Inicio Horarios Contactar

Presentación
Onde estamos
Historia
A parroquia
Santiago
Don Xesús
O autor e a súa obra
Crónicas
Os párrocos
Programación 2017-2018
Horarios
Organización
Publicacións
Ligazóns
Noticias

AxendaAmosar axenda completa

En castellano

OS PÁRROCOS MÁIS RECENTES

Don GermánEn 1919 toma posesión como Párroco de Santiago das Caldas D. Xermán Fernández Román, sucedendo a D. Cornelio, despois de rexentar a fregresía de San Miguel de Canedo. Viviu xunto ó actual cemiterio das Caldas onde estaba a Casa Reitoral e o templo. Xubilouse en 1949 e Monseñor Blanco Nájera nomeouno beneficiario da catedral.

D. Xesús Pousa Rodríguez foi coadxutor de D. Xermán dende o seu regreso de Comillas ata 1945. Logo pasou a formador do Seminario e en 1949 é nomeado Párroco do Ponte ata a súa xubilación no ano 1990.

Tras a xubilación de D. Xesús en 1990 son nomeados párrocos insolidum D. Francisco Manuel Enríquez Pérez (1990-1996), moderador da cura Pastoral, D. Xosé Xulio Rodríguez Fernández (1990-1996), D. Camilo Salgado Vázquez (1990-1992) e D. Francisco Pernas de Dios (1990-1994). No tempo que mediou entre a xubilación de D. Xesús e o nomeamento do equipo de párrocos fíxose cargo da parroquia D. Camilo Salgado Vázquez.

No ano 1996 son nomeados párrocos insolidum D. Francisco Pernas de Deus, moderador da cura pastoral, e D. Luis Pérez González.

O ACTUAL EQUIPO DE PÁRROCOS

D. FRANCISCO PERNAS DE DIOS

DATOS PERSOAIS

  • Naceu en Xunqueira de Espadañedo (Ourense) o 3 de Novembro de 1958.
  • Ordenado sacerdote na S.I Catedral de Ourense por Monseñor Ángel Temiño o 2 de Outubro de 1983.

DATOS ACADÉMICOS

  • Bachillerato no Seminario Menor diocesano da Inmaculada de Ourense.
  • Cursos de filosofía e teoloxía no Seminario Maior do Divino Mestre.
  • Licenciado en Estudos eclesiásticos pola Universidad Pontificia de Salamanca (sé de Madrid) en 1994.
  • Licenciado en Teoloxía práctica por Universidad Pontificia de Salamanca (sé de Madrid) en 1986.
  • Curso de actualización como oínte na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma no curso 2005-2006.

DATOS PASTORAIS

  • Soldado capelán da Comandancia da Garda Civil en Sta Mariña (Ourense) do 1 de novembro de 1983 a maio de 1984 e capelán do Hospital militar da Coruña de maio de 1984 a Abril de 1985.
  • Vicario Parroquial de Santiago das Caldas de Abril de 1985 a 1990.
  • Consiliario diocesano do Movemento Junior de 1986 a 1994.
  • Consiliario de Zona de Galicia e membro do equipo nacional de Consiliarios de 1987 a 1992.
  • Copárroco de Santiago das Caldas de 1990 a 1994.
  • Profesor de relixión do Instituto de FP 12 de Outubro do 1990 a 1992.
  • Copárroco moderador de Santiago das Caldas dende 1996.
  • Profesor de DSI do Instituto de teoloxía a Distancia San Martín.
  • Membro do Consello Presbiteral dende 2008 ata 2012.
  • Colaborador do equipo da Vigairía de Pastoral dende 2008 ata 2015.
  • Vigairo de Pastoral dende o 17 de Setembro de 2015.

D. LUIS PÉREZ GONZÁLEZ

DATOS PERSOAIS

  • Naceu en Ourense o 13 de Febreiro de 1957.
  • Ordenado sacerdote en Valencia polo Papa Xoán Paulo II o día 8 de Novembro de 1982.

DATOS ACADÉMICOS

  • Bachillerato no Seminario Menor diocesano da Inmaculada de Ourense.
  • Cursos de filosofía e teoloxía no Seminario Maior do Divino Mestre.

DATOS PASTORAIS

  • Servizo militar como soldado capelán en Granada e Ronda 1983-1984.
  • Vicario Parroquial de Nª Sª de Fátima en 1984.
  • Formador do Seminario Menor da Inmaculada de 1985 a 1995.
  • Profesor de Relixión, Historia, Galego e Debuxo lineal no Seminario menor da Inmaculada.
  • Copárroco de Santiago das Caldas dende 1995.
  • Consiliario da JOC de 1997 a 2002.
  • Arcipreste do Arciprestado Ourense-Norte dende 1998 ata 2013 e Vicearcipreste dende 2013.
www.santiagocaldas.org © 2017 Parroquia de Santiago
Avda. de las Caldas, 28. 32001 Ourense
info@santiagocaldas.org (+34) 988 211 954