Inicio Horarios Contactar

Presentación
Onde estamos
Historia
Programación 2017-2018
Horarios
Organización
Publicacións
Ligazóns
Noticias
Curso 2017-2018
Curso 2016-2017
Curso 2015-2016
Curso 2014-2015
Curso 2013-2014
Curso 2012-2013
Curso 2011-2012
Curso 2010-2011
Curso 2009-2010
Curso 2008-2009
Curso 2007-2008
Curso 2006-2007
Curso 2005-2006
Curso 2004-2005
Curso 2003-2004

AxendaAmosar axenda completa

En castellano

04/12/2005

CONVIVENCIA DE CONFIRMANDOS

Os días 6 e 7 de Maio tivo lugar no albergue dos Salesianos en Allariz a convivencia de confirmandos do Arciprestado Ourense-Norte. Asistiron 31 mozos, 6 monitores e 2 sacerdotes. Tratouse o tema de bullying (problema que lles afecta directamente, pero dándolle un enfoque cristián), houbo visita ás clarisas e a Valverde, onde se tivo unha eucaristía cos enfermos; ademais xogouse e bailouse, fíxose un rastrexo por Allariz... En fin, dous días de convivencia, amizade, risas e oración, porque en medio de todo elo estaba o mellor amigo, Xesús, que o 3 de Xuño lles enviou o Espírito Santo.

 

04/12/2005

MAGOSTO M.J.A.C. E H.O.A.C.

Durante os días 19 e 20 de Novembro os mozos do M.J.A.C. da parroquia marcharon de Magosto. Como xa ven sendo tradición o lugar escollido foi Carracedo (A Peroxa).

Saímos o sábado 19, a iso das catro da tarde. Este ano apuntáronse moitos dos "novos" polo que ó final estaban case 35 persoas para cenar e durmir esa noite, todo un récord que agardamos que teña continuidade.

O primeiro, o de sempre, limpar a fondo toda a casa; por certo, este ano decatámonos dunha cousa nova: Segundo un estudo dunha prestixiosa institución, os morcegos da sala escura, voan en zig zag por un motivo: son os de Bacardi... e claro, xa se sabe, hai que facer imaxe de marca.

Pola noite despois de cenar houbo tempo para todo, xa que máis dun non usou o saco máis que para ocupar sitio; aínda que pola contra outros estivérono buscando toda a noite; cousas da "Santa Compaña".

Esta vez como había moitos rapaces que participaban por primeira vez, incluído o noso o noso novo "xoven" D. Javier, tocoulles a eles "sufrir" os castigos en forma de xogos que os "vellos" maquinaran pola tarde. Ó final pasámolo todos moi ben e fomos espertados polo "canto do Galo".

Pola mañá, a historia de sempre; olleiras xigantescas, pelos tolos, voces celestiais... Almorzo rápido e pouco a pouco van chegando os outros participantes da fin de semana, os nosos "maiores" da H.O.A.C., aos que se vía moito máis frescos e con mellor cariña...

Despois de asistir á demostración dunha vital proba científica (nunca mesturedes Mentos con Coca-Cola), colaboramos na celebración da Eucaristía no templo parroquial.

Ó rematar a Eucaristía sentámonos todos xuntos a gozar dunha fantástica comida preparada polos integrantes da H.O.A.C., que se encargaron de servir a todos. Aínda que pareza incrible, cada ano logran mellorar ó anterior, sobre todo en calidade, xa que tanto o churrasco como os postres, non desmerecían a ningún restaurante de cinco garfos (e catro coitelos). Noraboa ós cociñeir@s.

Despois, na sobremesa veu probablemente o mellor de toda a fin de semana; aproveitando a presenza de dous gaiteiros de luxo, houbo un gran momento de intercambio e entendemento entre todos; para que logo digan que os mozos e mociños non son capaces de pasalo ben xuntos; música, cancións, contos...

