Inicio Horarios Contactar

Presentación
Onde estamos
Historia
Programación 2017-2018
Horarios
Organización
Publicacións
Ligazóns
Noticias
Curso 2017-2018
Curso 2016-2017
Curso 2015-2016
Curso 2014-2015
Curso 2013-2014
Curso 2012-2013
Curso 2011-2012
Curso 2010-2011
Curso 2009-2010
Curso 2008-2009
Curso 2007-2008
Curso 2006-2007
Curso 2005-2006
Curso 2004-2005
Curso 2003-2004

AxendaAmosar axenda completa

En castellano

11/10/2004

FESTAS DE SANTIAGO APÓSTOLO 2004

Festas do Santiago 2004O día 25 de Xullo, con motivo das festas do barrio, celebrouse a misa solemne coa súa xa tradicional procesión polas rúas do barrio, á que asistiron as autoridades da cidade e a comisión de festas.

Ó final da mesma e antes de entrar no templo realizouse unha ofrenda floral ante o busto de D. Xesús, párroco emérito desta parroquia falecido recentemente.

 

VENDA DE PLANTAS DE ANIMACIÓN MISIONEIRA

Venta de plantasOs días 19 e 20 de Xuño os integrantes do Equipo de Animación Misioneira da parroquia realizaron a súa xa tradicional acción para recadar fondos de cara ó financiamento dos seus proxectos.

O grupo optou pola venda de plantas estes dous días, aínda que xa realizara en días anteriores un rastrillo de abaloiros e complementos.

Os beneficios obtidos irán destinados a un proxecto de formación de catequistas en Ecuador.

 

 

21/05/2004

XORNADAS ABERTAS DA HOAC

Entre o 24 e o 28 de Xullo celebraranse en Salamanca as Xornadas Abertas organizadas pola HOAC no marco dos seus Cursos de Verán 2004 co lema "Vivi-la comuñón na realidade cultural do mundo obreiro". Estas xornadas divídense en Xornadas de oración e reflexión (24 e 25 de Xullo), co tema "Queremos orar dende as experiencias de comuñón vividas polos militantes" e Xornadas de afondación e diálogo (26, 27 e 28 de Xullo), co tema "O consumismo: interrogantes e dificultades que hoxe nos suxire ó noso compromiso evanxelizador".

Máis información e inscricións na secretaría parroquial e en www.hoac.es.

 

17/05/2004

35 ANIVERSARIO DA CANCIÓN MISIONEIRA

O sábado 15 e o domingo 16 de Maio celebráronse no Pazo dos Deportes "Paco Paz" os festivais xuvenil e infantil da canción misioneira, nas súas edicións número 35 e 26, respectivamente.

Baixo o lema "Canta e camiña con alegría", nove grupos de xóvenes e quince de nenos interpretaron as súas cancións, sempre nun clima de amizade e espírito misioneiro.

A participación da nosa parroquia materializouse nos grupos "Corda rota", que obtivo o segundo premio do festival xuvenil coa canción "Contigo fago camiño", e "Picariños da Ponte", que gañou o festival infantil ó acada-lo primeiro premio coa canción "Camiña e canta". Esta canción tamén recibiu o premio á mellor música, composta por Epi Nóvoa.

Noraboa a todos.

ENCONTRO INTERDIOCESANO

O día 1 de maio tivo lugar en Santiago de Compostela o Primeiro Encontro Interdiocesano de nen@s do Movimento Junior de A. C. de Galicia.

A dito Encontro asistiron 46 nen@s, 20 da Diocese de Ourense e o resto das Dioceses de Tui-Vigo e Mondoñedo-Ferrol, acompañados por 14 educadores e pola Responsable Xeral de Nen@s do Movemento, que viaxou dende Madrid para acompañalos.

Ó longo do día houbo xogos, comida en común, visita a Santiago e unha pequena celebración de Pascua, antes da despedida e o regreso a casa.

Foi unha xornada intensa pero á vez participativa, leda e divertida.

 

Anteriores

FALECEU DON XESÚS

O día 4 de Abril de 2004 Monseñor, Xesús Pousa Rodríguez, que foi Párroco de Santiago das Caldas dende 1949 a 1990 descansaba na paz do Señor.

Toda a comunidade parroquial sente a partida de quen foi un pastor celoso e preocupado polos seus fregueses, insigne apóstolo do mundo obreiro e socorro dos pobres. Dende a fe e a esperanza na Resurrección damos gracias a Deus pola súa entrega exemplar e agardamos que dende a Casa do Pai siga velando con amoroso e solícito coidado por esta que foi e segue sendo a súa comunidade Parroquial.

