Inicio Horarios Contactar

Presentación
Onde estamos
Historia
Programación 2017-2018
Horarios
Organización
Publicacións
Ligazóns
Noticias
Curso 2017-2018
Curso 2016-2017
Curso 2015-2016
Curso 2014-2015
Curso 2013-2014
Curso 2012-2013
Curso 2011-2012
Curso 2010-2011
Curso 2009-2010
Curso 2008-2009
Curso 2007-2008
Curso 2006-2007
Curso 2005-2006
Curso 2004-2005
Curso 2003-2004

AxendaAmosar axenda completa

En castellano

22/08/2007

BENVIDOS Ó BANQUETE

68 nenos e nenas celebraron durante este ano a súa Primeira Comuñón na comunidade parroquial. O pasado día 15 de Agosto, festa da Asunción, celebrárona dez nenos e nenas.

A comunidade Parroquial, agradece ós seus pais, catequistas e cantos lles acompañaron durante estes tres anos no seu proceso de preparación.
Agardamos que agora, sobre todo os seus pais e padriños, sexan para eles estímulo e testemuño para que cada Domingo nos atopemonos na celebración da Eucaristía parroquial.

Así mesmo, lembrarlles que o seu proceso de iniciación cristiá non remata e o día 17 de Outubro de 6 a 7 agardámolos para continuar a catequese parroquial.

1,2,3... PLANIFICARSE PARA O NOVO CURSO

O reloxo corre sen se deter e estamos xa ante un novo curso pastoral. Este ano convídasenos a renovar a nosa fidelidade á Eucaristía dominical e revivir o Domingo como día do Señor e da asemblea parroquial eucarística como "carné de identidade" dunha comunidade evanxelizadora.

Convidámosvos a todos a ter en conta a vosa fe á hora de planificar as vosas actividades. Hoxe máis que nunca precisamos formarnos, celebrar e orar e testemuñar coherentemente, dentro das nosas limitacións, o que cremos.

De cara á catequese lembrar que:
- Luns: Nenos de 2º de Postcomunión (5º) de 6 a 7
- Martes: 3º de preparación á Primeira comuñón, de 6 a 7.
-Mércores: 1º de Postcomunión (4º) de 6 a 7.
- Xoves: 3º de Postcomunión (6º) de 6 a 7.
- Venres: 1º de Confirmación (1º de E.S.O) de 6 a 7
2º de Confirmación (2º de E.S.O) de 7 a 8.

Os nenos de 6 anos, que desexen facer a Primeira Comuñón, deben inscribilos os seus pais ou titores na Casa Parroquial (de 12 a 2 agás Mércores e polas tardes de 5 a 8) entre o 20 de Setembro e o 7 de Outubro, para iniciar 1º de Catequese de preparación á Primeira Comuñón.
Esta catequese será na casa. A primeira reunión para os pais é o día 15 de Outubro ás 20,30 h no Salón Parroquial (Avda. Caldas, 28 baixo).
Os nenos de 2º de preparación á Primeira comuñón son os que o ano pasado fixeron 1º e a primeira reunión para os pais será o día 16 de Outubro ás 20,30 h no Salón Parroquial.

Para adultos hai diversidade de grupos nos que un pode colaborar e participar na parroquia para alimentar e fortalecer a súa fe. Na porta de entrada do templo hai un panel con todos e os seus horarios e proximamente nesta páxina e na revista parroquial chegará ós seus fogares.

¡Se queres, contamos contigo!

24/07/2007

FESTAS PATRONAIS 2007

Un ano máis a nosa comunidade parroquial celebra as súas festas patronais. A Sociedade Artístico Recreativa "A Troya" encárgase da súa organización e a comunidade parroquial prepara con esmero a novena e celebracións litúrxicas na honra do noso patrono Santiago Apóstolo.

As celebracións dese día son as habituais dun día festivo: Celebración da Eucaristía ás 9,30 (castelán), 11 (galego), ás 12 procesión e logo misa solemne (Galego) e ás 8 da tarde (en galego).

Como é habitual, dende que en 1943 o Concello de Ponte Canedo se fusionou ó de Ourense, a Corporación municipal con todo o seu séquito acompañaranos nesta solemne celebración na honra do Patrón de Galicia e de España. A procesión ábrea a Cruz procesional, incensario e ciriales, seguidos da Real Banda de Gaitas e as bandeiras dos movementos de Acción Católica, de gran raigambre nesta parroquia. A continuación seguen as directivas das diferentes asociacións recreativas, culturais e veciñais do barrio, a comisión de festas e a raíña coas súas damas de honra. Lembrando que a nosa parroquia é porta do camiño de Santiago cara a capital de Galicia, onde repousan os restos do Apóstolo, un xoven vestido de peregrino, acompañado duns nenos con traxes rexionais, abre paso á imaxe do noso Patrón, unha fermosa talla de Santiago Peregrino, portado por devotos fregueses que, ano tras ano, lévana a ombros co seu acio de uvas (as primeiras uvas pintas dos, xa escasos, viñedos do contorno), en sinal de agradecemento pola agardada colleita. Segue o clero e demais ministros e a continuación a Corporación municipal, presidida polo Alcalde, a banda municipal e o pobo.

A procesión percorre as rúas de Avda. das Caldas, Ramón e Cajal, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. de Santiago e, novamente por Avda. das Caldas, regresa ó templo parroquial, regalo do Bispo Eustaquio Illundain, cuia primeira pedra colocouse o 30 de Xullo de 1910, coa presenza das autoridades relixiosas e civís (do Concello de Ponte Canedo) e inaugurouse o 28 de Novembro de 1920. A entrada realízase pola fermosa escalinata flanqueada polos membros da Real banda de Gaitas e ó son das melodías máis tradicionais da nosa terra.

Xa no interior comeza a celebración litúrxica, presidida por un dos copárrocos e animada polo coro Parroquial e os leigos que, durante todo o ano, desempeñan os diferentes ministerios de monitores, lectores e ministros extraordinarios da Eucaristía na comunidade parroquial coa participación gozosa de toda a asemblea.

Remata a celebración co himno ó Apóstolo e o canto, por tódolos presentes, do Himno Galego como testemuño de que fe e vida son dúas realidades que non se poden separar na existencia de todo pontino, e de todo crente.

Logo, nos locais da Asociación Artística Recreativa "A Troya" a rondalla Alecrín, de dita sociedade, ofrécenos un concerto e convídase ás autoridades a un viño español.

O día 26, festa de Santa Ana, a Parroquia (no marco incomparable das festas) honra ós seus maiores, os avós. A Eucaristía, presidida polo Sñr Bispo, Dn. Luis Quinteiro iniciarase ás 12 e o canto será animado pola rondalla Alecrín da Sociedade Artístico recreativa "A Troya".

Desexamos a todos os nosos fregueses e a cantos nos visitan unhas moi felices festas de Santiago 2007.

19/06/2007

UN CURSO PASTORAL QUE SE FOI

A reunión do Consello de Pastoral Parroquial, o Luns día 18 de 19,30 a 22,10 h., puxo fin oficial ó curso pastoral. Despois da oración, os membros do CPP valoraron a revisión do curso pastoral realizada polos diferentes grupos. Vese que a comunidade avanza na liña do seu proxecto pastoral; con todo, queda moito camiño por percorrer, por elo, das contribucións, concretamos algunhas propostas para o próximo curso pastoral. Agora o traballo non se detén, simplemente ralentízase un pouco. Todos os grupos e os seus responsables póñense nas mans de Deus para empezar a buscar, guiados polo Espírito, novas pistas para o próximo ano. Quédanos agardar a programación diocesana, pero dende a realidade xa estamos pensando na nova etapa.

A nosa gratitude de todos pola súa xenerosidade e a Deus que nos guiou, iluminou e alentaou. Que Santiago Apóstolo nos siga acompañando no noso peregrinar.

18/06/2007

¡¡¡QUÉ BEN TODOS UNIDOS!!!

O Sábado día 16 de Xuño ás 17 h. reunímonos no salón da Parroquia de Santiago das Caldas, 29 membros das Cáritas Parroquiais da Asunción da Nosa Señora, Cristo Rei, Vistahermosa, Nª Sª de Fátima, Sagrado Corazón e Santiago das Caldas. Tras un momento de oración reunímonos en grupos, formados por membros das diversas parroquias, para revisar o curso e facer propostas de cara ó ano que vén.
Foi unha xornada de convivencia nun clima de fe e fraternidade que é reflexo da identidade do noso ser de Cáritas Parroquiais que tratamos de vivir.
A xornada concluíu cunha celebración da fe, dirixida por Dn. Bruno e participada por todos e un ágape fraterno despedíndonos ata o inicio do próximo curso, satisfeitos por tentar ser instrumentos do amor de Deus para moitos irmáns e facelo, non en nome propio, senón das nosas comunidades parroquiais. Grazas pola vosa confianza e a Deus por seguir contando coa nosa pobreza para enriquecer a outros.