En fin, que a iso das seis da tarde, aínda que o corpo pedía mais, houbo que empezar a se retirar xa que algúns dos mozos aínda tiñan que facer quilómetros para marchar aos seus centros de estudos.

FESTA DE MAGOSTO DOS NENOS

O pasado día 19 de Novembro os nenos de 4º, 5º e 6º de catequese da parroquia, e os nenos de Junior de toda a diocese marcharon de magosto ata o Seminario Menor.

Aínda que o tempo ameazaba con non nos deixar moitas ledicias, permitíusenos chegar a destino sen nos mollar en exceso.

Unha vez alí ata a hora de comer pasámolo de medo xogando a todo tipo de xogos; como ó fútbol, ó pano, á comba..

Á hora da comida, todos xuntos, compartimos o que traiamos para comer. Despois de comer asamos as castañas e de paso, nos maquillamos adecuadamente como esixía a ocasión (para desgusto de moitas nais e lavadoras).

O regreso foi bastante rápido a pesar de que xa viñamos rendidos de tanta actividade. Agora tocaba ducha e estropaxo, ja ja ja...

 

31/10/2005

ENCONTRO DE FORMACIÓN INTERGRUPAL

Durante os días 24 e 25 do pasado mes de Outubro celebrouse o primeiro encontro de formación intergrupal deste curso na casa parroquial, sobre o tema "O Apocalipse", con relatorio de D. Manuel Rodicio Pozo e ó cal asistiron unha media de 40 persoas.

O encontro desenrolouse mediante unha exposición do tema e un traballo de grupos, para finalizar coa posta en común e unha oración.

 

"FE E CULTURA" COA H.O.A.C.

A Irmandade Obreira de Acción Católica (H.O.A.C.) organizou un cursiño co título "Fe e Cultura" durante os días 15 e 16 de Outubro, ó cal asistiron militantes do Movemento de Ourense e Vigo e algúns simpatizantes convidados.

O cursiño foi dirixido por Anxo, un militante de Zaragoza, quen desenrolou varios relatorios e un traballo de grupos. Compartíuse a comida e a cena e finalizouse asistindo á celebración da eucaristía na parroquia.

COMEZARON OS CURSOS BÍBLICOS

O pasado 6 de Outubro tivo lugar o encontro de presentación dos cursos bíblicos na parroquia.

O poñente foi D. Manuel Rodicio Pozo, experto en biblia e actual delegado diocesano de misións, quen fixo unha introdución ó tema que se tratará este curso: "Cartas de San Paulo ós Corintios e ós Tesalonicenses"; utilizando materiais da Casa da Biblia e unha presentación en Power Point.

Ó encontro asistiron 58 persoas, que continuarán o curso nos seus respectivos grupos.

 

08/10/2005

INICIO DE CURSO

O novo curso comeza e con el fano tamén os traballos na parroquia.

Un deles foi a preparación e o dobrado da revista parroquial "Parroquia en Camiño", que as visitadoras encargaranse de distribuír por toda a parroquia durante a primeira semana de Outubro.

Na revista, que se pode descargar na sección de publicacións, inclúense todas as actividades que se realizarán, os horarios de catequese, de reunións de grupo e unha invitación a todos a participar. Hai sitio para todos, e toda colaboración, por pequena que sexa, é ben recibida.

Agradecemos que cada cal facilite o traballo das visitadoras no que poida, dado que é unha tarefa difícil. Simplemente abrindo a porta do portal xa estamos colaborando.

O día 2 de Outubro ás 12 da mañá celebrouse a eucaristía de inauguración do curso 2005-2006. Este ano contamos cun novo vicario parroquial, D. Javier Arce Rodríguez, que substitúe a D. Paco Pernas, que este curso estará en Roma completando os seus estudios.

Empecemos con gañas, porque hai moito traballo por facer.

 
www.santiagocaldas.org © 2017 Parroquia de Santiago
Avda. de las Caldas, 28. 32001 Ourense
info@santiagocaldas.org (+34) 988 211 954