Descansa en paz que as túas obras acompáñante.

XORNADA SOBRE A H.O.A.C.

O día 21 de Marzo de 2004 celebrouse na casa parroquial de Santiago das Caldas a xornada sobre a historia e vida da Irmandade Obreira de Acción Católica (H.O.A.C.), á que asistiron militantes e iniciandos da H.O.A.C. de Ourense, así como persoas achegadas.

Gaudencio, consiliario da H.O.A.C. de León, impartiu o cursiño de 10 a 14 horas da mañá, que rematou cunha comida de fraternidade.

O próximo 24 de Abril celébrase o día da H.O.A.C., co lema "Pola dignidade da persoa no traballo"

SEMANA SANTA

CarteleiraMonumentoO Domingo de Ramos celebrouse a procesión con gran afluencia de público. No Triduo Pascual cabe destaca-la celebración da misa da cena do Señor, o Xoves Santo, preparada polo equipo de Cáritas Parroquial. A continuación, numerosos fieis oraron ante o Monumento. O templo permaneceu aberto dende ese momento ata a celebración da morte do Señor o Venres Santo, preparada polo equipo de Liturxia e animada con imaxes da película "A Paixón". Os xóvenes realizaron a vela do templo durante a noite do Xoves ó Venres. O Sábado Santo pola mañá celebrouse o Viacrucis da luz, preparado polo equipo de Liturxia. Ás 22,30 h tivo lugar a solemne Vixilia Pascual co templo abarrotado de fieis.

CONVIVENCIA CO NOSO PASTOR

O día 26 de Marzo o noso Bispo D. Luis Quinteiro Fiuza, acompañado do Vicario de Pastoral D. Xosé Pérez Domínguez compartiron co Equipo de Párrocos desta comunidade e o diácono unha tarde de diálogo e convivencia que culminou a celebración da Eucaristía Parroquial. Unha iniciativa para coñecernos e convivir sen dúbida digna de repetila e ampliala ós equipos responsables da comunidade.

A última hora D. Adelino, secretario particular do Sr. Bispo uníuse a este encontro.

HAI MÁIS LEDICIA EN DAR QUE EN RECIBIR

O día 26 un pontino, membro desta comunidade D. Luis Cachaldora Gago, que está formándose na comunidade dos Misioneiros Espiritados, voaba ó corazón de África a realizar unha experiencia misioneira. A nosa noraboa e oración para que sexa enriquecedora e un paso máis no seu camiño vocacional. Que Santiago Apóstolo e María te acompañen e nunca esquezas: “Hai máis ledicia en dar que en recibir”.

O SEMINARIO CORAZÓN DA PARROQUIA

Con motivo do día do Seminario no marco do Bicentenario o Tríptico elaborado para sensibilizar ás comunidades de que o Seminario é e debe ser o corazón da vida da Diócese, estivo presente na nosa comunidade. Un signo que nos lembraba que o Seminario somos todos.

Pero o máis interesante foi a presencia de seminaristas e formadores en diferentes momentos da vida parroquial compartindo a súa vida e experiencias.

O GRAN DE TRIGO DÁ FROITO

O xornal o Correo Galego prepara a edición dunha publicación sobre os fillos predilectos dos nosos “Concellos”. D. Xesús Pousa, que foi durante tantos anos Párroco desta comunidade, e a quen desexamos unha pronta recuperación da súa enfermidade, terá un espacio (ben merecido) nesa publicación. Sen dúbida “o gran de trigo dá froito”.

RETIRO PARROQUIAL

53 membros dos grupos Parroquiais participaron o día 20 de Marzo no mosteiro das Clarisas Reparadoras de Vilar de Astrés nunha tarde de retiro parroquial. Este encontro de oración sitúase dentro da Programación coresmal como preparación para a Pascua. O lema “Señor, ¿que queres que faga?” guiou a tarde de reflexión. Ó clima de silencio e pregaria uníuse o exquisito trato e acollida da comunidade e ó seu testemuño de oración compartida. A experiencia foi valorada como moi enriquecedora por parte de tódolos asistentes.

CHARLAS CORESMAIS

As charlas de reflexión coresmal foron seguidas por máis de 250 persoas da comunidade. O Maior número, arredor de 200 persoas, acudiron ás 4,30 da tarde. A esta hora as charlas foron dirixidas por D. Manuel Rodicio Pozo, Delegado Diocesano de Misións e profesor de Antigo Testamento no Centro Teolóxico seguindo as Cartas a Timoteo: Reaviva o carisma, centralidade de Cristo na vida cristiá e a Palabra de Deus na vida do crente. Na modalidade da noite foron dirixidas por D. Román e Dª Mila, matrimonio Delegados Diocesanos de Familia e membros dos ENS convidaron ós asistentes a reflexionar sobre a vocación cristiá e a conversión. Nesta modalidade é destacable a aportación dos asistentes nos traballos de grupos e diálogo así como o clima da celebración do perdón.