 

16/06/2007

EN VOS CONFÍO

Un ano máis rematou a novena ó Sagrado Corazón de Xesús coa participación numerosa e entusiasta de fieis. A nova xunta directiva pódese sentir orgullosa do seu traballo durante este ano no que, non só logrou actualizar a lista de socios e levar a cabo a labor de animación e distribución das follas de intención como sempre, senón organizar con gran solemnidade a Novena na honra do Sagrado Corazón de Xesús.

Cada tarde ás 20 h na Eucaristía notábase o calor dunha comunidade crente que cantaba con entusiasmo e participaba nas respostas e silencios da celebración con gran ledicia. Que o Sagrado Corazón nos ensine a amar e acoller e vivir o gran regalo que nos deixou: A Eucaristía. A Elconsagramos as nosas familias.


Santísimo Corazón de Xesús,
como nos mirades con misericordia e cariño,
consagrámosvos os nosos corazóns,
as nosas vidas,
e as nosas familias.

Coñecemos no exemplo
do voso fogar en Nazaret,
un modelo para cada unha das nosas familias.

Agardamos obter,
coa vosa axuda,
a unión e o amor forte e perdurable
que faga, de cada domicilio, un fogar.
.
Que os nosos fogares estean cheos de gozo.
Que o afecto sinceiro, a paciencia, a tolerancia,
e o respecto mutuo sexan dados libremente a todos.
Que as nosas familias sexan pequenas igrexas domésticas
e a súa oración común inclúa
as necesidades dos outros, non soamente as propias.

Que a Eucaristía dominical sexa o centro da vida
das nosas familias e alimento cotián do seu amor.

Bendicide a todos los presente
e tamén ós ausentes,
ós que se afastaron e ós que viven como se non vos coñecesen.
Regalade O voso amor tanto ós defuntos,
coma ós que peregrinamos cara a túa casa de Pai;
que a paz estea con nós,
e cando sexamos probados,
concedédenos a resignación cristiá
á vontade de Deus.
Mantede as nosas familias preto do voso Corazón;
que A vosa protección especial estea sempre con nós.
Sagrado Corazón de Xesús, en vos confiamos. Amén

 

"VINDE A UN SITIO TRANQUILO A DESCANSAR UN POUCO"

Un ano máis o curso pastoral remata as súas tarefas fortes e chega o momento de sosegar, no máis íntimo do corazón, todos os dons e grazas que o Señor nos regalou durante este curso. A entrega de tantos fregueses asumindo con corresponsabilidade admirable a súa misión na comunidade, a responsabilidade de tantos pais e nais acompañando ós seus fillos no proceso de catequese e participando nas reunións de pais, a fidelidade dun grupo de mozos ás súas reunións e á Eucaristía dominical, a acollida e preocupación polos máis desfavorecidos, tantos momentos de oración e celebración, as horas dedicadas á formación da nosa fe… Son moitas as grazas e camiños polos que Deus se achegou a nós. Agora ó final quizais nos quede un grazas a Deus e tantas persoas e unha chamada: ¡Seguídeme! Avanzamos, non todo o que nos gustaría, pero agardamos que Deus nos dea unha oportunidade máis para seguir medrando persoal e comunitariamente e que os que aínda non se atreven, dean un paso e digan, como en tantas celebracións dixemos ó Señor: Aquí estou.

Agora o traballo remite e moitos gozarán dun merecido descanso que desexamos reparador para o corpo e o Espírito. Que as vacacións sexan gratificantes e non esquezades que cada Domingo, alí onde vos atopedes hai unha comunidade crente que vos agarda. Seguiremos unidos aínda a distancia, cada Domingo ante o altar. ¡Felices vacacións!, nós seguimos aquí á vosa disposición.

Grazas Señor, grazas Nai, grazas irmáns.

 

OMNES OMNES EMPEZA A FALAR

A nosa Diocese está camiñando, cunha iniciativa pioneira, no seu proceso de informatización e poñer as novas tecnoloxías ó servizo do Evanxeo. Se Xesús chamou ós seus que eran pescadores e mandoulles "botade a rede" para pescar, agora nos chama a "botar a rede na rede".
A nosa comunidade, dende o primeiro momento, apuntouse a traballar no programa de xestión integral da vida parroquial e diocesana: OMNES, ese é o seu nome. Grazas ó traballo incansable dalgunhas persoas, e a colaboración doutras, demos pasos importantes e agora OMNES fálanos de como está a realidade da nosa comunidade. Non o di todo, pois aínda faltan persoas que non entregaron os datos para o censo, grupos que non entregan o acta das súas reunións… pero estamos en camiño e OMNES, ó final deste curso dinos:

PADRÓN PARROQUIAL

  • Activos: 5.339
  • Dados de baixa (por falecemento ou cambio de domicilio): 111
  • Homes: 2.514
  • Mulleres: 2.825

Por idades:

  • 0 a 6 anos: 230
  • 7 a 14: 596
  • 15 a 20: 376
  • 21 a 30: 550
  • 31 a 40: 765
  • 41 a 50: 965
  • 51 a 60: 542
  • 61 a 70: 454
  • 71 a 80: 485
  • 81 a 90: 258
  • Más de 90: 47

UNIDADES FAMILIARES: 698 (non están todas)

Por calles:

  • Adrio Menéndez : 8
  • Alejandro Pedrosa: 33
  • Alfredo Brañas: 43
  • Araceli Ancochea: 51
  • Atico Noguerol: 32
  • Avenida de las Caldas: 199
  • Avenida de Marín: 484
  • Avenida de Santiago: 359
  • Basilio Alvarez: 46
  • Beato Sebastián Aparicio: 85
  • Chabasqueira: 22
  • Eulogio Gómez Franqueira: 272
  • Feira Nova: 42
  • General Aranda: 294
  • Jesús Pousa: 51
  • José Antonio Moretón: 97
  • José Luis López Cid: 9
  • Mercado e Plaza Maestro Luis Fdez: 277
  • Plaza de la Marina: 28
  • Plaza Estación: 28
  • Ramón y Cajal: 76
  • Rey Soto: 60
  • Ribeiriño: 220
  • Rincón: 22
  • Río Arnoya: 153
  • Río Camba: 113
  • Río Cobas: 162
  • Río Mao: 99
  • Rosalía de Castro: 28
  • Rua das Travesas: 6
  • Rua do Tinteiro: 2
  • San Francisco Blanco: 103
  • San Froilán: 28
  • Salustiano Muñoz: 5
  • San Paio: 423
  • San Pedro Mezonzo: 70
  • San Rosendo: 619
  • Verea Vella: 47
  • Vicente Risco: 200
  • Victoria Kent: 20
  • Carretera de Vigo: 148
  • Rua D: 77
  • Plaza 200: 42
  • Francisca Herrera Garrido (non ten números)


SACRAMENTOS

  • Bautizos: 488
  • Confirmacións: 269
  • Expedientes matrimonio: 152
  • Matrimonios: 88
  • Defuncións: 287

INVENTARIO: O último é do ano 2005.

GRUPOS PARROQUIAIS: 43 (nenos e adultos). E moi importante saber que para aparecer como integrante dun grupo hai que estar no censo parroquial.

NÚMERO DE PERSOAS QUE COLABORAN EN GRUPOS: 247 (algunhas están en varios grupos)

NÚMERO DE NENOS E MOZOS EN CATEQUESIS, JUNIOR E MXAC: 478 (dos que 20 no figuran no censo)


ACTIVIDADES: 483 durante o curso 2006-2007 (hai que ter en conta que non todos os grupos entregaron a acta de tódalas súas reunións)

  • Valoración moi boa: 117
  • Valoración boa: 357
  • Valoración regular: 9
  • Valoración mal: 0

 

  • Altamente satisfactorio: 79
  • Satisfactorio: 401
  • Non satisfactorio: 3
  • Obxectivos sobrecumplidos: 52
  • Obxectivos cumplidos: 424
  • Obxectivos non cumplidos: 7


ACTAS ENTREGADAS

  • Catequistas Primeira Comuñón: 22
  • Catequistas de 4º: 26
  • Catequistas de 5º: 25
  • Catequistas de 6º: 17
  • Catequistas 1º de Confirmación: 25
  • Catequistas 2º de Confirmación: 23
  • Grupos Bíblicos (22 en total): 2º luns: 7; 2º martes: 8; 4º luns: 7
  • D.S.I.: 7
  • Reunións de pais: 24
  • Nenos/as de 6º de catequesis: 156
  • Nenos/as de Junior: 13
  • Xóvenes (MXAC): 30
  • A.P.X. (MXAC): 8
  • H.O.A.C. (25): Equipo 1: 12; Equipo 2: 13
  • Visitadoras: 5
  • Vida Ascendente: 11
  • Legión de María: 4
  • Equipo de Animación Misioneira: 3
  • Equipo de Liturxia: 12
  • Roperillo Eucarístico: 1
  • Cáritas Parroquial: 10
  • C.S.V.P.: 2
  • Encontros de Formación: 2
  • Charlas Cuaresmais: 1
  • Retiro Parroquial: 1
  • Equipo de Catequesis na Casa: 2
  • Ministerio da Comuñón: Copárrocos: 3; Economía: 1; CPP: 1

MEDIOS UTILIZADOS NAS REUNIÓNS E ACTIVIDADES: 45 (aquí se inclúen os materiais utilizados nas sesións de catequese cos nenos, nas reunións de catequistas e nas reunións dos diferentes grupos)

Grazas OMNES. Agardamos que pouco a pouco todos os que se consideran fregueses da parroquia déante os seus datos e ti poidas seguir nos axudando a albiscar por onde avanzar na nosa tarefa evanxelizadora.

