Inicio Horarios Contactar

Presentación
Onde estamos
Historia
A parroquia
Santiago
Don Xesús
O autor e a súa obra
Crónicas
Os párrocos
Programación 2017-2018
Horarios
Organización
Publicacións
Ligazóns
Noticias

AxendaAmosar axenda completa

En castellano

SANTIAGO APÓSTOLO: "GUIEIRO ESCOLLIDO"

No mes de "Santiago" celébrase na Comunidade Parroquial de Santiago das Caldas, a novena na súa honra. Unha novena que, tendo en conta aquelo de que "só se ama o que se coñece", trata de aproximarse, a través da oración e a reflexión, ó que foi un dos "amigos do Señor".

A novena comeza dicindo ¿quen era Santiago?. Santiago era fillo de Salomé e Zebedeo, irmán de Xoán, de oficio pescador no lago de Galilea. Un día, Xesús pasou por alí e xunto con Simón e Andrés, e o seu irmán Xoán, chamounos para que marchasen con El. Santiago e Xoán, "deixaron ó seu pai na barca cos xornaleiros" e seguírono.

Despois de "deixalo todo e seguilo", pasou a formar parte dos "doce escollidos" por Xesús. Santiago comezou a ser coñecido co sobrenome de "Santiago o Maior", para distinguilo do outro Santiago, chamado "O Menor".

Santiago, cos demais apóstolos, aprenderá moito de Xesús facéndose un verdadeiro amigo del. Ó seu carón, cambiará a súa persoa; a súa forma de ve-la vida, chegando a descubrir que "como Xesús non hai ninguén"; que xunto a El a vida ten un sentido pleno. Despois do "fracaso da cruz" e ó "velo vivo", cheos do Espírito Santo, Santiago xunto cos demais, converteranse en "verdadeiras testemuñas da resurrección" dando a coñecer a este Xesús, que lles falara dun Deus Pai, que se manifestaba nos febles; que quere amor e entrega total; que ofrece a Salvación máis alá das leis e controis relixiosos; un Deus que pide fidelidade... ata o final.

Será Herodes Agripa I, uns dez anos despois da morte de Xesús, quen fixo "decapitar a Santiago", o irmán de Xoán, converténdoo no primeiro apóstolo en da-la súa vida por Xesús.

Nos últimos días da novena, fálase tamén das "Tradicións de Santiago", das que hai que dicir que non existe ningunha confirmación histórica e o único que se pode afirmar con seguridade, dende a certeza histórica, é que se trata de "venerables tradicións" acompañadas de todo tipo de lendas, das que témo-las primeiras noticias cara o século VII.

Entre as tradicións, destacan a súa chegada a España; o traslado dos seus restos dende Xerusalén ata Galicia, unha tradición que enlazará cuns feitos que si teñen xa fundamento histórico:

  • O "Campus Stellae",
  • a batalla de Clavijo e, sobre todo,
  • Santiago de Compostela como lugar de "veneracións e peregrinacións", primeiro das poboacións máis próximas e progresivamente de Europa enteira.

Remata a novena lembrando a Santiago como "o noso Patrón" e pedíndolle que pola súa intercesión, nos siga mantendo fieis a Xesús, e que esa fe que El nos trouxo, vaia cada vez máis en aumento.

Neste primeiro ano Xacobeo do novo Milenio, como nos di o seu Himno, "defende ós teus discípulos queridos, protexe á túa nación".

HIMNO Ó APÓSTOLO “SANTIAGO”

Santo adalid, patrón de las Españas, amigo del Señor,
defiende a tus discípulos queridos, protege a tu nación.
Las armas victoriosas del cristiano, venimos a templar,
en el sagrado y encendido fuego, de tu devoto altar.

Firme y segura, como aquella columna
que te entregó la Madre de Jesús,
será en España, la santa fe cristiana
bien celestial que nos legaste tú.

GLORIA A SANTIAGO PATRÓN INSIGNE,
GRATOS TUS HIJOS HOY TE BENDICEN.
A TUS PLANTAS POSTRADOS TE OFRECEMOS
LA PRENDA MÁS CORDIAL DE NUESTRO AMOR.
DEFIENDE A TUS DISCÍPULOS QUERIDOS,
PROTEGE A TU NACIÓN.

www.santiagocaldas.org © 2017 Parroquia de Santiago
Avda. de las Caldas, 28. 32001 Ourense
info@santiagocaldas.org (+34) 988 211 954