PASIÑO A PASIÑO

Os grupos de Catequese de preparación á Primeira Confesión e Comuñón celebraron un paso máis no seu proceso catequético ante e con toda a comunidade.

  • 1º en Casa: O día 18 de Xaneiro coa entrega das oracións do Cristián 1º
  • 2º en Casa: O día 25 de Xaneiro coa entrega das oracións do Cristián 2º
  • 3º de Catequese: Petición de Primeira Confesión e Comuñón o día 15 de Febreiro coa entrega do tríptico coas respostas da Eucaristía.

Os de Confirmación de 2º ano celebraron a petición deste Sacramento na Eucaristía do día 8 de Febreiro.

Os grupos de Pos-Comuñón celebrarán o seu avance coa comunidade:

  • 4º de Catequese: Coa entrega dos Mandamentos o 14 de Marzo
  • 5º de Catequese: Coa entrega dos Sacramentos o 25 de Abril
  • 6º de Catequese: Coa entrega do Noso Pai o 9 de Marzo
  • 1º de Confirmación: Coa entrega do Credo o 18 de Marzo

REUNIÓN DO CONSELLO DE PASTORAL PARROQUIAL

O C.P.P. reuníuse en sesión ordinaria o día 11 de Febreiro de 8 a 10:30 da tarde. Revisouse a marcha do curso destacando os logros, as lagoas e propostas das accións realizadas. Percíbese bo ambiente nos diferentes grupos e traballo. Realizáronse algúns reaxustes e pídese ós grupos que revisen agora as propostas.

O representante do Equipo de Economía presentou o informe económico e os orzamentos e proxectos para o exercicio 2004 e todos deron o seu visto e prace.

Traballarase por organizar ós nenos de catequese de modo que poidan recoller e face-las súas contribucións ó Consello directamente, non só por medio do Junior ou das súas catequistas.

REVISTA PARROQUIAL

Saíu un novo número da revista parroquial "Parroquia en Camiño", que as Visitadoras Parroquiais distribuíron a tódolos veciños da Parroquia. Xunto cunha editorial sobre "a vida cristiá como vocación" contén información da economía parroquial no ano 2003, noticias diversas e horarios de actividades programadas para a Coresma-Pascua 2004. (A revista pódese atopar na sección de publicacións)

SEGUIMOS RENOVANDO O CENSO PARROQUIAL

¿Cantos somos? ¿Quen somos? A posta en marcha do programa de xestión parroquial "Gest-Bispado" no que estamos colaborando implica renovar e actualiza-lo padrón parroquial. Para elo elaboráronse fichas cos datos necesarios e máis de 3000 fregueses xa actualizaron o seu padrón. Seguimos convidando a tódolos que faltan a facelo e así saber quenes se consideran parroquia no barrio.

ENCONTRO DE PAIS

O día 12 de Febreiro, Salva, sacerdote da Diócese de Biscaia, impartiu unha brillante charla sobre "Familia e acompañamento da fe dos fillos". Organizada pola Vicaría de Pastoral e a Coordinadora de Movementos de Acción Católica, reuniu no templo parroquial a máis de 200 pais e nais que seguiron atentamente a reflexión de 20:30 a 9:45.

ENCONTROS DE FORMACIÓN

Os días 20 e 21 de Xaneiro celebráronse os encontros para membros dos diferentes grupos da Parroquia. A reflexión, dirixida por D. Manuel Rodicio Pozo, Delegado de Misións e especialista en Escritura, versou sobre a Carta ós Hebreos. Asistiron máis de 50 persoas dos diferentes grupos parroquiais.

CURSIÑO DE REVISIÓN DE VIDA

Os días 10 e 11 de Xaneiro educadores do Mvto Junior AC, militantes da HOAC de Ourense e algunha catequista de Confirmación da Parroquia de Santiago das Caldas participaron nun cursiño de Revisión de Vida nos Milagres.

Xunto coa presentación da historia, claves antropolóxicas e teolóxicas e os pasos da dinámica da Revisión de Vida realizouse un exercicio práctico e concluíuse coa celebración da Eucaristía. Todo isto vivido nun clima distendido, festivo e de oración-reflexión e acción.

www.santiagocaldas.org © 2017 Parroquia de Santiago
Avda. de las Caldas, 28. 32001 Ourense
info@santiagocaldas.org (+34) 988 211 954