Se non o fixeches aínda colabora con OMNES: Pide a folla de inscripción no censo parroquial e entrégala nas oficinas da parroquia. Todos cho agradeceremos e OMNES, pouco a pouco dirános máis cousas importantes para a misión da comunidade.

15/06/2007

JUAN NÚÑEZ VISITOUNOS

Juan Nuñez, atópase en Ourense gozando duns días de descanso cos seus, lonxe da súa misión nas terras de Etiopía. Convidado polo Equipo de Animación Misioneira, que colabora con él nun proxecto de formación de axentes de pastoral, compartiu con nós a súa vida e a súa fe presidindo a celebración da Eucaristía dominical. Logo no Salón presentounos, con máis detalle, o seu traballo e vida nunha apartada rexión de Etiopía onde por primeira vez anúnciase o Evanxeo. Foi un momento de compartir inquedanzas, e recibir, unha vez máis, o aire fresco que sempre nos chega da labor dos nosos misioneiros. Tras compartir unha sinxela comida o equipo fíxolle entrega do importe do proxecto financiado cos recadado mediante a venda de plantas realizada en Abril.
Despois de despedirnos, desprazámonos a Vilar dás Tres para acompañar á comunidade das Clarisas na profesión dunha das súas fillas. Pero antes, logo da revisión, presentóusenos o proxecto de traballo e distribución de responsabilidades para o vindeiro curso.

11/06/2007

O FINAL DO PROCESO. ¡NORABOA CONFIRMADOS!

O día 1 de Xuño ás 20 horas comezaba a celebración litúrxica das Confirmacións na nosa comunidade. Este ano, ós mozos e mozas da nosa parroquia sumábanse algúns de San Pedro de Cudeiro, da Purísima de Vilar dás Trés, de Lamela e de Sta Teresita. Ó seu lado os seus familiares, catequistas e sacerdotes das súas comunidades presididos polo Sñr. Bispo Dn. Luis Quinteiro Fiuza.

A nosa máis sincera e cordial noraboa ó Equipo de catequistas polo esmerado coidado e cariño con que prepararon e participaron activamente nesta celebración que sella o proceso da Iniciación cristiá destes mozos e mozas. Despois da celebración, un momento de convivencia ó redor dun viño servido e preparado por un equipo de señoras da comunidade no salón parroquial, serviu de colofón a este día de festa para a comunidade. Unha vez máis púxose de manifesto que colaborando todos segundo as nosas posibilidades, a fe faise vida e a vida crea ilusión e esperanza. Agora, como o Señor Bispo lles lembrabas no súa breve e fermosa homilía, queremos seguir contando con vós: "¿abandonaredes a Igrexa?... Se a Misa vos aburre e as cousas dos cura son un rollo, vinde e axudádenos a melloralas… queremos e precisamos contar con vós, tamén coa vosa rebeldía…". Con ese desexo agardamos que, despois do descanso veraniego, como vos convidaron os vosos compañeiros do MXAC, en Outubro contar con vós e cada Domingo temos unha cita con Xesús e a comunidade dos irmáns na Eucaristía. ¡Noraboa!

NOVENA NA HONRA DO SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS

O día 7 de Xuño comezou, organizada pola Asociación do Apostolado da Oración, a Novena en honra do Sagrado Corazón de Xesús. Ten lugar ás 20 h. coa celebración da Eucaristía e Exposición do Santísimo.

Ó longo deste ano a nova directiva da Asociación traballou con empeño en renovar e sacar adiante a Asociación. Hoxe contamos con 164 asociados e 54 persoas que iniciarán en Outubro a Adoración Nocturna no fogar. A nova directiva está integrada por Dña. Cesárea Menéndez, presidenta, Maricarmen Rodríguez Montes, secretaria, e María Jesús Blanco, como tesoureira.

Os asociados do Apostolado da Oración comprométense a orar todos os días polas intencións do Romano Pontífice, consagrando a súa vida diaria a Deus mediante o rezo da folla de intención que en Xaneiro entrégase a cada asociado; promover e practicar a devoción dos Primeiros Venres de mes e a adoración ó Santísimo, na nosa comunidade participando na Exposición dos Xoves.

A Novena remata coa Solemnidade do Sagrado corazón o día 15 de Xuño, eucaristía que será aplicada polas intencións de todos os asociados falecidos. Convidámosvos a todos a participar e deixarnos empapar polo amor de Deus manifestado en Cristo.

FIN DE CURSO PASTORAL E REVISIÓN

Co final de Maio as actividades parroquiais van chegando o seu final. Os nenos remataron as súas sesións de catequese e os grupos de adultos pouco a pouco o van facendo. Todos os grupos parroquiais afrontan nestes primeiros días de Xuño a tarefa de revisar o camiño andado. Ollar atrás, cos ollos da fe, é un medio de agradecer a Deus tantos dons como, por medio da nosa debilidade, a súa graza nos ofrece. Así mesmo tomar conciencia dos fallos axuda a buscar novos camiños e vencer o perigo de acomodarse na rutina.

Así, mentres preparamos a reunión do Consello de Pastoral do día 18 de Xuño, celebramos con gozo o camiño andado e agradecemos a Deus tantos dons recibidos a través do don xeneroso de si mesmos e do seu tempo, de tantas persoas da comunidade. E convidamos ós demais a poñer o seu grao de area para que a comunidade parroquial sexa iso: Comunidade que reflexa na súa vida, de modo sinxelo, o rostro do Evanxeo.

AGRADECENDO UN SERVICIO QUE É GRACIA

Máis de 60 persoas, membros de Vida Ascendente, Grupo de Visitadoras, Lexión de María, Roupeiriño Eucarístico e Vela no Templo, celebraron cunha Eucaristía e un café no Salón Parroquial o seu fin de curso pastoral.

O servizo calado de todas estas persoas e, as que non puideron participar ese día, é un don para a comunidade parroquial e un canle polo que, no medio das súas debilidades, fan que a graza de Deus siga chegando a todos nós. O noso agradecemento e a invitación a todos, tamén ós homes, a colaborar para o próximo curso.

Ó FIN HABERÁ CONVIVENCIAS DE VERÁN

¡¡Uff, o que custou decidirse!! Os nenos e nenas do Junior poderán gozar duns días de convivencia do 25 ó 29 de Xuño no Albergue de Vilar de Ordelles, no Concello de Esgos, acompañados dos seus educadores.

Así mesmo os mozos do MXAC poderán gozar da convivencia organizada polo Movemento a nivel diocesán do día 13 ó 19 de Xullo en Valdoviño.

 

01/06/2007

CURSOS DE VERÁN DA H.O.A.C.

A H.O.A.C. (Irmandade Obreira de Acción Católica) organiza uns cursos de verán en Salamanca os días 21 a 25 de xullo de 2007.Trátase dunhas xornadas abertas a militantes e simpatizantes nas que se convida á oración, reflexión, afondamento e diálogo sobre situacións concretas que vive o mundo obreiro.
Os días 21 e 22 axudarán á oración e reflexión as testemuñas de tres militantes de Almería, Segorbe-Castellón e Sevilla sobre a súa experiencia de traballo así como unha charla-reflexión dunha militante de Bilbao.
Os días 23, 24 e 25 tentarase afondar e dialogar sobre a exclusión social e a súa repercusión sobre o traballo.
Asimesmo, dentro dos cursos de verán, organízanse unhas xornadas para Consiliarios os días 16 a 20 de xullo de 2007 tamén en Salamanca.
A data tope de inscrición para ambas xornadas é o día 2 de xullo de 2007.
Todos aqueles que estean interesados e queiran recibir máis información poden se dirixir a:
HOAC- Comisión Permanente
C/ Alfonso XI, 4-3º
28014- MADRID
Teléfono: 917014085
Correo electrónico: difusión@hoac.es
Páxina web: www.hoac.es
Tamén podense informar na HOAC de Ourense chamando ó teléfono 988.211954 e preguntando por Maricarmen.
Que Xesús Obreiro nos axude no noso traballo e nos acompañe na nosa vida.

