crente e orante da Palabra de Deus pídesenos dar un novo pulo a estes, pareceunos que podería ser de utilidade ofertar os materiais por internet para que aquelas persoas, matrimonios ou familias que o desexen poidan aproveitar a riqueza espiritual que a Palabra de Deus nos aporta de modo que sexa luz para as nosas vidas e alma da misión evanxelizadora que todo crente debe realizar no seu ambiente.

E farémolo así:

  • Na sección publicacións iranse colgando ó longo do curso os materiais para cada un dos tema tratados. Agora mesmo xa podes atopar nela a introdución e o tema 1.
  • Cada vez que se suba un novo documento farase referencia a el na páxina da parroquia en Facebook, de forma que sexa sinxelo decatarse das novidades con só ser usuario de Facebook e pulsar "Gústame" na páxina. Así mesmo, a páxina servirá como foro de discusión e consulta para cada un dos temas.

 

13/10/2011

APROBADA A PROGRAMACIÓN PASTORAL

O pasado día 7 de outubro de 20 a 22 h tivo lugar a Reunión ordinaria do Consello de Pastoral Parroquial na que se aprobou a Programación Pastoral do curso 2011-2012 que previamente se traballara en todos os grupos.

Agora queda a tarefa de ir facendo realidade cada unha das accións programadas para gloria de Deus e ben da Igrexa.


GRUPOS BÍBLICOS PARROQUIAIS

O luns día 10 ás 20 h, presentouse o traballo dos grupos bíblicos para este curso pastoral. En conexión coa Diocese realizaremos lectura crente e orante do Evanxeo de San Marcos conmemorando os 10 anos de inicio desta experiencia á que a nosa Parroquia uníuse desde o principio.
Na reunión lembrouse a dinámica, presentouse a figura de Marcos e a súa comunidade e o primeiro tema xunto coa guia de traballo que cada participante irá preparando para a primeira reunión ó longo deste mes.

Este ano, antes de finais de mes, agardamos poder ofrecer materiais por medio da web para persoas ou familias que, non podendo participar nas reunións, desexen ler, estudar e meditar coa Palabra de Deus nos seus fogares.

GRUPOS DE VELA NO TEMPLO

O martes día 11 presentouse o material para os grupos de Vela no Templo. Son grupos de persoas que dedican ½ h. semanal a orar no templo permitindo así que este permaneza aberto para as persoas que desexen facer unha visita ou un rato de oración durante o día, ó tempo que oran por tódolos membros da comunidade.

Grazas ó seu labor o Templo está aberto polas mañás de 10 a 12 os martes e xoves e polas tardes de 6,30 a 8,30 de luns a venres (co cambio de hora de 5,30 a 7,30).

COMEZA A ORACIÓN DE LAUDES

O xoves día 13 iniciouse a oración de Laudes ás 10 da mañá. Martes e xoves un grupo de persoas reúnense na nosa Parroquia para orar coa oración de Laudes. Durante ese tempo e ata as 11,20 h o Santísimo está exposto para a adoración de tódolos fieis que o desexen.

Desde aquí convidamos a tódalas persoas que o desexen a participar.

 

 

A CATEQUESE TEN NOVO FORMATO

Con vistas a conciliar as diferentes actividades extraescolares que abafan a vida dos nosos nenos, obrigados a vivir ó ritmo da sociedade de consumo que obriga ós seus pais a traballar fóra da casa da mañá moi cedo ata ben entrada a noite polo que teñen que encher as súas horas libres con multitude de actividades, e en orde a facilitar a súa participación na catequese parroquial, esta ensaia novos formatos e horarios: Luns para nenos de Poscomuñón en horario de 4,30 a 5,30 ou de 6,30 a 7,30. Martes: Primeira Comuñón (terceiro ano) de 6 a 7, podendo facelo tamén os sábados de 12 a 13 h. Confirmación: Os venres de 4,30 a 5,30 ou de 6,30 a 7,30.

Para os que fixeron a Primeira Comuñón cabe a posibilidade do grupo de Junior os sábados de 12 a 13 h. Primeiro e segundo de preparación á Primeira Comuñón é na casa como habitualmente.

 

02/10/2011

INICIO DO CURSO 2011-2012

"A Igrexa en Ourense, medrando en comuñón, afonda a súa identidade no encontro coa Palabra de Deus, na vivencia dos Sacramentos e no servizo da Caridade."

Este é o obxectivo xeral da Programación Diocesana de Pastoral para o curso 2011-2012 que agora comezamos. De acordo con el, a entronización da Palabra de Deus foi o acto central da eucaristía de inicio de curso na nosa parroquia, celebrada o domingo día 2 de outubro. Esta eucaristía representa o quilómetro cero para doce meses de camiño, no cal estariamos encantados de que nos acompañases. Hai moito traballo por facer e moito que celebrar, así que non o dubides: ademais de participar nos actos litúrxicos, ofrecémosche unha morea de grupos nos que poder medrar como cristián e como persoa: Cáritas, grupos bíblicos, visitadoras, animación misioneira, catequese para nenos, grupos de mozos... ¡E se cantas ben vén ó coro!

Pregunta na casa parroquial ou no templo. ¡Agardámoste!

 
www.santiagocaldas.org © 2017 Parroquia de Santiago
Avda. de las Caldas, 28. 32001 Ourense
info@santiagocaldas.org (+34) 988 211 954