25/05/2007

OS "ENLACES DE PORTAL" REÚNENSE

O Mércores 23 de Maio reunímonos co grupo de persoas que colaboran coas visitadoras como "enlaces de portal". A súa misión é servir de ponte entre a visitadora do edificio e os veciños. Unhas 24 persoas de dúas en dúas, visitan ó longo do ano ós fregueses nos seus domicilios. As condicións de traballo, a mobilidade, a inseguridade ... fan difícil o acceso ós domicilios. Para paliar esta situación e manter información e proximidade entre a parroquia e os veciños e estes e a parroquia, unha persoa de cada edificio mantén contacto coa visitadora e infórmalle de cambios, axuda a manter actualizado o padrón, informa ós veciños das cousas da parroquia... Son un grupo importante de persoas as que axudan nesta labor e agardamos que cada día sexan máis, de modo que poidamos cumprir a misión que se confia superando o risco do anonimato a que nos leva o ser unha comunidade tan numerosa.

Moitas grazas pola vosa xenerosa colaboración e, como acordamos, para o vindeiro curso verémonos en Outubro e a final de curso agardando que, as que esta vez non puideron acudir, estean presentes.

16/05/2007

A PASCUA DO ENFERMO

24 persoas maiores e enfermas recibiron a Unción de Enfermos na Eucaristía parroquial o Domingo VI de Pascua (13 de Maio). Moitos deles acompañados polos seus familiares participaron con ledicia e emoción pedindo a Deus que os acompañe no camiño da súa enfermidade. Unha celebración que nos lembra que Cristo resucitado sae ó noso encontro tamén na enfermidade e ancianidade e temos de desterrar da nosa mente a idea da "Extrema Unción". Cada ún e a familia temos unha grande responsabilidade cando chega o momento no que as forzas fállannos e a saúde non nos permite participar na vida da comunidade cristiá. Se ún non pode ir á reunión a comunidade debe ir ó noso encontro e facilitarnos a asistencia dos sacramentos. Pero isto require que o interesado ou a familia o comuniquen.

Ese día os nenos e nenas do Junior foron os responsables de preparar a celebración da Eucaristía e axudarnos a todos a vivila.

CORDA ROTA EN VIGO

Din que "non hai como saír da casa para saber o que se ten nela".
O Domingo día 13 os mozos do Coro Parroquial desprazáronse a Vigo para participar no festival da Canción misioneira de Galicia, como gañadores da fase provincial. Corda Rota fixérono coa elegancia,
profesionalidade e bó facer de sempre neste festival non competitivo senón de exhibición e canto á misión.

Alí puidemos valorar o traballo extraordinario dos responsables da nosa Delegación de Misións e a gran altura e calidade do festival de Ourense: os medios técnicos, a organización, a posta en escea... ¡Noraboa a todos!

NA RECTA FINAL DO CURSO...

A Comisión Permanente do Consello de Pastoral Parroquial reuníronse o pasado día 8 de Maio para preparar os materiais para a revisión do curso pastoral 2006-2007. Ahora cada grupo, con calma e en clima de oración, dedicará ata primeiros de Xuño un tempo para revisar como avanzamos nos obxectivos que nos marcamos para este curso. Coas súas contribucións o Consello de Pastoral reuniráse o día 18 de Xuño para a revisión do Curso e facer as primeiras propostas para, durante o verán e unha vez que teñamos a programación diocesana, elaborar o proxecto borrador de Programación para un novo curso pastoral.


10/05/2007

¡¡¡FELICES 25 ANOS, DON LUIS!!!

Aínda que a data da súa ordenación foi o día 8 de Novembro de 1982 en Valencia de mans de SS. Xoán Paulo II, o día 9, véspera da festa de San Xoán de Avila patrono do clero secular español, o noso copárroco Dn. Luis celebraba os seus 25 anos de sacerdote.

Tras a súa ordenación e un fugaz paso pola Parroquia de Fátima, dedicou o seu ministerio á formación de Seminaristas no Seminario Menor ata que en 1995 foi destinado como Copárroco á Parroquia de Santiago das Caldas onde hoxe contamos coa súa entrega, a súa ledicia e o seu testemuño de fiel servidor do Evanxeo.

A nosa máis cordial e sincera felicitación e en Novembro celebrarémolo.

PEREGRINOS SOMOS...

O Venres día 4 de Maio, un nutrido grupo de fregueses atopámonos no Santuario de Nª Sª de Fátima convidados polos reitores do Santuario para celebrar a Eucaristía. Como sempre agradecemos a cordial acollida e o clima de celebración que, espléndidamente preparada polo equipo de liturxia parroquial, vivimos có cariño duns fillos que precisan o calor, o alento e o estímulo de tan boa Nai.

E case sen descanso o sábado únimonos ás demais parroquias do noso arciprestado Ourense-Norte para ir a Celanova a gañar o xubileo rosendiano.

Que San Rosendo e a nosa Nai nos guíen no noso peregrinar.

 

02/05/2007

CHEGA MAIO

O mes de Maio adicado a María chama ás nosas portas e con él a vida da comunidade afronta a recta final do curso pastoral.

O día 4 ás 9 da noite temos unha cita, toda a comunidade, no Santuario da nosa Señora de Fátima (O Couto). Os reitores do Santuario convídannos a celebrar a nosa fe baixo o amparo, sempre cariñoso, dunha comunidade acolledora e unha nai que nos guía e alenta no camiño guiándonos sempre cara ó seu Fillo e lembrándonos que a Eucaristía é o centro e culmen da nosa vida e misión.

E, sen tempo á tregua, o Sábado día 5 co Arciprestado ímonos a Celanova para gañar o xubileo rosendiano. O sábado día 29 de abril, unha trintena de catequistas da Parroquia participaron na vila de San Rosendo na Asemblea de Catequistas de Galicia e agora volvemos coas parroquias do noso contorno.

E as celebracións tíñense de festa e compromiso… Se o pasado 29 eran os nenos de 3º de Postcomunión os que celebraban o seu avance no proceso de Iniciación cristiá ante a comunidade, coa Misa de entrega do Noso Pai e petición de entrada no catecumenado de Confirmación, o día 6 son os de 1º de Confirmación os que celebran a entrega do Credo. E pronto comezarán as Primeiras comuñóns co seguinte calendario:

19 de maio, sábado (víspera da Ascensión) ás 20,00 horas: 4 nenos e nenas
20 de maio, domingo (Ascensión) ás 13,00 horas: 21 nenos e nenas
9 de xuño, sábado (víspera do Corpus) ás 20,0 horas: 7 nenos e nenas
10 de xuño, domingo (Corpus) ás 13,00 horas: 13 nenos e nenas
21 de xulio, sábado ás 20,00 horas: 3 nen@s
22 de xulio, domingo ás 12,00 horas: 6 nen@s
15 de agosto, mércores (Asunción) ás 12,00 horas: 10 nen@s

E cando remate o mes e apunte Xuño, o día 1 ás 20 horas, 54 rapaces da nosa comunidade parroquial, rematarán o seu proceso de Iniciación cristiá co Sacramento da Confirmación administrado polo Señor Bispo da Diocese Dn Luis Quinteiro Fiuza.

E pouco a pouco… grupo a grupo… iremos debullando as últimas accións da programación pastoral e preparando a revisión do curso, coa confianza de que a sementeira será regada pola gracia do Pai que, sen saber nós como nin cando, faráea xerminar.


27/04/2007

PLANTAS SOLIDARIAS

O pasado fin de semana, 21 e 22 de Abril, o Equipo de Animación misioneira parroquial celebrou a súa tradicional venda de plantas co fin de recadar fondos para financiar a formación de dous catequistas na Misión onde traballa o Ourensán Xoán Nuñez en Etiopía.

Unha vez máis a colaboración e solidariedade da nosa comunidade foi excelente. Dado que coincidía a actividade coa Convivencia de Confirmandos e os festivais Xuvenil e infantil da Cancion misioneira, moitas persoas voluntarias colaboraron cos membros do equipo para axudar na venda e outros moitos colaboraron adquirindo todas as plantas que se puxeron á venda. O resultado é que uns 1.100 € quedaron para colaborar ó proxecto.

Grazas e que sexamos misioneiros aquí e sempre solidarios cos de alá.

NORABOA: CORDA ROTA SOA BEN... 1,2,3...

O pasado Sábado día 21 de Abril o grupo Corda Rota da nosa Parroquia obtivo por terceiro ano consecutivo o primeiro premio do Festival da Canción Misioneira celebrado, este ano, no Auditorio Provincial de Ourense.

Só outro grupo, en anos atrás, logrou unha fazaña similar, o que fala do bo facer das nosas mozas e os seus directores Fernando e Epi. O mérito este ano faise maior pois practicamente todos os integrantes do grupo traballan ou estudan fóra, co cal é difícil atopar tempo para ensaiar.

Agardamos que sigades traballando, participando e representando á nosa comunidade con tanta ledicia e dignidade. Pero ademais, o que a veces non se sabe, é que o premio apórtano íntegro ás misións por medio do equipo de Animación Misioneira Parroquial. Así mesmo é un luxo contar coa súa colaboración na animación da eucaristía dominical, pois todos os membros do grupo forman parte do coro parroquial.

¡¡¡Noraboa!!!

 

16/04/2007

ANIMACIÓN MISIONEIRA CON ETIOPÍA

O Domingo día 15, entre o gozo e a nostalxia, Dn. Manuel Rodicio volvía á Misión Diocesana de Jipijapa (Ecuador) acompañado de Dn. Xosé Manuel Méndez, Vicario Parroquial da veciña comunidade de Sta. Teresita. Gozo porque a misión continúa, nostalxia porque Dn. Manuel era da casa e Dn. Xosé Manuel do Arciprestado. Dende aquí acompañarémolos coa nosa oración e a colaboración que poidamos e á que sempre estivemos abertos e seguirémolo estando como Equipo Parroquial de Animación Misioneira.

E o fin de semana que se aveciña vén cheo de actividades do propio equipo. Por unha parte nenos e mozos participarán no Festival Infantil e Xuvenil da Canción misioneira difundindo a mensaxe do Evanxeo coa súa música. Por outro lado o equipo está ultimando a súa tradicional acción para recadar fondos para a formación de catequistas en Etiopía. Este ano, a venda de plantas, celebrarase a tarde do Sábado e durante toda a mañá do Domingo no adro do Templo. Coa contribución de cantos queiran colaborar permitiremos a un misioneiro Ourensá, Xoán Núñez, seguir o seu programa de formación de axentes de pastoral na misión onde entrega a súa vida. Agardamos que todos sexades xenerosos.

POR FIN ¡¡¡HOUBO CONVIVENCIA!!!

Asemellaba que era imposible. Primeiro a dificultade de atopar lugar para pasar unha fin de semana cun prezo alcanzable á feble economía dos mozos. Logo a Visita Pastoral fíxonos cambiar as datas. E…, xa case nin pensabamos que se lograría. Pero o fin de semana do 14 e 15 de Abril fómonos a Rianxo, á casa que as Franciscanas poñen a disposición da labor pastoral de tantos grupos.

Nese marco incomparable de paz, de comodidade e boa e evanxélica acollida compartimos as nosas risas, a nosa pregaria e a nosa reflexión sobre "A Eucaristía, fonte de vida", en conexión coa programación diocesana.
Ó volver quedaba na nosa mente un desexo: ¡Volveremos a Rianxo!

¡¡¡FELICES PASCUAS!!!

Cunha notable participación desenroláronse as celebracións de Semana Santa. Nun clima de pregaria, meditación e recollemento foron moitos os membros da comunidade que viviron estes días participando nas diversas celebracións que se iniciaron o Xoves Santo pola mañá con Laudes e confesións durante toda a mañá. Xa pola tarde a Misa da Cea do Señor metíanos de cheo no Triduo Pascual. Durante 24 horas ininterrumpidas houbo quendas de vela ante o Monumento, horas santas, laudes… ata a celebración da Morte do Señor na tarde do Venres Santo. En silencio, xunto a María, reunímonos o Sábado para a pregaria de Laudes e un emotivo viacrucis elaborado polo Equipo de Liturxia sobre as lembranzas de María. Durante toda a mañá o templo estivo aberto para a pregaria, na soidade ante a cruz. Pola tarde, voluntarios e voluntarias da comunidade, traballaron duro para dispor o templo para a celebración da solemne Vixilia Pascual. Ás 10,30 da noite, e a pesar do preludio de treboada que disuadió a algúns, o templo abarrotouse de fieis para celebrar con gozo a resurrección do Señor.

Queda agradecer o traballo de tantas persoas que gratuíta e anonimamente nos axudaron a vivir a Coresma como camiño cara o gozo pascual: Equipo de Liturxia, todos os grupos que elaboraron, semana a semana, o Vía crucis, o grupo nutrido de fieis que Martes e Xoves reuníase para rezar laudes e orar ante o Santísimo, a ambientación con carteis e pancartas, o canto, a elaboración do Monumento, e a decoración pascual do templo… ¡¡Cristo resucitou, correde a noticia e vivide gozosos!! ¡Felices pascuas e grazas a todos!


31/03/2007

COORDINADORA XERAL DE NENOS DO JUNIOR

Os días 23, 24 e 25 de Marzo tivo lugar no albergue "A Esgaravita", ás aforas de Alcalá de Henares (Madrid), a reunión da Coordinadora Xeral de Nenos do Movemento Junior AC. Nela participan os nenos e nenas responsables diocesanos do Movemento, de cada unha das dioceses en onde está o Junior. O responsable na nosa diocese é Xosé, da nosa parroquia, que acudiu acompañado por un educador, e que xa coñecía as reunións da coordinadora, por ser o seu segundo ano como responsable.

Nesta ocasión o tema tratado foi a participación dos nenos na eucaristía, sempre co método de traballo do Junior, utilizando o xogo, cunha dinámica sobre un curso para aprendices de mago. Os educadores reflexionaron sobre o mesmo tema, de forma paralela ó traballo dos nenos.


13/03/2007

RETIRO PARROQUIAL: RECOÑECÉRONO Ó PARTIR O PAN

Unha cincuentena de fregueses da Parroquia de Santiago de As Caldas, reunímonos o pasado Sábado día 10 de Marzo para vivir unha tarde de retiro espiritual das 5 ás 8 da tarde.

Baixo o lema "Recoñecérono ó partir o pan" (Lc. 24,39) afondamos na nosa vivencia da Eucaristía no marco da Coresma 2007 e a programación pastoral Diocesana.

Saímos da Parroquia as 4,30 e as 5 iniciamos a nosa xornada de oración cunha meditación do pasaxe dos discípulos de Emaús. Seguiu unha hora de oración persoal en silencio. Despois dun breve descanso para convivir compartindo un café e biscoito, reunímonos de novo na Capela do Seminario para adorar e contemplar a Xesús Eucaristía. Ás 8 da tarde voltamos ás nosas tarefas agradecendo a Deus esta oportunidade de nos deixar mirar polo seu amor misericordioso e entrañable e reconfortados por haber "contemplado ó que traspasaron" (Xn.19,39) e sentido a súa presenza entre nós.
A nosa pregaria e gratitude a toda a comunidade do Seminario pola súa cálida acollida e o clima que un encontra para orar con sosego.

06/03/2007

VISITA PASTORAL DO SEÑOR BISPO

Cunha longa reunión de diálogo sobre a situación pastoral da Parroquia iniciábase o Xoves, 1 de Marzo ás 20 h, a visita pastoral do noso Pastor e Bispo, Dn. Luis Quinteiro Fiuza. Previamente todos os grupos e o equipo de Copárrocos reflexionaran sobre a mesma envíando un dossier de 80 folios sobre a realidade socio-relixiosa-pastoral da comunidade. Nel informábase ó prelado da situación, logros, lagoas e posibles retos que constatamos. Despois de unha cordial e cálida acollida, iniciouse a oración e un diálogo sinceiro e fraterno onde todos os representantes dos diferentes grupos da comunidade e o Sñr. Bispo compartimos as nosas inquedanzas e esperanzas. O Sñr. Bispo alentou a todos a seguir no seu empeño, agradeceu a súa colaboración e exhortounos a continuar sen lamentos a obra empezada confiando na graza de Deus.

A tarde do Sábado, día 3, os copárrocos e o Sñr Bispo tiveron unha longa conversa sobre a súa situación persoal, pastoral e a vida da comunidade e a sinatura dos libros correspondentes. Xa o Domingo, día 4, o Sñr. Bispo presidiu a liturxia dominical con todos os fieis. As 10,30 horas comezou a celebración co rito de acollida por parte do equipo de copárrocos e os monaguillos na porta do templo onde entrou o Señor Bispo mentres o coro cantaba "Un só rabaño, un só pastor". Tras unha breve oración e o saúdo do copárroco moderador e a resposta do Sr. Bispo, invocamos ó noso patrono Santiago e a continuación rezamos xuntos a Oración de Laudes. As 11,00 horas comezaba a Eucaristía coa liturxia do segundo Domingo de Coresma. Ás doce tivo lugar a segunda celebración coa participación dun nutrido grupo de nenos e mozos. Rematada a celebración os membros dos coros parroquiais e monaguillos compartiron un aperitivo co Sr. Bispo pasando logo o equipo pastoral da parroquia a compartir unha sinxela comida co Sñr Bispo, o seu secretario e os compañeiros sacerdotes que viven na casa parroquial.
Rematada a Visita, o Sr. Bispo deixounos uns retos que acollemos con fraternal cariño e desexo de facelos operativos: Estudar o proxecto de deseñar unha pastoral xuvenil-vocacional aberta, onde nenos e mozos con inquedanzas vocacionais teñan un espazo de discernimento, reflexión e pregaria que lles axude a madurecer os posibles xermolos; o estudo e profundización da Carta Apostólica "Novo Millennio ineunte" e o seguir promovendo a comuñón e a ampla e diversa labor pastoral da comunidade coidando o aspecto musical da liturxia, mimando ós coros que realizan esta labor e promovendo a participación da asemblea, así como coidar a relixiosidade popular e aqueles grupos que a promoven.

RETIRO PARROQUIAL

O próximo Sábado día 10, de 5 a 8 da tarde, no Seminario Maior teremos unha tarde de oración todos os membros da comunidade que desexen participar. O tema da oración será "Recoñecérono ó partir o pan". As persoas que desexen participar deben inscribirse antes do Xoves día 8 de Marzo.

E continuando coa preparación coresmal cara a Pascua, os días 12, 13, 14 e 15 de Marzo en horario de 4,30 a 5,15 e de 8 a 9,15, celebraránse as Charlas Coresmais e celebración penitencial para todas as persoas da comunidade que así o desexen. A primeira sesión (4,30 a 5,15) será no templo parroquial e a segunda (8 a 9,15) no Salón Parroquial. Ambas abordarán unha reflexión sobre o tema "Renovar a nosa vida cristiá dende as súas raíces. Os sacramentos da Iniciación cristiá". A primeira sesión será mais maxisterial; a segunda con traballo de grupos.

O VIACRUCIS

Dentro do programa de vivencia da Coresma, os Equipos de Cáritas o día 23 de Febreiro e os mozos da Parroquia o día 2 de Marzo, axudáronnos a vivir e meditar o camiño da Cruz con sendos vía crucis elaborados por eles mesmos.

 

Os demais grupos iránnos axudando nos Venres sucesivos ata chegar á Gran Semana dos Cristiáns.


28/02/2007

¡¡¡BENVIDO Ó FOGAR!!!

A nosa comunidade parroquial prepárase para acoller ó seu Pastor e Bispo Dn. Luis Quinteiro Fiuza á visita pastoral os próximos día 1 de Marzo ás 20 horas reuníndose co Consello de Pastoral Parroquial, o Sábado 3 co clero parroquial e o Domingo día 4 con toda a comunidade presidindo as celebracións da Eucaristía ás 11 e 12 da Mañá.

Durante toda esta semana na catequese, diferentes reunións de grupos e na oración da comunidade reflexionaremos e oraremos polo froito deste encontro fraternal para que nos confirme na fidelidade á fe apostólica e nos alente na comuñón.

A SECCIÓN DOS PANS

Uns setenta membros da comunidade participaron na terceira sesión aberta de "Lectio divina" celebrada no templo parroquial o pasado Xoves 22 de Febreiro.

A proclamación da Palabra, a súa explicación, meditación e oración axudounos a coñecer e vivir este momento de pregaria centrada na sección dos Pans do Evanxeo de San Lucas. A Palabra de Deus ilumínanos para vivir con maior profundidade a Eucaristía, obxectivo da programación diocesana deste curso.

Finalizada esta experiencia, con este terceiro encontro dos programados para este curso, temos que agradecer ós membros da comunidade a súa resposta e a colaboración xenerosa de lectores e cantores que contribuíron a dignificar a celebración. Agardamos que estas iniciativas nos axuden a valorar, coñecer e vivir con máis empeño da Palabra de Deus.

RENOVAR A VIDA CRISTIÁ

O pasado Mércores día 21 coa imposición da Cinza, a comunidade Parroquial iniciabamos o noso camiño coresmal cara a Pascua co desexo de renovar dende a raíces a nosa vida cristiá.
Un moi numeroso número de fieis participaron nas distintas celebracións sendo moi de destacar a participan de nenos e pais-nais na celebración da Palabra especialmente preparada para eles.
Que nos deixemos converter polo Señor e volvamos á comunidade dos irmáns.


08/02/2007

CURSIÑO DE CRISTOLOXÍA

Os días 27 e 28 do pasado mes de xaneiro, organizado pola HOAC de Ourense, celebrouse na Casa parroquial das Caldas un cursiño de Cristoloxía.

Participaron neste cursiño militantes da HOAC das dioceses de Ourense, Tuy-Vigo e Mondoñedo-Ferrol, así como simpatizantes do movemento da nosa parroquia.

Foi coordinado por Don Jorge Hernández Duarte, consiliario da HOAC das Illas Canarias, quen como clausura do cursiño, presidiu a eucaristía dominical das 13:00 horas.

Tratouse de dúas xornadas intensas de achegamento á figura de Xesuscristo nas que o ponente non deixou a ninguén indiferente pois logrou transmitir ós asistentes a súa paixón por Xesús, feito que foi valorado moi positivamente por todos os asistentes.


06/02/2007

SERVIR Á PALABRA CON CREATIVIDADE

Máis de setenta persoas participaron o pasado 30 de xaneiro no templo parroquial nunha nova celebración da Lectio Divina aberta a toda a comunidade.

Nun clima de proclamación, meditación, oración e compromiso afondamos no texto da carta ós Tesalonicenses.

Moitos dos asistentes manifestan o seu apoio a esta iniciativa que pretende espertar o gusto pola lectura, meditación, oración e acción celebrando a Palabra de Deus. Agardamos vernos de novo o próximo 22 de Febreiro, xa iniciada a Coresma, para celebrar a Palabra de Deus meditando a "sección dos Pans" en conexión coa programación pastoral deste curso que nos convida a afondar no sentido, vivencia e celebración da Eucaristía.

 

24/01/2007

EVANXEOS CANÓNICOS E APÓCRIFOS

Preto de 40 persoas reunímonos o Sábado, día 20 de Febreiro no Salón Parroquial de Santiago das Caldas para convivir, reflexionar e orar. As 4,30 comezamos este segundo encontro coa invocación do Espírito Santo e a continuación pasamos a un traballo de grupos. O obxectivo era compartir as nosas vivencias e preocupacións en torno ó tema "Evanxeos canónicos e apócrifos". Reunímonos en plenario para poñer en común a nosa reflexión e afondar naqueles aspectos que nos preocupaban: ¿Que son os evanxeos apócrifos? ¿Engaden algo á revelación? ¿Con que criterios a Igrexa escolleu uns e rexeitou outros? ...
Así mesmo coñecemos o contido dalgún dos Evanxeos apócrifos (Protoevanxeo de Santiago, Evanxeo de Xudas e de María Madalena). Despois dun café afondamos no papel da Palabra de Deus na vida do crente mediante unha Lectio divina-celebración sobre a pasaxe do "Xoven rico".
As 8 rematamos o encontro que foi valorado como moi satisfactorio por todos os asistentes.

PREPARANDO O CONSELLO DE PASTORAL

Ó longo destes días os diferentes grupos da Parroquia están preparando a reunión ordinaria do Consello de Pastoral que terá lugar o próximo día 15 de Febreiro. A revisión da marcha da programación, preparación da visita Pastoral, reflexión sobre a economía e a situación dos grupos, son os puntos fortes desta reunión. Así mesmo se está estudando o "Proxecto marco de Pastoral", é dicir, as liñas básicas que encadran o traballo pastoral de toda a comunidade e dentro do
cal debe desenrolarse a programación en comuñón coa Igrexa diocesana. Así mesmo os grupos ós que toca renovación do seu representante están en pleno proceso de reflexión en orde a elixir a outro novo e ó suplente.
Que María e Santiago Apóstolo nos guíen neste tarefa para dar un novo impulso á misión evanxelizadora da comunidade parroquial.

ORAR COA PALABRA DE DEUS

O próximo día 30 de Xaneiro ás 19,30 h no Templo parroquial, teremos unha nova experiencia de "Lectio divina" aberta a toda a comunidade baixo o tema "Servir á Palabra con creatividade" (1ª Ts.1,1-10). Despois da grata experiencia da primeira celebración agardamos que moitos fagan o esforzo de participar para celebrar a Palabra de Deus e acollela como fonte de vida e guía no seguimento de Xesús.

APOSTOLADO DA ORACIÓN

A Asociación do Apostolado da Oración prepárase para retomar as suas
actividades. As celadoras están de novo distribuíndo a folla de intención
e renovando o censo dos asociados en orde a reorganizar con novo impulso as actividades desta asociación tan numerosa e proveitosa para a comunidade parroquial.
Así mesmo o día 31 de Xaneiro ás 5 da tarde están convocados todos os asociados a un encontro para dar novo impulso á asociación e renovar a súa directiva.

Sagrado Corazón de Xesús, en vos confiamos.

05/01/2007

ENCONTRO DE MOZOS

O día 3 de xaneiro reuníronse na Casa Parroquial de Santiago das Caldas cerca de 40 mozos do MXAC (Movemento de Xovenes de Acción Católica ) e algúns animadores do Movemento. A xornada comenzou sobre as once e media da mañá e ó longo do día houbo espazos de traballo, de oración e de diversión.

Sobre as oito da tarde os mozos voltaron as súas casas despois de un día intenso de convivencia .

CONCERTO DE NADAL

Fieis á súa cita anual coa nosa Parroquia, Coral de Ruada ofreceu o día 4 ás 7,45 no Templo Parroquial o tradicional concerto de Reis. Coa maestría e bo facer de sempre deleitaron a un nutrido público que se deu cita para gozar das Panxoliñas de hoxe e de sempre.

Agradecemos a súa presenza entre nós un ano máis e agardamos vernos o ano que vén para cantar ó Neno.

VOLVER A EMPEZAR

O próximo día 8 comezan de novo as actividades pastorais da Parroquia despois do descanso de Nadal.

Agradecemos a colaboración de cantos prepararon con gusto e esmero a ambientación, Belén, e celebracións destas festas. Así mesmo contamos cun regalo "completamente anónimo" dun fermoso misterio. Á persoa que o donou a nosa gratitude e que axude a todos os membros da comunidade e cantos o contemplen a afondar no misterio do Nadal.

ENCONTRO DE FORMACIÓN

O próximo día 20 de Xaneiro de 16,30 a 20 h no Salón Parroquial celebraremos o encontro de formación intergrupal. O tema que desenrolaremos é "Evanxeos canónicos e apócrifos". Agardamos que todas as persoas dos grupos parroquiais e cantos participen en orde a coñecer os criterios polos cales a Igrexa elixiu uns escritos como normativos e rexeitou outros e que son, cantos son e que din os Evanxeos apócrifos.

O programa será o seguinte:
- 4,30: Acollida e invocación do Espírito Santo.
- 4,40: Traballo de grupos.
- 5,15: Posta en común e desenvolvemento do tema.
- 6,30: Café e descanso.
- 7: Oración "Lectio divina": Escoitar a Palabra.
- 8: Clausura.

29/12/2006

CURSIÑO DE CRISTOLOXÍA DA H.O.A.C.

A H.O.A.C. de Ourense organiza un cursiño co título de “Cristoloxía” que terá lugar os días 27 e 28 de xaneiro do 2007 nos locais da Casa Parroquial de Santiago das Caldas.

A este cursiño poderán asistir, ademais dos militantes do Movemento, todas aquelas persoas que se sintan interesadas. Para elo poderán inscribirse ata o día 13 de xaneiro nas oficinas da Casa Parroquial onde se dará mais detallada información.

 

21/12/2006

O ADVENTO QUE SE VAI...

A comunidade parroquial viviu con intensidade este tempo de preparación para o Nadal. O Equipo de Liturxia ambientou e coordinou a labor dos diferentes grupos que nos axudaron a celebrar e vivir con gozo a nosa preparación. As carteleiras, a coroa de advento, o material para colocar a coroa nos fogares parroquiais distribuído dentro da revista Diocesana Comunidade o primeiro domingo de Advento, os laudes e adoración do Santísimo os Martes e Xoves de 10 a 11,30, as Vésperas dos Mércores e, sobre todo, a Eucaristía dominical co rito de acendido da vela correspondente a cada semana, dispuxéronnos para acoller ó Señor que vén, conscientes de que a Eucaristía renova a nosa esperanza cada día.

As Visitadoras Parroquiais levaron a cada fogar a tradicional felicitación de Nadal e a revista que o Equipo de Cáritas elabora para informar de todo o seu labor e pedir a colaboración de todos os fregueses na Campaña de Nadal para constituír un fondo de diñeiro que permita facer fronte a todas as necesidades que ó longo do ano se nos presentan. Así mesmo na revista, o Equipo de Liturxia ofreceu a todas as familias unha fermosa catequese sobre o Domingo.

Non podemos esquecer a colaboración de nenos e mozos na Operación Quilo e a súa contribución solidaria, neste tempo, a favor dos máis empobrecidos.

Agardamos que o Señor que vén atope en cada corazón unha cálida acollida.

BÓ NADAL A TODOS

A Parroquia Santiago das Caldas
desexa a todos os seus fregueses que o Neno Xesús,
co seu infinito amor e bondade,
ilumine o voso fogar e o colme de bendicións.

BÓ NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO

 

CHEGA O NADAL

A nosa comunidade disponse a engalanarse para celebrar con gozo o Nacemento do Señor. Ós carteis e pancartas elaborados polo Equipo de Liturxia únese o Belén elaborado polos mozos da comunidade.

O día 25 celebrarase con solemnidade o Nacemento do Señor. A celebración solemne será na Misa de 12 co Belén vivente a cargo dos nenos de catequese de Primeira Comuñón.

O día 6 terá lugar ás 12 a tradicional Misa de Reis coa colaboración dos Mozos da comunidade Parroquial.

Agardamos e desexamos que todos vivamos estes días con intensidade e profundidade.

13/11/2006

O EQUIPO DE ANIMACIÓN MISIONEIRA PREPARA O NADAL

O Equipo parroquial de animación misioneira está preparando cos diferentes grupos de catequese, mozos e adultos da Parroquia a campaña de felicitación do Nadal ós nosos misioneiros e misioneiras.

Este ano enviaráselles unha foto dos membros de cada grupo que escribe cunha mensaxe.

Agardamos levarlles un pouco de alento desta comunidade a eles e agradecer o moito que deles recibimos nas suas cartas, visitas, testemuño e cariño.
E sobre todo esa lembranza, sempre necesaria, de que ser Igrexa é ser misioneiros.

CELEBRAR A PALABRA

O Xoves día 9 de novembro ás 19,30 horas vivimos unha experiencia nova na nosa comunidade: unha celebración de "Lectio divina" aberta a toda a comunidade.

Máis de cen persoas participaron nesta celebración nun clima de gozoso recollemento. Axudou o canto animado pola coral parroquial e participado por toda a asemblea e os comentarios feitos por diferentes lectores da comunidade.

Sen dúbida unha experiencia de celebración da Palabra que esperamos repetir pois cantos a viviron serán as suas mellores testemuñas.

MAGOSTO PARA TODOS

O Sábado 18 os nenos de pos-comuñón e Junior teñen previsto o seu Magosto no Seminario.

Mentres, ese mesmo día, os mozos do MXAC da Parroquia únense ó movemento diocesano para ir a Ribadavia-Filgueira a gozar da convivencia e as castañas.

Agardamos que o tempo os acompañe.

 

COMEZA A NOVENA DA MILAGROSA

O próximo día 18 de novembro comeza a Novena en honra da Virxe da medalla Milagrosa organizada pola asociación da Virxe Milagrosa.
A novena terase ás 19 h predicada por Dn. Luis Pérez González, copárroco de Santiago das Caldas.

Convidámosvos a todos a vir á escola de María, muller eucarística, para
aprender o arte do discipulado e crear unha comunidade verdadeiramente
fraterna e testemuñal.

Non esquezamos o consello da nai "Facede o que El vos diga"

03/11/2006

A CIDADE DO SILENCIO E A ESPERANZA: VISITA Ó CEMITERIO

Un ano máis, ás catro da tarde do 1 de Novembro, reunímonos no Cemiterio de As Caldas, presididos polo Bispo da Diocese, fieis das Parroquias de Santiago de As Caldas, Sta Teresita do Vinteún e Sta Ana do Pino, para orar polos familiares e amigos que repousan neste camposanto.

Como vén sendo tradicional son moitas as persoas que, ano tras ano, dámonos cita nesta véspera da conmemoración dos fieis defuntos para facer memoria dos seres queridos que pasaron á casa do Pai. Unha oración participada por todos cun profundo silencio meditativo que se eleva polos nosos seres queridos e renova a nosa esperanza no peregrinar por esta vida.

Que Deus o noso Pai lles dea o descanso e faga medrar en nós a fe e a esperanza na resurrección futura.

ESCOLA DE DOUTRINA SOCIAL DA IGREXA

Un ano máis iniciamos estes encontros de reflexión sobre temas de actualidade en orde a nos formar para dar razón da nosa esperanza (1Pe.3,15) no medio do mundo. Esta escola é aberta a toda persoa que desexe participar.

O temario deste curso e as datas serán as seguintes:
 Outubro, 31: 1) "A familia: o seu ser e o seu papel na transmisión da fe"
 Novembro, 28: 2) "O destino universal dos bens"
 Decembro, 19: 3) "Comensalidade humana, eucaristía e compromiso pola fraternidade"
 Xaneiro: Non hai.
 Febreiro:, 20: 4) "A eutanasia"
 Marzo, 27: 5) "Fe e política"
 Abril, 24: 6) "A muller na Igrexa"
 Maio, 22: 7) "A pastoral obreira de toda a Igrexa"

O horario habitual é de 20,30 a 10 h.

27/10/2006

ENCONTRO DE FORMACIÓN INTERGRUPAL

Unha media de 45 persoas asistiron ás dúas xornadas de reflexión celebradas no Salón Parroquial os días 23 e 24 de Outubro sobre o tema: Crise vocacional e misión dos leigos na Igrexa.

As xornadas comezaron cun momento de oración ó que seguiu un traballo de grupos que resultou moi interesante de cara a analiza-las causas da crise vocacional e o gran papel que os leigos están desempeñando e están chamados a desempeñar na Igrexa e na promoción das vocacións á vida sacerdotal e relixiosa.

Tra-lo traballo, seguiu unha posta en común e unha breve exposición en orde a coñece-la realidade da crise e afondar na identidade do presbítero segundo o Vaticano II. O segundo día afondouse na vocación Bautismal do leigo e nos diversos ministerios que están desempeñando e poden desempeñar na comunidade cristiá.

A valoración do encontro foi moi positiva en tódolos aspectos e todos nos comprometemos a formarnos e orar para que as familias valoren a misión do presbítero na comunidade e orar para que nenos e mozos acollan a chamada de Deus.

16/10/2006

OUTUBRO MISIONEIRO

O Equipo de animación misioneira da Parroquia está desenrolando unha ampla actividade en orde a alenta-la celebración do DOMUND.

O Equipo ademais de difundir carteis e publicidade preparou subsidios para a liturxia dominical e o Rezo do Rosario Misioneiro.

Así mesmo nesta semana prepará o Acto Eucarístico do Xoves e a Eucarsitía do Domund do próximo Domingo. Coincidindo co Inicio da catequese parroquial distribuíu a oración do DOMUND para que os nenos oren e colocou a "Hucha misioneira" nos salóns de catequese para que os nen@s que o desexen compartan algo dos seus aforros para axudar á labor evanxelizadora da Igrexa dos países de misións.

COMEZOU A CATEQUESE DE INFANCIA

Cos nenos de 2º ano de pos-comuñón comezou o curso de Pastoral de catequese 2006-2007. E progresivamente iránse incorporando tódolos demais: Os de 3º de preparación á Primeira Comuñón o Martes 17; primeiro de pos-comuñón o Mércores 18; terceiro de pos-comuñón o Xoves 19;
todos eles ás 6 da tarde.

Os de Primeiro ano de Confirmación comezan o Venres de 6 a 7 da Tarde e os de segundo ano de 7 a 8, o mesmo día.

Os grupos de Mozos comezan o Venres día 20 de 8,30 a 9,30 da tarde.

Así mesmo comezan as reunións de pais: os de 1º de Catequese na Casa, que inician este ano a preparación á Primeira Comuñón reúnense o Luns ás 8,30 e os de segundo de Catequese na Casa (segundo ano de preparación á Primeira Comuñón), o Martes ás 8,30. Pola súa parte os de terceiro de Preparación á Primeira Comuñón, o Mércores ás 8,30.

Que Santiago Apóstolo nos alente nesta nova etapa e María a nosa Nai nos axude a ser mellores discípulos de Xesús.

10/10/2006

ENCONTRO DE INICIO DE CURSO DA HOAC DE OURENSE

O pasado 30 de setembro os equipos de militantes da HOAC de Ourense celebrámo-lo inicio do novo curso cun encontro de oración, reflexión e convivencia.

Despois dunha oración sosegada e vivida con intensidade, compartímo-la comida e durante a sobremesa charlamos animadamente sobre o que agardamos que sexa o novo curso.

A este encontro tamén se incorporaron algúns simpatizantes e antigos militantes o que aportou un maior entusiasmo a tódolos asistentes.

CONSELLO DE PASTORAL PARROQUIAL

O pasado día 4 de Outubro reuníronse os membros do Consello de Pastoral co obxectivo de aproba-la programación pastoral do curso 2006-2007.

A reunión comezou ás 20 h coa invocación ó Espírito Santo. Seguidamente abordouse o debate das propostas feitas polos membros dos diferentes grupos ó proxecto de programación pastoral. Finalmente, tras incorpora-las propostas asumidas, aprobouse a programación pastoral
do curso 2006-2007.

Rematou a reunión co informe económico a 31 de Agosto de 2006 e cun canto á Santísima Virxe, cuia graza invocamos para levar adiante os nosos proxectos. Concluíuse a reunión ás 22 horas.

Que Santiago Apóstolo aléntenos para levar adiante todo o que, confiando na graza de Deus, aprobamos.

PRESENTACIÓN DO CURSO BÍBLICO

O xoves día cinco de outubro ás 20,30 horas presentouse o traballo dos grupos bíblicos deste curso 2006-2007.

O tema de lectio divina será "San Lucas o Evanxelista da tenrura de Deus".

Nótase que estamos a comezo de curso e aínda faltaron moitas persoas que habitualmente participan.Trala presentación do tema "O Evanxeo de Lucas", presentouse o primeiro tema: "O Fillo pródigo". Todo elo nun clima distendido e cordial.

Agardamos que a Palabra de Deus nos ilumine no camiño e que experimentemos e practiquémo-la tenrura entrañable que Deus practica con nós.

21/09/2006

ESTUDIO DO PROXECTO DE PROGRAMACIÓN PASTORAL

Desde o día 18 de setembro os diferentes grupos da Parroquia están a traballa-lo Proxecto de Programación Pastoral para o curso 2006-2007.

Tra-la presentación da programación diocesán presentáronse as propostas comúns a tódolos grupos de xeito que todos completen, engadan, modifiquen, quiten…..aquelo que consideren oportuno para conseguilos obxectivos propostos.

O proxecto de programación parroquial nace da revisión do curso anterior e das propostas diocesáns. Coas propostas e modificacións de tódolos grupos o Consello de Pastoral Parroquial elaborará e aprobará a programación para o curso 2006-2007 na súa reunión ordinaria do día 4 de outubro.

INÍCIASE A INSCRIPCIÓN Á CATEQUESE

Xa comezaron os pais a inscribir ós nenos de 6 anos (os que inician primeiro de primaria) para inicia-lo proceso de preparación á primeira comuñón.

A actividade deste curso comeza coa reunión de Pais o día 16 de Outubro ás 20,30 h. no Salón Parroquial. Nesa reunión explicarase a dinámica de traballo de Catequese na casa e entregaránse fichas para os nenos e o guión para os pai.

 

¡Benvidos á comunidade para retoma-lo voso proceso de Iniciación cristiá!

16/09/2006

PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE PROGRAMACIÓN PASTORAL

O día 11 de Setembro ás 20 horas os responsables dos diferentes grupos parroquiais da Parroquia de Santiago das Caldas, reuníronse no Salón Parroquial para a presentación do Proxecto de programación pastoral do curso 2006-2007.

Comezouse cunha breve oración invocando ó Espírito Santo, para que sexa o verdadeiro protagonista da tarefa evanxelizadora. Logo presentouse a programación Diocesana e o proxecto parroquial para levala a cabo.

Agora quedan quince días onde os diferentes grupos analizarán os obxectivos e medios propostos, adaptándoos, concretándoos, corrixíndoos, engadindo novas propostas ou modificando outras. Con todas as súas contribucións o Consello de Pastoral que se reunirá o día catro de Outubro terá a misión de aprobar a programación Pastoral do Curso 2006-2007.

 

www.santiagocaldas.org © 2017 Parroquia de Santiago
Avda. de las Caldas, 28. 32001 Ourense
info@santiagocaldas.org (+34) 988 211 954